miércoles, 21 de marzo de 2018

APRENDEMOS NO OBRADOIRO DE RECICLAXE

Ola familias,
 na tarde de onte aprendimos no obradoiro de reciclaxe unha das mil cousas que se poden facer coas botellas de plástico. Pero o máis importante....que hai que reciclar!!!
Fixemos unhas macetas do máis orixinais, na que plantamos cada un a súa planta.
Tamén unha horta para deixar no cole, con chícharos, pementos, tomates, leitugas, espinacas, acelgas e amorodos, temos que coidalo entre todos!!!
Grazas a todos por participar e a Pablo, María e Sara, por traballar con nós.



lunes, 12 de marzo de 2018

OBRADOIRO DE RECICLAXE

Ola familias,
 aproveitando a visita ó noso cole de Martin Hutchinson e todo o que aprendimos con él, este trimestre ímos facer un pequeno obradoiro de Reciclaxe de Plásticos
Aprenderemos a facer uns pequenos maceteiros e unhas peonzas con Cd´s (para levar para a casa). 
Ó rematar as cousas individuais entre todos faremos unha horta vertical na que se plantarán varias sementes. A horta quedará no cole para ser coidada por tod@s @s nen@s. 
Está dirixido a tod@s @s nen@s de Infantil e Primaria, e será o próximo martes 20 de marzo de 17:00 a 18:30h. Os nenos que queiran participar, deberán traer unha botella de 1 litro e medio. 
O prezo do obradoiro e de 5€ (socios) e de 8€ (non socios). Levarán a ficha de inscripción para a casa para anotarse. 
Animádevos a participar e a reciclarrrr!!!