viernes, 18 de diciembre de 2015

FESTA DE NADAL 2015

Ola Familias.
Hoxe cando chegamos ó cole tiñamos preparada unha gran mesa para almorzar con Papá Noel.

Almorzamos un rico chocolate con churros e magdalenas. Ó final todos falamos con Papá Noel, que nos deu os agasallos. Fíxonos moooita ilusión, incluso ós maiores!
No Festival de Inverno desfrutamos arreo das actuacións que tiñan preparados os nenos (bailes, cancións, os países pola paz, christmas song, chistes...)


Tamén sorteamos as cestas. Noraboa a Tito, Sadis e Cheli, que foron os afortunados. Desexamos que as desfruten.













Grazas a todos por acompañarnos neste día, ós nosos colaboradores, a Rocío e Vanesa polas magdalenas, a Ricardo, por traernos os churros, a Pili por facernos de fotógrafa, a todos os que nos prestaron os termos para que o chocolate estivera quentiño...e a todos, os que dun xeito ou outro, foron partícipes.

FESTIVAL INFANTIL DE REIS. O POTE

Dende O Pote achégannos esta invitación:
Graciñas.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

FESTA DE NADAL. FESTIVAL DE INVERNO

Ola familias. 
Hoxe levaron os pequenos unha nota informando que este ano temos redución de xornada para o venres 18 de decembro, día que marchan de vacacións e facemos o Festival de Inverno.
Debido a esto, decidimos argallar un almorzo con Papá Noel, así que os nenos poderán almorzar no cole, non fai falla que almorcen na casa. Deseguido repartirá os agasallos e os caramelos.
A partir das 11:00 dará comenzo o Festival. Animádevos a vir! ós nenos encántalles que as familias veñan a velos. Ó remate sortearemos as 3 cestas que temos, así que na entrada poderedes mercar os números para o sorteo, é premio seguro!

Hola familias.
Hoy llevaron los niños una nota informando que este año tenemos reducción de jornada para el viernes 18 de diciembre, día que marchan de vacaciones y hacemos el Festival de Invierno.
Debido a esto, decidimos organizar un desayuno con Papá Noel, así que los niños podrán desayunar en el cole, no hace falta que desayunen en casa. A continuación repartirá los regalos y caramelos.
A partir de las 11:00 dará comienzo el Festival. Animaros a venir! a los niños les encanta que las familias vayan a verlos. Al final sortearemos las 3 cestas que tenemos, así que en la entrada podréis comprar los números para el sorteo, es premio seguro!


martes, 15 de diciembre de 2015

CESTAS DE NADAL

Primeiro de todo, agradecer ós nosos colaboradores, pois sin eles a nosa actividade non sería a mesma. Grazas a Eroski, Gadis, Parque Ferrol e Froiz, que cos seus donativos logramos xuntar estas estupendas cestas de Nadal.

E onte coñecimos ó agraciado de unha delas. Agradecemos a súa colaboración, e esperamos que a desfrute.
As demáis cestas serán sorteadas o día do Festival de Inverno entre as familias que nos acompañen.
Animádemos a vir e voltade á casa con unha destas cestas.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

XORNADAS ATENCIÓN TEMPRÁ E ESTIMULACIÓN PRECOZ

ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) invítavos a unhas Xornadas adicadas "Á importancia da atención temprá e a estimulación precoz"

jueves, 3 de diciembre de 2015

PAXES PARA A CABALGATA DE REIS

Ola familias. 
O concello púxose en contacto có cole para informar que hai un procedemento aberto para a inscrición e adxudicación das prazas de "paxes reais", que acompañarán ás SSMM os Reis Magos na Cabalgata que o Concello de Fene vai organizar o vindeiro día 5 de xaneiro de 2016.
Está dirixido a todos os nenos de entre 6 a 12 anos de idade.

Normativa para poder participar como paxes reais:

a) Poderán participar un máximo de 50 nenos/as maiores de 6 anos e menores de 12 anos.
b) Os/as nenos que desexen participar como paxes terán que entregar debidamente cuberto o fomulario que se achega no Rexistro Xeral do Concello, entro o 9 e o 16 de decembro.
c) A selección dos 50 nenos/as que participarán como paxes será por sorteo público, que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello o venres, 18 de decembro, ás 11:00h.
d) Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais, pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores.
e) A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.

