viernes, 16 de febrero de 2018

A ESCOLA A DEBATE: IGUALDADE E MOCIDADE?

Ola familias,
dende o CFR de Ferrol comunícannos que o próximo luns 19 de Febreiro no Salón de Actos do CFR de Ferrol en horario comprendido entre as 17:00 e as 19:00 h terá lugar a 3ª xornada do curso " A Escola a Debate": " IGUALDADE E MOCIDADE? 

Poñentes:

- Mónica Martínez Baleirón → CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. 

- Ana Mª Ramos Montero → Xefa de Estudos de Primaria do CPI ATIOS (Valdoviño)

- Teresa de Jesús Dopico Rivera → Profesora de música e Coordinadora de Normalización Lingüística do CPI ATIOS (Valdoviño) 

- Sara Méndez González e Estrela Vizoso Díaz → Alumnas de 6º Primaria do CPI ATIOS (Valdoviño)

As familias están convidadas a asistir.


viernes, 9 de febrero de 2018

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias,
 hoxe foi un día de festa no noso cole. Un día de conto, cheo de ilusión. Un día no que o pasamos ben pero que moi ben, trouleando e entroidando a máis non poder.
Xuntáronse Carapuchiñas, a avoa de Carapuchiña, Brancaneves, o Parruliño feo, Alicia, a raíña de corazóns de Alicia, o coello branco de Alicia, Heidi, Gepeto, os Pitufos, a Ratiña Presumida, Cincenta, o Gato con Botas, Robin Hood ... e unha chea de personaxes máis,


 e os nosos profes, David, guapísimo de Campanilla, de Peter Pan, Wendy, dos nenos perdidos, o capitán Garfio, o Sr. Smee...en fin, que foi unha festa moooi chula.
                                 
Para iso, entramos polo burato por onde entrou Alicia no seu pais marabilloso,
e alí atopamos o exército de naipes, ó Gato de Cheshire e a unha Alicia que non sabía qué camiño tiña que seguir.




Desfrutamos das cancións de Chuches Amil, contándonos "Un contó ao revés"
A meteoroloxía tivo un lapsus coa choiva e aproveitamos para facer o desfile e queimar ó Pinocheiro, que finalmente houbo indulto para Pepiño Grilo.


E despois....merendola!!! Grazas ás familias, que colaboráchedes facendo estes doces de Entroido tan ricos!!!


Grazas a todos por vir, por acompañarnos neste día tan divertido. Grazas tamén ós que non poideron estar, pero sabemos que estiveron có seu pensamento. Grazas a Pili, por botarnos unha má e por facernos estas fotos tan chulas.

A desfrutar do entroido. Entroidade moito!!!




jueves, 1 de febrero de 2018

PINOCHEIRO MENTIREIRO

Ola familias,
 presentamosvos ó meco de este ano, Pinocheiro Mentireiro. 
Aínda que conte moitas mentiras, xa que lle medrou moito o nariz, teremos que facerlle caso ós mandados que nos dá cada día.
 

Temos que darlle as grazas á nosa family, a Jorge e a Maru, por botarnos unha man na súa creación. Grazasss!!!