jueves, 29 de junio de 2017

WIKI PROXECTO DA BIBLIO "O NOSO BOSQUE"

Ola familias,
 este curso que acabamos de rematar o proxecto da nosa biblio consistía en traballar as árbores autóctonas, das que temos boa conta no patio do cole. O proxecto chamouse "O noso bosque".
Se queredes ver toda a información que acadamos, as actividades que fixemos...premede no seguinte enlace: Proxecto "O noso bosque" 
Non deixedes de navegar, atoparedes cousas ben interesantes!!!

FOTOS EXPERIMENTOS 3º CICLO

Ola familias, 
 se queredes ver as fotos da galería do cole dos experimentos que fixeron os alumnos de 5º e 6º con Sabela Reyero Serantes premede no seguinte enlace: Fotos experimentos 3º ciclo

FOTOS FIN DE CURSO

Ola familias,
 se quedes ver máis fotos da festa de fin de curso na galería do cole, premede no seguinte enlace: Fotos fin de curso

FOTOS BOTADURA DE BARCOS CON PATIO DE BUTACAS

Ola familias, 
 como ben sabedes o pasado día 21 de xuño baixamos a pé ó peirao de Maniños para botar os barcos construídos pola Asociación Patio de Butacas, actividade que forma parte do seu programa "Migrasons".
Cada pequeno decorou o seu barco que ese día botaron á ría. Unha actividade moooi fermosa. ¡Grazas a Patio de Butacas por contar con nós!
Se queredes ver as fotos na galería do cole premede no seguinte enlace: Fotos botadura barcos con Patio de Butacas


jueves, 22 de junio de 2017

FESTA FIN DE CURSO

Ola familias,
 hoxe tocou día de festa para celebrar remate de curso.
Cando nos erguimos esta maña e vimos que chovía....case infartamos!. Pero o tempo portouse con nós e non choveu máis.
Como indicamos no programa, comenzamos có torneo de xadrez.
 

Hai que decir que a cousa...estivo reñida, pero ó final Vanesa obtivo o 1º posto, Breixo o 2º e Xoel o 3º, trofeos e camisetas ben merecidos. Noraboa! a eles e a todos os participantes, que tamén recibiron a súa medalla de participación.
Os pequechos poideron desfrutar arreo no hinchable seco e no circuito de cars


E xa  tiñamos fame!! Unha merenda guai del paraguai, grazas a todos os nosos colaboradores: Gadis, Patatas fritas A Casa Vella, Mesón do Cazador (Limodre), Leite Celta, Panadería J.Castro (Neda), Panadería El Cruce (Maniños), Concello de Fene, Bodegas Barral (Barallobre), Eroski, Cafetería Bombay (Fene), Meigas Fóra (Polígono Vilar do Colo), Copistería Rofer (Perlío) e Cátering Ferrolterra. Sin a súa axuda non podería ser igual a festa.

 



E despois.....a mollarse!!!


Grazas tamén a vós, as familias, por acompañarnos neste día e por colaborar dalgún xeito durante todo o curso. Como dicimos sempre: a Anpa é de todos e para todos.
Grazas a Vanesa e Quique e a Iria, que son os primeiros en apuntarse cando hai que botar unha má.
Esperamos que desfrutárades da festa tanto coma nós.

Ata o próximo ano!!! Bo verán e boas vacacións!!!










martes, 20 de junio de 2017

PROGRAMA FESTA FIN DE CURSO

Ola familias,
este xoves, día 22 de xuño teremos a festa para celebrar o remate de curso.
Podedes acompañarnos a partir das 9:30, cando queirades ou podades. Os horarios a seguir son:

9:00 h - 10:15 h Torneo de xadrez
9:30 Hinchable seco (para os pequechos que non participen no torneo)
10:15 h Entrega de trofeos do torneo
10:20 h (despois da entrega de trofeos) comenzará a funcionar o circuito de cars
11:30 h Merenda
12:00 h Hinchable acuático e festa da escuma
Agardamos que nos acompañedes nese día. Pasarémolo mooooi ben.

Recordade traer calcetíns para o hinchable seco e protector solar, roupa e calzado de baño e gafas para a escuma e hinchable acuático.




FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Ola familias,
 o pasado mércores 14 marchamos de excursión de fin de curso. Visitamos Pobo Aventura, en Oza. 
Pasamos un día estupendo no que fixemos sendeirismo pola reserva da biosfera das mariñas coruñesas e terras do Mandeo, xogos populares, xincanas, tiro con arco...un día cheo de actividades.
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos excursión fin de curso 2017. Pobo Aventura.

FOTOS EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola familias,
 o pasado día 9 a rapazada que participou nas actividades extraescolares fixeron unha pequena exhibición do aprendido durante o curso.
Actuaron tamén os alumnos de 5º e 6º coa obra que prepararon para actuar no Jofre no programa Teatro con G.
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos exhibición actividades extraescolares

Agradecemos a todos a vosa participación e a vosa asistencia ese día. Mil grazas!!!