Formularios para entregar no Rexistro Xeral do Concello no período indicado na norma b):
Formulario inscrición paxes .docx
Formulario inscrición paxes .pdf


martes, 10 de noviembre de 2015

2ª CONVOCATORIA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Mediante a Orde do 25 de agosto de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 1 de setembro, convocáronse as axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Abre o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis

Publicadas no BOP do 6 de novembro as bases que regulan a convocatoria do programa municipal de axudas ás familias para a festividade de Reis.
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ao programa aquí establecidos, para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os/as seus fillos e fillas que, estando en convivencia cos/as solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos) ou ben sexan maiores desa idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía.
Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2016.
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello,no prazo de 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Na propia web do concello tedes a ligazón e o anuncio das bases. 


Publicadas en el BOP del 6 de noviembre las bases que regulan la convocatoria del programa municipal de ayudas a las familias para la festividad de Reyes.
El objeto de esta convocatoria es regular la concesión de subvenciones de pago único anual a las familias con menor nivel de recursos económicos y que cumplan los requisitos de acceso al programa aquí establecidos, para la adquisición de los regalos para la Festividad de Reyes para sus hijos e hijas que, estando en convivencia con los solicitantes, sean menores de 15 años (con 14 años cumplidos) o bien sean mayores de esa edad y hasta los 18 años siempre que tengan el reconocimiento oficial de minusvalía.
Con las subvenciones se cubrirán los gastos derivados de la adquisición de regalos para la festividad de Reyes, a saber: juguetes, juegos, libros, material didáctico y otros obsequios que correspondan con la edad del menor al que va dirijida la ayuda, siempre que estes sean adquiridos en el período comprendido entre el día de apertura de la presente convocatoria y el día 6 de enero de 2016.
Las solicitudes deberán presentarse en el Registro Xeral de entrada del Concello, en el plazo de 10 días naturales, contados a partir del día siguiente al de la publicación del anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia.
En la propia web del concello tenéis el enlace y el anuncio de las bases. 

jueves, 29 de octubre de 2015

FESTA MAGOSTO SAMAÍN 2015

Ola!
Hoxe celebramos no noso cole o Magosto e o Samaín.
Tivemos un día cheo de actividades. Fixemos un obradoiro de cucuruchos
para levar as castañas quentiñas, e quedáronnos así de chulísssimosss
Despois fixemos o conxuro na aula do medo, na que todos probamos a riquísima pócima elaborada.
E como o Samaín é unha celebración chea de maxia, non podía faltar....un mago, o Mago Benxamín, que nos fixo pasar unha xornada divertida e alucinante.

Cando rematou a función sorteamos as cestas, nas que colaborou a Imprenta San Esteban de Fene. Noraboa a Lara e Iván, que foron os gañadores.

E despois de tanta troula había fame e a merendar!!!

Grazas a Rocío e Vanesa, por facernos estos cupcakes tan "samaiñeiros" de cabaciñas, a Pili e a Lorena, por sacarnos estas fotos tan chulas, á Panadería El Cruce de Maniños por asarnos as castañas, ó Concello de Fene e como sempre ás familias que se achegaron ó cole para acompañarnos e desfrutar con nós neste día.


viernes, 23 de octubre de 2015

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola Familias, a próxima semana serán as "Xornadas de portas abertas" das actividades extraescolares. Todos os nenos, sexan socios ou non da Anpa, poden ir a calquera das actividades, ou a todas, aínda que non estén matriculados en ningunha.
Estas xornadas son totalmente gratuítas para todos e non é necesario que avisen da súa asistencia.
Recordamos os días e as actividades:

LUNS: Baile, en horario de 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaxe, en horario de 16:30 a 17:30h.
MÉRCORES: Cociña, en horario de 16:30 a 17:30h.

Animávedos a vir!!!

Hola Familias, la próxima semana serán las "Jornadas de puertas abiertas" de las actividades extraescolares.
Todos los niños, sean socios o no de Anpa, pueden ir a cualquier actividad, o a todas, aunque no estén matriculados en ninguna.
Estas jornadas son totalmente gratuítas para todos y no es necesario que avisen de su asistencia.
Recordamos los días y las actividades:

LUNES: Baile, en horario de 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaxe, en horjrio de 16:30 a 17:30h.
MIÉRCORES: Cocina, en horario de 16:30 a 17:30h.

