martes, 2 de diciembre de 2025

Peche Diversidades

 O noso programa Diversidades bota o peche por este curso 25-26 deixando unha bagaxe incrible para alumnado, profesorado e proxenitores. Falamos das familias diversas, a sexualidade, o coñecemento dos corpos, o respecto e o consentimento...estamos felices de poder falar de todo e con todas. Sabemos que somos afortunadas por ser receptoras dunha das dúas subvencións SI449B para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a lota contra a violencia de xénero e aproveitámolo ao máximo para traballar con ese fin. 

Aquí deixo algunhas das actividades e os recursos elaborados polas nosas crianzas durante este programa. 










lunes, 1 de diciembre de 2025

Día de récord no noso concilia-mañás











O que empezou hai dous cursos sendo unha iniciativa "en proba" con tan só dous ou tres rapaces e rapazas cada día, é hoxe un servizo indispensable para as familias do CEIP Os Casais. E así a pasada semana acadouse unha marca única no noso servizo de almorzos, concilia-mañás, ata 13 nenos e nenas que deben chegar ao cole antes de que comecen as clases. O servizo de conciliación é posible grazas á xestión da Ampa Río de Va e a subvención SI436C ou Plan Corresponsales da Xunta de Galicia coa que podemos ter a nosa fantástica coidadora Mireia cun gasto 0 para os proxenitores. Aquí tedes algunhas fotos do noso servizo xa coas crianzas a tope polas mañás.










 


sábado, 29 de noviembre de 2025

Samaín nos Casais: a tradición dos zonchos

 





Vaia Samaín de medo pasaron os nosos rapaces e rapazas de novo grazas o traballo das compañeiras da Anpa Río de Va. Aquí tedes a decoración do noso obradoiro de zonchos, os colares de castañas cocidas que che unha tradición secular na nosa comarca. Non perdamos nunca o noso. 

Diversidades 2025-2026 crecendo coas nosas crianzas




 Outro ano máis e grazas á concesión das axudas económicas ás Anpas para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia cara ás mulleres, SI449B; a Anpa Río de Va puxo en marcha o programa Diversidades; que abarca este ano temas tan importantes como o coñecemento do corpo, as realidades familiares e diversidades sexuais, o consentimento, o desenvolvemento sexual. En colaboración con Atalaya que nos trae a profesora Raquel o programa actúa en tres frontes: alumnado, profesorado e proxenitores. Estas fotografías son do obradoiro de nais e pais nos que puidemos aprender e, sobre todo, preguntar como acompañar as nosas nenas e nenos no seu desenvolvemento. 

Fixádevos na cantidade de recursos cos que contamos. Moitos destes libros xa están na biblioteca do CEIP Os Casais para que podamos seguir aprendendo entre todas. 

lunes, 6 de octubre de 2025

Arranca DiverSIDADES

 Este luns 6 de outubro arranca no CEIP Os Casais o programa de igualdade DiverSIDADES que organiza a Ampa Río de Va en colaboración con Atalaya. Nesta edición a formación en igualdade versará sobre a sexualidade. O programa está dirixido ao alumnado, ao profesorado e aos proxenitores porque a formación en igualdade é fundamental para crecer en liberdade. 

Este programa é financiado polo Ministerio de Igualdade a través da Dirección Xeral de Política Social e Igualdade da Xunta. Este é o programa desta edición.



viernes, 11 de julio de 2025

Concesión axudas SI436C e SI449B á Ampa Río de Va

 O pasado 4 de xullo a Xunta publicou a adxudicación das subvencións do Plan Corresponsables (procedemento SI436C) e do Pacto de Estado para o desenvolmento de accións de promoción da igualdade de xénero(procedemento SI449B). A asociación Ampa Río de Va de novo é beneficiaria das dúas axudas. 

A SI436C permititá sufragar as coidadoras dos servizos de conciliación familiar concilia-mañá, comedor e ludoteca.

