viernes, 28 de octubre de 2016

DÍA DE FESTA MAGOSTO/SAMAÍN

Ola familias,
hoxe era o día, o día da nosa "Feira de Outono". Un día completo, no quefixemos de todo.
Primeiro coa Anpa, na biblio, fixemos os saquetos para as castañas.
Mentres, na Aula do Medo, xogamos a xogos terrorííííficosss



Cando estivemos todos, recitamos o conxuro e refrescámonos coa riquísssimaaa pócima.

Logo, na praza da Feira poidemos desfrutar da gran actuación de Fanfarra Títeres, coa obra O soñador de historias, un momento de maxia e imaxinación....



E como tiñamos moita fame, merendamos nos postos que había na feira. Posto de samaín (froita de medo, xeringas de sangre, madalenas de araña), posto de chuches (algodón de zucre, mazás dulces) posto de outono (cogomelos doces, cabaciñas de mandarina, galletas de outono).
E o tren das castañas que botaba fume, fiu, fiu!!!


E como non, darvos as grazas a todos, por acompañarnos neste día. Á Panadería El Cruce de Maniños, que sempre se prestan a asarnos as castañas. A Rocío e Vane, as nosas cociñeiras (as mazás con chocolate deliciosas, que o saibades). A Fátima, por prestarnos a máquina do algodón de zucre. A Pili, que sempre está coa cámara preparada. E a os da casa, por aturarnos estes días.
Mil grazasss!!! Desexamos que desfrutárades.
Ata a próxima.

jueves, 27 de octubre de 2016

FESTA MAGOSTO/SAMAÍN 2016

Ola familias,
recordade que mañá venres 28 de Outubro celebraremos no cole a festa do Magosto e Samaín.
A primeira hora a Anpa fará obradoiro de cucuruchos cos nenos na biblio e na aula do medo levarase a cabo o tradicional conxuro co truco ou trato.
Ás 12:00h dará comenzo a gran actuación de teatro de títeres. Poderemos ver a obra "O contador de historias" de Fanfarra Títeres.
Estades todos convidados á función e á merenda, que será a continuación na nosa "Feira de Outono dos Casais".
Contamos con vós!!!

Aproveitando a vosa visita, os alumnos de 5º e 6º realizarán un Mercadiño Solidario de Libros. Os fondos recaudados serán doados á Cociña Económica.

viernes, 21 de octubre de 2016

FOLGA SECUNDARIA MÉRCORES 26 OUTUBRO 2016

Ola familias,
para quen queira informarse sobre a folga convocada o mércores 26 de Outubro.
Como podedes ler a continuación a folga convócaa o Sindicato de Estudantes para secundaria. A Federación de Anpas apoia e convida ás familias a participar na manifestación e na concentración da tarde en Ferrol. No noso cole de primaria haberá clase con normalidade.

A Federación de Anpas (FEANPAS) reuniuse onte  ao respecto das mobilizacións convocadas tanto pola PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO como polo SINDICATO DE ESTUDANTES,  e acordou:

     --- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mercores día 26 de outubro.
     --- CONVOCAR a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mercores día 26 de outubro ás 19:00 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
     Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de cmpetencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as reválidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioria chegar ás universidades
     Neste curso, ademais das reválidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego ainda non impartiu instruccións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso ainda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nen tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto despropósito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.

 A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei.
  NIN LOMCE!!!        NIN REVÁLIDAS!!!

sábado, 8 de octubre de 2016

DESCUBRO COMO APRENDO

Servicios sociais do concello proponnos a seguinte actividade para este trimestre. É unha actividade totalmente gratuíta. Os interesados poden cubrir o botelín de inscrición e entregalo no cole ata o xoves 13 de outubro.
A actividade comenzaría nos Casais o mércores 19 de outubro e remataría o mércores 7 de decembro (son 8 sesións) en horario de 17:15 a 18:15h.
Animádevos!!!



lunes, 3 de octubre de 2016

RECOLLIDA NENOS DO COMEDOR

Ola familias,
a espera de que nos instalen o porteiro automático no portal do cole, para facilitar a recollida dos nenos do comedor intentaremos, na medida do posible, recollelos a partir das 15:00h da tarde en tandas de media hora, é dicir, intentaremos recollelos ás 15:00h, ás 15:30h e ás 16:00h.
Grazas!!!