miércoles, 21 de diciembre de 2016

FESTA DE NADAL

Ola familias, 
como dí o refrán...chegou o día e chegou a romería.
Hoxe sí! Chegamos ó cole cediño e alí estaba o elfo de Papá Noel agardando por nós para almorzar.

Logo apareceu Papá Noel, cargadiño de agasallos.


Despois desfrutamos das actuacións que tiñan preparadas os nenos para o festival de inverno.




E ó remate sorteamos as cestas entre os asistentes. Noraboa ós gañadores!



Temos que agradecervos de novo a vosa presenza e a vosa participación. Grazas a todos, dos de dalgún xeito, botáchedes unha man, ós que viñechedes axudar no almorzo, a Rocío, que ademáis fixo as madalenas, a Ricardo que foi mercar os churros, a os profes, a Pili que sempre anda coa cámara enriba, etc.
A Leite Celta, que nos donou o leite e batidos para o almorzo. A os nosos colaboradores das cestas (Gadis, Froiz, Eroski Fene, Parque Ferrol). Sin vós todo esto non sería posible.
Agora marchamos de vacacións, toca descansar e desfrutar destes días.
Vémonos o día 9 de Xaneiro. 
Bo Nadal!!!

martes, 20 de diciembre de 2016

AGARDANDO A PAPÁ NOEL

Ola familias,
xa temos todo preparado para que chegue Papá Noel.
Mañá agardámolo para almorzar, así que recordade que almorzaremos todos xuntos.

Dubidamos si andará xa rondando....pois o trineo apareceu aparcado na entrada do cole.


jueves, 15 de diciembre de 2016

FESTA DE NADAL

Ola familias, 
o próximo mércores 21 de Decembro celebraremos no cole a festa de Nadal.
Como o ano pasado, Papá Noel chegará en trineo para almorzar con nós, polo que non é necesario que os nenos almorcen la casa. Almorzaremos todos xuntos e repartirá os agasallos ós nenos.
Seguidamente, ás 10:00h comenzará o festival de Inverno. Estades todos convidados a ver as actuacións que os rapaces teñen preparadas e aproveitaremos para sortear as dúas cestas de nadal que temos no cole entre os asistentes á función.
Ó remate, sobre as 11.30h, voltarán para as clases a recoller as notas e os traballos do trimestre.
A hora de saída é as 12:00h, xa que temos redución horaria. Haberá buses de volta con saída do cole ás 12:00h
Ó ter redución horaria, ese día xa non haberá nin comedor nin actividade extraescolar pola tarde.
Agardamos vervos a todos o mércores!!!


miércoles, 14 de diciembre de 2016

GAÑADORA CESTA DE NADAL

Ola familias,
este ano a cesta de Nadal quedou no cole. A afortunada foi a profe Elisa.
Noraboa!!!
Grazas a tod@s por participar e colaborar.

sábado, 10 de diciembre de 2016

SORTEO CESTA DE NADAL

Ola familias,
onte celebrouse o sorteo da once na que se obtivo o número para coñecer ó afortunado gañador da nosa cesta de nadal.
O número é o 904.
O agraciado deberá poñerse en contacto a través do número de teléfono do cole 881930124.
Noraboa!
Temos que dar as grazas ós nosos colaboradores: Gadis, Froiz, Eroski Fene e Parque Ferrol.

miércoles, 7 de diciembre de 2016

VÍDEOS ESCOLAS INDIANAS

Ola familias,

comunícannos do concello que xa están dispoñibles os novos vídeos do centenario das escolas de emigrantes.

Na sección de novas, da páxina web http://escolasdeemigrantes.fene.gal, o vídeo da xornada de recreación do "Fene indiano" que se desenvolveu nos CEIP(s) Centieiras, Os Casais, O Ramo; CPR Jorge Juan; CPI a Xunqueira e IES de Fene o pasado 18 de novembro e na que participou o grupo de teatro “Xosemaría Pérez Parallé” do CMI Unidade de Fene.
Asemade, acaban de incorporarse a esa mesma sección unha reportaxe fotográfica coas visitas guiadas á exposición "Centenario das Escolas de Emigrantes 1916-2016. O ensino en Fene" e os vídeos coa actuación do TradiCoro no acto de inauguración da mostra e a versión dixitalizada de "A Sociedade de Recreo e Instrución Naturais de Fene", documental dirixido por Guillermo Llorca Freire e realizado polo Taller Municipal de Vídeo en 1987.

Non deixedes de velos, unha actividade fermosísima.

jueves, 1 de diciembre de 2016

OBRADOIRO BONECOS DE NEVE

Ola familias,
xa está aquí o Nadal!!! e aproveitando ímos facer no cole un pequeno obradoiro de "Bonecos de Neve" con material de refugallo.

Está dirixido a todo os nenos, Infantil e Primaria e será o próximo martes, 13 de Decembro en horario de 17:00 a 18:30h. Os nenos que participen no obradoiro deberán traer ese día un calcetín branco (tamaño adulto mellor).

O prezo do obradoiro é de 3€. Os interesados cubride a nota que levan os nenos para a casa e devolvédea a próxima semana.


Aproveitamos para recordar, que os cartos das rifas que se venderon debedes entregalos durante a próxima semana, xa que o sorte é o venres día 9.