Animaros a venir!!!

viernes, 16 de octubre de 2015

CARREIRA SOLIDARIA "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol"

A organización de esta carreira púxose en contacto có noso cole para invitarnos a participar na 3ª edición da carreira solidaria  "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol", que se celebrará o 1 de Novembro en Ferrol (Saída Cantón de Molíns).
Haberá carreiras de nenos, dende prebenxamíns ata infantís (a partires das 10:00h)
O precio da inscrición é de 1€, a modo simbólico. Poden facerse de maneira presencial ou online:
Fin das inscricións online: ata o Xoves, 29 de Outubro (23:59h)

Inscricións presenciais:
Horarios: Luns a Xoves de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 / Vernes: De 11:00 a 13:00.
Dirección: R/ Real 6, 1º D, Ferrol.
Fin das inscricións presenciais:Xoves, 29 de Outubro (ás 19:00h).
Este ano haberá un premio ó grupo máis grande, así que si os nenos se inscriben ó nome do cole  podemos optar ó premio.
Tamén animan a participar a profes, persoal do cole, familias na carreira de 5 Km que se pode facer correndo ou camiñando (Saída ás 12:00h). O prezo de inscrición desta carreira é de 7€ e se regala unha camiseta a cada participante.
Todos os beneficios irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro.

jueves, 15 de octubre de 2015

OBRADOIRO ROBÓTICA EDUCATIVA

Ola familias!
Para este primeiro trimestre estamos preparando un obradoiro de Robótica Educativa. Consiste básicamente na montaxe con Kits de Lego e posteriormente, mediante robots programados por ordenador, darlle movemento a estas figuras que crean os nenos.
O obxectivo principal é aprender a programar de maneira lúdica, desenrolando a capacidade creativa e o traballo en equipo.
Os minuciosos montaxes de Lego fomentan a adquisición de habilidades motrices finas, e sobre todo, a paciencia e o autocontrol. Varios estudios demostran que aprender a programar desde nenos mellora a capacidade para razoar e resolver problemas lóxicos. Tamén fomenta a autoestima, xa que elaboran proxectos saídos da súa propia imaxinación.

Idade: Nenos de Primaria
Datas: Martes 3, 10, 17 e 24 de Novembro e 1 e 15 de Decembro. (6 sesións)
Hora: de 17:30 a 19:00h (1:30h/sesión)
Prezo: 15€ para os socios da Anpa.
            25€ para os non socios da Anpa.

Animádevos!!!



https://www.youtube.com/watch?v=Au5JVhSc2jc

Hola familias!
Para este primer trimestre estamos preparando un taller de Robótica Educativa. Consiste básicamente en montaje con Kits de Lego y posteriormente, mediante robots programados por ordenador, darle movimiento a estas figuras que crean los niños.
El objetivo principal es aprender a programar de manera lúdica, desarrollando la capacidad creativa y el trabajo en equipo.
Los minuciosos montajes de Lego fomentan la adquisición de habilidades motrices finas, y sobre todo, la paciencia y el autocontrol. Varios estudios demuestran que aprender a programar desde niños mejora la capacidad para razonar y resolver problemas lógicos. También fomenta la autoestima, ya que elaboran proyectos salidos de su propia imaginación.
Animaros!!!

domingo, 11 de octubre de 2015

CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS Inicio do curso escolar

A Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) envíanos o enlace para informarnos do que están a traballar as Anpas Galegas.


La Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) nos envía el enlace para informarnos en lo que están a trabajar las Anpas Gallegas.

viernes, 2 de octubre de 2015

ESPAZOS COMPARTIDOS

Ola familias!
Como todos os anos, o Concello de Fene ofértanos a actividade de Espazos Compartidos para os nenos de primaria. No noso cole tócanos luns e mércores.



miércoles, 30 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016 DEFINITIVAS

Ola familias!
Recordade que o próximo luns día 5 de Outubro comenzan as actividades extraescolares.
As actividades nas que se conseguiu formar grupo para levalas a cabo son as seguintes:
LUNS: Baile, en horario de 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaxe, en horario de 16:30 a 17:30h. Os nenos deberán traer patíns, casco e proteccións.
MÉRCORES: Cociña, en horario de 16:30 a 17:30h. Os nenos deberán traer un delantal ou mandilón e un taper.

A actividade de Skate no se fará por non haber suficientes nenos apuntados.