Grazas tamén a Gazapo, a Espacio Vivo e a César por facer as actividades e os obradoiros este curso. Esperamos seguir contando con vós!!!


FOTOS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA CARME ROMERO

Ola familias,
 ¿recordades o obradoiro de cerámica que veu a impartirnos Carme Romero e Francisco Pérez Porto?
Aprendérannos a facer chiflos e voltaron para traelos xa cocidos. Sopraron todos e non escachou ningún no forno!!!
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos obradoiro cerámica Carme Romero e Francisco Pérez Porto

Agasaron ó cole con este chiflo feito por Carme o día do obradoiro. Grazas Carme e Fran, esperamos vervos máis veces no noso cole.

lunes, 19 de junio de 2017

CAMPAMENTO "O TESOURO DE CAAMOUCO"

Ola familias,
 a quen lle poida interesar, campamento preto da casa, en Caamouco.

A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrará campamentos infantís durante este verán. A Sociedade apostou por un programa de actividades plural, no que a natureza, a tecnoloxía, o deporte e a creatividade son os protagonistas.

Baixo o título O tesouro de Caamouco, o campamento ofrecerá durante cinco semanas iniciativas moi atractivas. Entre as máis curiosas, salientan os experimentos científicos e actividades tecnolóxicas como robótica, programación de videoxogos, deseño e impresión 3D ou o uso de drons na propia horta da Tenencia. Segundo explican os monitores do proxecto, a filosofía do campamento baséase na "aprendizaxe significativa", isto é, aprender xogando, explorando e compartindo.

As inscricións poden realizarse en persoa (no local de Espacio Vivo -na rúa da Terra de Ferrol- e os días 18 e 25 de xuño de 11.00 a 12.00 horas no centro social da Tenencia) ou a través dos teléfonos 981 94 49 12 ou 608 06 52 76. O campamento comezará o 26 de xuño e finalizará o 31 de xullo.

✅ Horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres.

✅ Servizo de madrugadores a partir das 08:30 horas da mañá (previo aviso e sen custo adicional) 

✅ Tarifas: cada semana 50 € / As cinco semanas: 200 €


✅ Grupos reducidos: 8-10 participantes

✅ Peques: de 3 a 6 anos

✅ Maiores: de 7 a 12/13 anos


martes, 13 de junio de 2017

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES

Ola familias,
 achegan esto do concello a quen lle poida interesar.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES


A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.   

Nesta campaña, a Deputación levará a cabo medidas e actuacións de diversa índole nos Concellos da provincia para realizar un abordaxe integral da violencia de xénero. Entre os obxectivos desta campaña está o de dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.

Con esta actividade queremos xerar un espazo que permita ás mulleres de Fene identificar as agresións analizando a súa orixe, proprcionándolles habilidades e coñecementos para dar resposta ás agresións que por razón de xénero poden encontrar na súa vida cotiá de xeito contundente.

Resulta fundamental dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físico como psicolóxicos fronte a  un posible agresor, de xeito que  a través das técnicas aprendidas podan saír ilesas dunha situación de agresión.

OBXECTIVOS:

         Analizar os porqués da violencia sexista, que é o maior dos problemas no acceso aos dereitos das mulleres como cidadás.
         Dotar as mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresión.
         Reforzar a autoconfianza na muller con diversas técnicas que se porán en xogo nunha situación de perigo ou ameaza.
         Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades fomentando a confianza e a seguridade mediante a eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.

Este obradoiro presentará unha dinámica totalmente participativa na que se articularán dúas grandes áreas de traballo:

         Parte Teórica: Promoveránse técnicas de grupo, debates
         Parte Práctica: Traballaránse aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

A actividade será impartida por un/ha axente de igualdade e un especialista en defensa persoal.

DATA: 15 DE XUÑO DE 2017
HORARIO: DE 18:00 H. A 20:30 H.
LUGAR: CENTRO MUNCIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - Av. do Mar, Bloque 1-Baixo – San Valentín.
Responsable Técnica da actividade: Eva Sayago Martínez – Psicóloga Municipal.

PRAZAS LIMITADAS (15) – ASIGNACIÓN POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

ACTIVIDADE DE BALDE, SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE
A CORUÑA

MÁIS INFORMACIÓN:  Centro Muncipal de Servizos Sociais – Tf: 981 342607 e 981 492706   

jueves, 8 de junio de 2017

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Ola familias,
 como non se xuntou xente suficiente para facer no cole o obradoiro de Alimentación saudable que nos ofreceu o concello, farase no Pote os martes 13 e 20 de xuño, en horario de 18:30 a 20:00h.

Animádevos a participar!!!


EXHIBICIÓN FIN DE CURSO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

Ola familias,
 recordade que mañá, venres 9 de xuño, teremos a exhibición de fin de curso das actividades extraescolares 2016-2017.
Acompañarannos tamén os alumnos de 5º e 6º representando a obra de teatro que prepararon para actuar no Jofre no programa Teatro con G.
O programa é o seguinte:

Non faltedes!!!


jueves, 1 de junio de 2017