A SI449B posibilitará, por terceiro ano consecutivo, contar cun programa de igualdade de xénero que este ano tratará o tema da sexualidade en todos os seus aspectos e que chegará de novo a toda a nosa comunidade educativa: crianzas, profesoraso, proxenitores.

De novo traballando pola conciliación familiar e un futuro en igualdade. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250704/AnuncioG0762-250625-0001_gl.html



viernes, 31 de enero de 2025

NOVAS MEDIDAS ORGANIZATIVAS DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

Ola de novo familias;

Queríamos comunicarvos que, tras facer un pequeno análise destes primeiros meses como xunta directiva do Anpa Río De Va, detectamos certo descontrol a hora de xestionar as asistencias e faltas aos servizos de conciliación, por parte das damilias.

E por iso, que decidimos establecer novas medidas organizativas que continúen favorecendo a conciliación familiar e diminúan a carga mental e de traballo das membras responsables destes servizos e de Mireia (a que lle temos que trasladar todos os vosos avisos e demandas).

As novas medidas para garantizar a boa xestión destes servizos serán: 

1. Usar os grupos de WhatsApp de cada servizo para dar os avisos, así os poderán ver máis membros da Anpa e minimizamos erros, a excepción de casos máis persoais, que entendemos, requerirán un trato individualizado.

2. Os avisos de faltas ou asistencia comunicaranse antes das 21:00 do día anterior para todos os servizos, tendo así máis marxe para responderos e avisar a Mireia.

3. En casos de urxencia (enfermidade, traballo de última hora...), poderase avisar na mesma mañán, cos seguintes horarios.

Concilia-mañás; de 7:00 a 7:45.

 . Comedor de 8:00 a 8:50.

 . Ludoteca antes das 10:00. 

4. As persoas responsables de cada servizo estarán activas (na medida en que a súa vida lles permita), nos grupos de WhatsApp correspondentes, de luns a venres e os domingos polas tardes, para os avisos de cara a semana ou mes seguinte.

5. Entendemos que sempre hai urxencias e excepcións puntuais. Nestes casos non teremos ningún problema en responderos (na medida en que poidamos),  fóra dos horarios e días pautados.

Estamos seguras, que co noso compromiso e coa vosa implicación para facer un uso responsable dos servizos de conciliación, conseguiremos mellorar a  súa organización. 

Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.


Un saúdo. 

Anpa Río De Va.


https://drive.google.com/file/d/1m8YllCSVD2t-djGmEAh685zheoPmRNpd/view?usp=drivesdk


martes, 14 de enero de 2025

A Anpa Río de Va informa a todas as socias e socios dos acordos acadaos na asemblea ordinaria do 18 de decembro do 2024:  



ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA RÍO DE VA DO CEIP OS CASAIS

ACTA Nº 01/2024


REUNION da asemblea xeral extraordinaria da asociación de nais e pais RÍO DE VA do CEIP Os Casais celebrada o 18 de decembro de 2024 nas instacacións do centro educativo sitas en MANIÑOS-FENE (A CORUÑA)



ASISTENTES DIRECCIÓN ANPa:

Roberto Rodriguez. Presidente

Fátima Leira. Secretaria

María Varela. Tesoureira

Laura Berceiro. Vogal

Nuria Vicente. Vogal



.-

Ás 16:30 primeira convocatoria e ás 17:00 segunda convocatoria e constitución.


ORDEN DEL DIA:

1º Aprobación contas 2023/2024

2º Aprobación orzamento anual 2025

3º Aprobación actividades 2025

4º Continuidade e viabilidade do servizo de ludoteca 2025

5º Rogos e preguntas


Ás 17 inicio da reunión informando á secretaria das subvencións solicitadas pola Anpa para cubrir os gastos de coidadora dos servizos de concilia-mañás, comedor e ludoteca e os gastos das actividades permanentes que se desenvolven; saídas teatro, Magosto, Samaín, Nadal, etc. Posteriormente o presidente explica o estado das contas actual que ascenden a 5.672 eutos tras recibir o pago da subvención nominativa do concello de Fene e aínda sen abonar o pago de dúas cotas do menú de comedor. O presidente informa que estamos á espera nestes días de recibir o pago da subvención Concorrencia do concello de Fene que ascende a uns 1.070 euros. Infórmase que este ano recibimos algo menos que no curso pasado xa que este curso 2024-2025 non temos actividades extraescolares.