Entre as actividades que propuxeron as familias, a máis solicitada é INFORMÁTICA, polo que ímos intentar formar grupo para levala a cabo. De conseguirse, sería os martes, de 16:30 a 17:30h. 
Polo cal ábrese o plazo ata o venres día 2 para todos os que estén interesados cubran a folla que levaron hoxe os nenos na axenda e a manden de volta á escola.


Hola familias!
Recordad que el próximo lunes día 5 de Octubre comienzan las actividades extraescolares. 
Las actividades en las que se consiguió formar grupo para llevarlas a cabo son las siguientes:
LUNES: Baile, en horario 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaje, en horario de 16:30 a 17:30h. Los niños deberán traer patines, casco y protecciones.
MIÉRCOLES: Cocinaen horario de 16:30 a 17:30h. Los niños deberán traer un delantal o mandilón y un taper.

La actividad de Skate no se hará por no haber suficientes niños apuntados.

Entre las actividades que propusieron las familias, la más solicitada es INFORMÁTICA, por lo que vamos a intentar formar grupo para llevarla a cabo. De conseguirse, sería los martes, de 16:30 a 17:30h.
Por lo cual, se abre el plazo hasta el viernes día 2 para todos los que estén interesados, cubran la hora que llevaron hoy los niños en la agenda y la manden de vuelta al cole.

miércoles, 23 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015-2016

O vindeiro mes de Outubro comenzarán as actividades extraescolares deste curso.
Detallamos as actividades que se van desenrolar, o día previsto e o prezo das mesmas.

LUNS:  BAILE (baile moderno, zumba, hip-hop, ritmos latinos...), en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Infantil e Primaria)

             SKATE, en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Primaria)

MARTES: PATINAXE, en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Infantil e Primaria)

MÉRCORES: COCIÑA, en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Infantil e Primaria)

A realización das actividades dependerá do número de nen@s apuntados.

O prezo das actividades para os socios é de 10€/mes, agás cociña que é de 12€/mes (10€ da cuota e 2€ para material).
As persoas que queiran deixar a actividade deberán avisalo antes de fin de mes.
Todos aqueles que estén interesados en algunha actividade en concreto das non ofertadas, cubride na folla de inscripción que se enviou ás familias polos nenos. Por favor, devolvede esta folla de inscripción antes do venres 25 de Setembro.


NOTA: Na circular informativa que se enviou ás familias, a actividade de COCIÑA só estaba ofertada para Ed. Primaria, pero consultamos cós monitores e ábrese a oferta tamén a Ed. Infantil. Mañá enviamos unha nova nota para informar do cambio.


El próximo mes de Octubre comenzarán las actividades extraescolares de este curso.

Detallamos las actividades que se van a desarrollar, el día previsto y el precio de las mismas.

LUNES: BAILE (baile moderno, zumba, hip-hop, ritmos latinos...), en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Infantil y Primaria)

               SKATE, en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Primaria)

MARTES: PATINAJE, en horario de 16:30 a 17:30h (para Ed. Infantil y Primaria)

MIÉRCOLES: COCINA, en horario de 16:30h a 17:30h (para Ed. Infantil y Primaria)

La realización de las actividades dependerá del número de nin@s que se apunten.

El precio de las actividades para los socios es de 10€/mes, excepto cocina que es de 12€/mes (10€ cuota y 2€ para material).
Las personas que quieran dejar la actividad deberán avisar antes de fin de mes.
Todos aquellos que estén interesados en alguna actividad en concreto de las no ofertadas, cubrid en la hoja de inscripción que se envió a las familias por los niños. Por favor, devolved esta hoja de inscripción antes del viernes 25 de Septiembre.


NOTA: En la circular informativa que se envió a las familias, la actividad de COCINA sólo estaba ofertada para Ed. Primaria, pero consultamos con los monitores y se abre la oferta también a Ed. Infantil. Mañana enviamos una nueva nota para informar del cambio.






lunes, 21 de septiembre de 2015

CAMPAÑA REPARTO MATERIAL ESCOLAR

Achégannos ó cole esta campaña de reparto de material escolar que pode resultar de interese para aqueles nenos ou nenas, que estén en idade escolar e que por dificultades económicas non podan adquirir o material escolar para este curso académico 2015-2016.
Dende o  1 de Agosto ata o 1 de outubro todas as persoas que estén interesadas deberán facer chegar, ben persoalmente ou a través do e-mail a seguinte documentación:

-          Informe dos Servizos Sociais ou certificado do INEM, se recibe prestación ou subsidio.
-          Fotocopia do Libro de Familia
-          Listado do material escolar que precisa.

