jueves, 29 de octubre de 2015

FESTA MAGOSTO SAMAÍN 2015

Ola!
Hoxe celebramos no noso cole o Magosto e o Samaín.
Tivemos un día cheo de actividades. Fixemos un obradoiro de cucuruchos
para levar as castañas quentiñas, e quedáronnos así de chulísssimosss
Despois fixemos o conxuro na aula do medo, na que todos probamos a riquísima pócima elaborada.
E como o Samaín é unha celebración chea de maxia, non podía faltar....un mago, o Mago Benxamín, que nos fixo pasar unha xornada divertida e alucinante.

Cando rematou a función sorteamos as cestas, nas que colaborou a Imprenta San Esteban de Fene. Noraboa a Lara e Iván, que foron os gañadores.

E despois de tanta troula había fame e a merendar!!!

Grazas a Rocío e Vanesa, por facernos estos cupcakes tan "samaiñeiros" de cabaciñas, a Pili e a Lorena, por sacarnos estas fotos tan chulas, á Panadería El Cruce de Maniños por asarnos as castañas, ó Concello de Fene e como sempre ás familias que se achegaron ó cole para acompañarnos e desfrutar con nós neste día.


viernes, 23 de octubre de 2015

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola Familias, a próxima semana serán as "Xornadas de portas abertas" das actividades extraescolares. Todos os nenos, sexan socios ou non da Anpa, poden ir a calquera das actividades, ou a todas, aínda que non estén matriculados en ningunha.
Estas xornadas son totalmente gratuítas para todos e non é necesario que avisen da súa asistencia.
Recordamos os días e as actividades:

LUNS: Baile, en horario de 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaxe, en horario de 16:30 a 17:30h.
MÉRCORES: Cociña, en horario de 16:30 a 17:30h.

Animávedos a vir!!!

Hola Familias, la próxima semana serán las "Jornadas de puertas abiertas" de las actividades extraescolares.
Todos los niños, sean socios o no de Anpa, pueden ir a cualquier actividad, o a todas, aunque no estén matriculados en ninguna.
Estas jornadas son totalmente gratuítas para todos y no es necesario que avisen de su asistencia.
Recordamos los días y las actividades:

LUNES: Baile, en horario de 16:30 a 17:30h.
MARTES: Patinaxe, en horjrio de 16:30 a 17:30h.
MIÉRCORES: Cocina, en horario de 16:30 a 17:30h.

Animaros a venir!!!

viernes, 16 de octubre de 2015

CARREIRA SOLIDARIA "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol"

A organización de esta carreira púxose en contacto có noso cole para invitarnos a participar na 3ª edición da carreira solidaria  "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol", que se celebrará o 1 de Novembro en Ferrol (Saída Cantón de Molíns).
Haberá carreiras de nenos, dende prebenxamíns ata infantís (a partires das 10:00h)
O precio da inscrición é de 1€, a modo simbólico. Poden facerse de maneira presencial ou online:
Fin das inscricións online: ata o Xoves, 29 de Outubro (23:59h)

Inscricións presenciais:
Horarios: Luns a Xoves de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 / Vernes: De 11:00 a 13:00.
Dirección: R/ Real 6, 1º D, Ferrol.
Fin das inscricións presenciais:Xoves, 29 de Outubro (ás 19:00h).
Este ano haberá un premio ó grupo máis grande, así que si os nenos se inscriben ó nome do cole  podemos optar ó premio.
Tamén animan a participar a profes, persoal do cole, familias na carreira de 5 Km que se pode facer correndo ou camiñando (Saída ás 12:00h). O prezo de inscrición desta carreira é de 7€ e se regala unha camiseta a cada participante.
Todos os beneficios irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro.

jueves, 15 de octubre de 2015

OBRADOIRO ROBÓTICA EDUCATIVA

Ola familias!
Para este primeiro trimestre estamos preparando un obradoiro de Robótica Educativa. Consiste básicamente na montaxe con Kits de Lego e posteriormente, mediante robots programados por ordenador, darlle movemento a estas figuras que crean os nenos.
O obxectivo principal é aprender a programar de maneira lúdica, desenrolando a capacidade creativa e o traballo en equipo.
Os minuciosos montaxes de Lego fomentan a adquisición de habilidades motrices finas, e sobre todo, a paciencia e o autocontrol. Varios estudios demostran que aprender a programar desde nenos mellora a capacidade para razoar e resolver problemas lóxicos. Tamén fomenta a autoestima, xa que elaboran proxectos saídos da súa propia imaxinación.

Idade: Nenos de Primaria
Datas: Martes 3, 10, 17 e 24 de Novembro e 1 e 15 de Decembro. (6 sesións)
Hora: de 17:30 a 19:00h (1:30h/sesión)
Prezo: 15€ para os socios da Anpa.
            25€ para os non socios da Anpa.

Animádevos!!!



https://www.youtube.com/watch?v=Au5JVhSc2jc

Hola familias!
Para este primer trimestre estamos preparando un taller de Robótica Educativa. Consiste básicamente en montaje con Kits de Lego y posteriormente, mediante robots programados por ordenador, darle movimiento a estas figuras que crean los niños.
El objetivo principal es aprender a programar de manera lúdica, desarrollando la capacidad creativa y el trabajo en equipo.
Los minuciosos montajes de Lego fomentan la adquisición de habilidades motrices finas, y sobre todo, la paciencia y el autocontrol. Varios estudios demuestran que aprender a programar desde niños mejora la capacidad para razonar y resolver problemas lógicos. También fomenta la autoestima, ya que elaboran proyectos salidos de su propia imaginación.
Animaros!!!

domingo, 11 de octubre de 2015

CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS Inicio do curso escolar

A Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) envíanos o enlace para informarnos do que están a traballar as Anpas Galegas.


La Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) nos envía el enlace para informarnos en lo que están a trabajar las Anpas Gallegas.

viernes, 2 de octubre de 2015

ESPAZOS COMPARTIDOS

Ola familias!
Como todos os anos, o Concello de Fene ofértanos a actividade de Espazos Compartidos para os nenos de primaria. No noso cole tócanos luns e mércores.