As contas e as actividades extraescolares apróbanse con 14 votos a favor, o total dos participantes.

Explícase tamén a previsión de orzamento para este curso 2024-2025. Os asistentes valoran a posibilidade de conseguir novos ingresos xa que a ANPA sempre traballa con moi poucos recursos. A dirección da ANPA solicita que os socios e socias propoñan novas formas de ingresos.

Apróbase o orzamento con 14 votos a favor en 0 en contra. O total dos participantes

A secretaria explica que as actividades extraescolares contaban cun número insuficiente de rapaces e rapazas e que xa a directiva anterior da Anpa decidiu substituír este servizo que supuña un custo para os proxenitores polo servizo gratuito de ludoteca que amplía nunha hora a permanenza no CEIP. O servizo de ludoteca non se pode incluír nos gastos da subvención Concorrencia do concello de Fene.

O presidente explica as actividades previstas para este curso, que seguen a liña continuista do pasado 23/24. A xestión das mesmas recae de novo na directiva da ANPA; ao igual que a xestión de comedor, concilia-mañás e ludoteca. O presidente explica tamén as peticións reiteradas ao concello de Fene para que asuma estes servizos de conciliación familiar e as negativas recibidas desde o órgano.

A secretaria expón a situación actual da ludoteca. Está pagado coa empresa o servizo de coidadora destes catro meses do ano e do mes de xuño, mais os meses de xaneiro a maio deberán incluirse na subvención Corresponsales da Xunta de Galicia que se solicita o ano que vén. De xeito que primeiro a Anpa debe xerar as facturas que xustifiquen o gasto e despois incluílas na subvenión. Isto significa que a Anpa debe asumir un risco financiero duns 2.000 euros polo propio sistema de subvencións. A secretaria explica que nas contas deste ano si estaba incluídos os catro meses(setembro a decembro) de ludoteca como servizo de conciliación familiar e que este gasto foi aprobado na subvención Corresponsales da Xunta de Galicia. Ademais indica que a subvención ten un tope duns 14.000 euros para cada entidade dos que a ANPA Río de Va solicita a día de hoxe 7.200. A secretaría explica que entende que a subvención asumirá estes 2.000 euros pero que é decisión dos socios e socias en asemblea decidir se asumen o risco financieiro. Unha das presentes realiza un cálculo aproximado duns 46 euros por familia se chegase o caso de ter que asumir a Anpa o pago da ludoteca. A secretaría indica que, para facilitar a implantación da ludoteca, a empresa Tempus que emprega a coidadora, non cobrará o servizo ata a resolución da subvención.

Outro dos participantes, David Rodríguez, explica que o servizo concilia-mañás tivo o mesmo problema no ano que se inugurou e que a ANPA tivo coa aprobación dos socios e socias que asumir o risco. Argumenta ademais a importancia dos servizos de conciliación para manter a matrícula do CEIP e polo tanto a continuidade do centro.

Procédese á votación da continuidade da ludoteca co resultado de 14 votos a favor, a totalidade dos asistentes.

Ábrese o prazo de rogos e preguntas. Alberto Suárez pregunta se a Anpa está a decidir medidas de cara a asegurar a matrícula de todas as familias que soliciten a entrada no CEIP no vindeiro curso. A secretaría explica que todavía descoñecemos esa matrícula e que, polo de agora, os membros da Anpa están saturados co traballo cotiá que require esta asociación. O participante explica que sería positivo pensar algunha medida de difusión das ventaxes do CEIP para fomentar a matrícula. Decídese entre os participantes afondar máis nesta cuestión e entablar relacións con Anpas rurais da comarca que presenten as mesmas dificultades.


Ás 17:40 levántase a sesión