Lugar de entrega da documentación:

 Residencia Mi Casa Ferrol. 
Tlfno: 981.353.999


No mes de outubro procederán a elaborar os lotes de material que precisa cada beneficiario (sempre o fan adaptado á súa idade, sexo e o listado de material que lles solicitan no Colexio ou Instituto).

O ano pasado repartiron material para 306 nenos na zona de Ferrol e arredores e tamén en Mondoñedo. 
Dado o éxito e a gratificación que supón facer este esforzo, queren que este ano, os nenos e nenas do noso entorno podan comezar o curso co material que precisan.



jueves, 17 de septiembre de 2015

CURSO ESCOLAR 2015-2016

Estimadas familias, comenzó el nuevo curso escolar y con él iniciamos, desde esta asociación, nuestro trabajo. Con lo cual, lo primero que tenemos que hacer es registrar como socios/as a todos aquellos que queráis pertenecer a esta entidad, siendo esta inscripción totalmente voluntaria.
Para los que no conozcáis las funciones del ANPA, queremos resaltar, entre otras, las ventajas que supone pertenecer a nuestra asociación:
·     El ANPA se encarga de organizar, concretar y coordinar las actividades extraescolares, por lo que las personas asociadas decidirán sobre las mismas. Los socios cuentan con un descuento en el precio de las actividades.
·     Los socios se benefician de descuentos en las excursiones que organice el colegio.
·   El ANPA organiza actividades lúdicas que todos disfrutan: fiestas Magosto, Navidad, Carnaval, fin de curso, etc
·      El ANPA aporta, en la medida de las posibilidades, fondos para compra de material que pueda ayudar en la educación de nuestros hijos, como puede ser material deportivo u otros que se puedan valorar según las necesidades del colegio.
En definitiva, que estar unidos en una asociación de padres/madres es el mejor instrumento de colaboración educativa. Y para que todo esto pueda mantenerse, os pedimos que no dudéis en inscribiros en nuestra asociación.
Es muy sencillo, tan sólo tenéis que cumplimentar el impreso de solicitud que se envía por los niños y entregarlo junto al justificante del ingreso bancario de la cuota anual que este curso son 20€ para las familias que tengan un sólo hijo matriculado y 25€ para las que tengan dos o más (una única cuota).
Tenéis de plazo hasta el 16 de Octubre del 2015.
Igual que otros años, se puede pagar en dos veces o retrasar el pago, sólo tenéis que avisarnos y no habrá ningún problema.
Nuestra cuenta bancaria sigue abierta en la oficina de ABANCA en Maniños, siendo los datos bancarios los siguientes:

                    IBAN ES28 2080 0219 20 3000066105
                                                                         
Por favor, haced el ingreso con el nombre del niño/a, esto nos facilita mucho el trabajo.
Ante cualquier duda o problema podéis poneros en contacto con nosotros.
Las personas que tengan que pagar comisión al hacer la transferencia pueden dejar el dinero en un sobre cerrado, con la ficha en el buzón del ANPA que está en el cole. Nosotros haremos el ingreso.


NOTA: Mañana viernes 18 de Septiembre, en el horario del recreo (11:20 a 11:50) estaremos en el cole con los chándals por si alguien quedó sin probarlos y quiere hacerlo.



viernes, 11 de septiembre de 2015

REUNIÓN INFORMATIVA PRINCIPIO DE CURSO

O próximo martes, día 15 de Setembro ás 16:30h teremos a reunión informativa de principio de curso. Primeiro có equipo directivo do cole e de seguido a da Anpa. Nela trataremos, entre outras cousas, as actividades extraescolares e teremos todas as tallas dos chándals para que podades probar e facer a encarga.
Vémonos!

El próximo martes, día 15 de Septiembre a las 16:30h tendremos la reunión informativa de principio de curso. Primero con el equipo educativo del cole y a continuación la del Anpa. En ella trataremos, entre otras cosas, las actividades extraescolares y tendremos todas las tallas de los chándals para que podáis probar y hacer el encargo.
Nos vemos!


martes, 1 de septiembre de 2015

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html

Prazo de presentación: do 2 de Setembro ó 2 de Outubro.
Lugar de presentación: no cole.

ORDEN del 25 de agosto de 2015 por la que se convocan ayudas para la adquisición de material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria o educación especial en centros sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2015/2016.

