jueves, 29 de septiembre de 2016

MENÚ OUTUBRO COMEDOR OS CASAIS

Ola familias,
aquí tedes o menú correspondente ó mes de Outubro. 
Pinchade no seguinte enlace: Menú comedor mes de Outubro 2016

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Ola familias,
amplíase o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o próximo 6 de Outubro, incluído.
Aquí tedes o enlace á páxina do ministerio:
Ministerio educación/axudas necesidades específicas


miércoles, 28 de septiembre de 2016

COMENZO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola familias,
o luns 3 de outubro comenzan as actividades extraescolares. 
Conseguiuse formar grupo nas 5 actividades propostas para este curso.
As actividades e os horarios son os seguintes:

  • LUNS: Baile e Inglés, as dúas actividades en horario de 16:00 a 17:00h.
  • MARTES: Patinaxe, en horario de 16:00 a 17:00h. Os nenos deberán traer patíns, casco e proteccións.
  • MÉRCORES: Teatro, en horario de 16:00 a 17:00h.
  • XOVES: Debuxo, en horario de 16:00 a 17:00h.
Próximamente informaremos dos obradoiros para este trimestre.

Grazas pola vosa participación, xa sabedes que estamos á vosa disposición.


                 

INAUGURACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Ola familias,
hoxe quedou oficialmente inaugurado o comedor escolar.
Por parte do concello o alcalde Juventino Trigo e Sandra Permuy acompañáronnos, xunto aos profes, nun pequeno acto de inauguración na que non faltou a prensa.
Agradecemos inmensamente a colaboración e a súa presencia.
Recordade que o luns xa comenza a funcionar con normalidade.
Iremos engadindo os enlaces ás diferentes novas dos xornais.

Nova en Radio Fene

Nova no Diario de Ferrol




lunes, 26 de septiembre de 2016

sábado, 24 de septiembre de 2016

jueves, 22 de septiembre de 2016

EMBUDOS RECICLAXE ACEITE MULLERES COLLEITEIRAS

Ola familias,
chegaron ó cole os embudos para a recollida do aceite usado das "Mulleres Colleiteiras".
Quen queira que pase por o cole a recollelo.
Animádevos, é unha boa causa.


miércoles, 21 de septiembre de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

Ola familias,
como falamos na reunión de inicio de curso, as actividades extraescolares comenzarán no mes de Outubro.
As propostas para este curso son as seguintes:


  • LUNS: BAILE (baile moderno, zumba, hip-hop...) en horario de 16:00-17:00h.
                      INGLÉS en horario de 17:00-18:00h. Este horario podería cambiarse para as 16:00h se non coincide ningún neno apuntado a baile.
  • MARTES: PATINAXE en horario de 16:00-17:00h. Este día a partir das 17:00h faranse os obradoiros que iremos ofertando.
  • MÉRCORES: TEATRO en horario de 16:00-17:00h.
  • XOVES: DEBUXO en horario de 16:00-17:00h.
A realización das actividades dependerá do número de nenos apuntados.
O prezo das actividades é de 10€/mes para os socios da anpa e de 14€/mes para os non socios.
Como este ano estreamos comedor,  os nenos que fagan uso do comedor todos os días terán unha pequena rebaixa no prezo das actividades sendo para estes de 9€/mes.

As persoas que despois de estar apuntadas queiran deixar a actividade deberán notificalo antes de final de mes.

Levan nota os nenos para a casa. Os que estedes interesados en algunha actividade cubride a ficha e devolvédea ó centro a través da axenda escolar antes do próximo venres.

PROBA DE CHÁNDAL E SUDADERA

Ola familias,
este venres, día 23 de Setembro, estaremos no cole na hora do recreo (11:20 - 11:50) para todos aqueles que queiran probar o chandal ou sudadera.



viernes, 16 de septiembre de 2016

REUNIÓN INICIO DE CURSO


Ola familias,
estamos de volta e como é habitual faremos a reunión de inicio de curso.
O próximo martes 20 de Setembro, ás 16:00h será a reunión xeral no salón de actos, a directora informaranos das novidades deste curso 2016-2017.
De seguido faremos a reunión da Anpa. Invitámosvos a todos a colaborar con nós. Informaremos entre outras cousas, do programa anual, do comedor, das actividades extraescolares e dos chándals, que xa os temos para que os probedes e encarguedes. Este ano temos de novidade tamén sudaderas con tallas desde 4 anos a XXL, así que familias e profes tamén poden apuntarse! Mooolan!!!
A continuación as titoras de primaria reuniranse coas familias, por cursos, nas aulas correspondentes.

Vémonos o martes!!!

martes, 13 de septiembre de 2016

COMEDOR ESCOLAR 2016-2017

Ola familias,
informarvos que o comedor escolar do noso cole está a piques de comezar a funcionar.
Informaremos con máis detalle na reunión xeral que se celebrará a vindeira semana.
Mandamos nota polos nenos co funcionamento e a ficha de inscripción para todos os interesados.

REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR GRATUÍTO

Ola familias, 
achégannos esto ó cole:

Dende fai dous anos a residencia Mi Casa de Ferrol reparte material escolar para nenos e nenas na zona de Ferrol e arredores.
Dado o éxito e a gratificación que supón pra nós facer este esforzo, queremos que este ano, os nenos e nenas do noso entorno podan comezar o curso co material que precisan.Despois de contactar con cada un dos Centros xunto remito a información que pode resultar de interese para aqueles nenos ou nenas, que estén en idade escolar, e que por dificultades económicas non podan adquirir o material escolar para este curso académico 2016-2017.

Dende o  1 de Agosto ata o 1 de outubro todas as persoas que estén
interesadas deberán facernos chegar, ben persoalmente ou a través do e-mail
a seguinte documentación:

-          Informe dos Servizos Sociais ou certificado do INEM, se recibe
prestación ou subsidio.

-          Fotocopia do Libro de Familia

-          Listado do material escolar que precisa.

O lugar de entrega da documentación mencionada anteriormente é, coa respectiva dirección de correo electrónico:

1.       Residencia Mi Casa Ferrol.
Tlfno: 981.353.999
E-mail: residenciaferrol@gmail.co

Unha vez recibida a documentación procederemos a elaborar os lotes de material que precisa cada beneficiario (sempre o facemos adaptado á súa idade, sexo e o listado de material que lles solicitan no Colexio ou Instituto).