Plazo de presentación: del 2 de Septiembre al 2 de Octubre.
Lugar de presentación: en el cole.

viernes, 28 de agosto de 2015

Preparad@s, list@s...XA!

Dende o concello, envíannos a información do programa "Preparad@s, list@s...XA!", un obradoiro educativo gratuíto que ten como finalidade preparar ós nenos para o volta ó cole mediante xogos e actividades.
Aínda quedan prazas libres.
Datas: do 1 ó 9 de Setembro.
Idades: de 6 a 12 anos.
Desde el ayuntamiento nos envían la información del programa "Preparad@s, list@s...XA!", un taller gratuíto que tiene como finalidad preparar a los niños para la vuelta al cole mediente juegos y actividades.
Aún quedan plazas libres.
Fechas: desde el 1 al 9 de Septiembre.
Edades: de 6 a 12 años.


miércoles, 8 de julio de 2015

ALTAKIDS VERANO

Altafit Gym Club Odeón enviou ó cole unha  presentación para os pais interesados nas actividades de Xullo e Agosto, con cuota de matrícula gratis para nenos con pais socios e matrícula mini para fillos non socios.

AltaFit Gym Odeón envió al cole una presentación para los padres interesados en las actividades de Julio y Agosto, con cuota de matrícula gratis para niños con padres socios y matrícula mini para hijos no socios.

jueves, 18 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2015

Agradecer a todos os nosos colaboradores, sin eles a festa de fin de curso non sería o mesmo.
Grazas a: o Concello de Fene, o Mesón d'o Cazador (Limodre), panadería J.Castro (Neda), panadería El Cruce (Maniños), Gadis, Meigas Fóra, leite Celta, cafetería Bombay (Fene), Coca-Cola, Eroski, Froiz e o Reiniño (Limodre). 
Esperamos seguir contando con vós.

Pasámolo moooooi ben. Nos inchables brincamos arreo, refrescámonos coa festa da escuma e ata tivemos tempo para que Roi nos retratase tan guapos e divertidos.

Roi, súper concentrado...

velaquí o resultado....mirade os nosos profes, je, je

lunes, 15 de junio de 2015

FESTA E AGASALLOS FIN DE CURSO

Este xoves, 18 de xuño durante toda a mañá desfrutaremos da festa de fin de curso organizada pola ANPA.
Teremos inchables, festa da escuma, para o cal recordade traer traxe de baño, calzado que poidan mollar, gafas para os máis atrevidos...e protección solar, que parece que vai ir sol.
Nos acompañará un caricaturista, que durante toda a xornada irá retratando ós nenos (só os socios da ANPA).
O venres, irán ó cole só a polas notas (10-12 h). Ese día a ANPA entregará ós nenos os agasallos que nos brindan os colaboradores e a caricatura de cada un como recordo.
Esperamos pasalo moi ben. Familias, animádevos a vir!!!

domingo, 14 de junio de 2015

CONVOCATORIA ASAMBLEA MÉRCORES 17 DE XUÑO 2015

Convócanse a todos os socio/as da ANPA á asamblea xeral que terá lugar no salón de actos do colexio Os Casais no día e hora que deseguido se indica, có obxeto de tratar os asuntos relacionados na orde do día:

Día da asamblea:      Mércores, 17 de Xuño de 2015

Hora:   17:45 h en primeira convocatoria
             18:00 h en segunda convocatoria

Orde do día:       Estado de contas.
                             Presentación nova directiva.
                             Información xeral do curso.

                 Rogos e preguntas

Recordamos a todas as familias que teñan libros do “Banco de Libros”, que deben deixalos no colexio ó longo desta semana.

jueves, 11 de junio de 2015

Mobilización Luns 15 Xuño. Gratuidade libros de texto

Ola,
publicamos o cartaz para a mobilización programada para o próximo luns, día 15 de xuño ás 20:00 h, fronte ó edificio da Xunta en Ferrol, en prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar.
Animádevos a participar!


miércoles, 10 de junio de 2015

Xa temos blog

Ola a todos!
Queremos presentarvos o blog da anpa do noso cole, a través do cal podedes consultar todas as novas, notas para as familias, actividades que realiza a anpa, colaboracións, festas, contacto, etc.
Unha nova forma de estar comunicados e ter a man toda a información que poida interesar ás familias.
Esperamos que vos guste, que participedes e como non, estamos abertos a toda suxerencia que poida melloralo.
Graciñas de antemán.