Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de septiembre de 2020

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2020-2021

 Ola familias,

 estamos de volta de esta maneira un pouco peculiar.

Tal e como nos indicou dirección por abalar, o próximo martes 8 de setembro celebrarase no cole unha reunión informativa para indicarnos ás familias como vai ser o inicio de curso e cal é o protocolo do centro.

Tedes toda a información na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/?q=node/886

A reunión será no exterior, no patio, en quendas:

1ª quenda : cursos 3º, 4º,5º e 6º

A hora de entrada e saída dos familiares será progresiva para non ter aglomeracións no centro educativo.

3º e 4º EP ás 10:15

5º EP ás 10:20

6º EP  ás 10: 25

2ª quenda: cursos EI, 1º, 2º

1º e 2º EP ás 11:45

5º e 6º EI ás 11: 50

4º EI ás 11:55

Pregamos puntualidade, nin antes nin despois da hora. É importante manter a distancia de seguridade e non facer grupos no portal do centro.

Aquelas familias con irmáns,  só virán a unha delas.

Aproveitaremos esta reunión para, a continuación desta explicación por parte do centro, a Anpa expoña ás familias a situción actual respecto ás anpas nas xestións da súas competencias.

Vémos o martes!!!

martes, 17 de diciembre de 2019

CESTA NADAL 2019

Ola familias,
 temos gañadores da cesta de Nadal 2019. Este ano quedou nunha casa do cole, na casa de Manel, alumno de 6º EP. Hoxe pasaron Marina e Manel a recollela. Desfrutádea moito!!!
Grazas a Gadis, que sempre está aí, colaborador incondicional e grazas a todos os que participáchedes con nós.
Grazas de corazón!!!


domingo, 29 de septiembre de 2019

NOVA COLABORADORA DA ANPA. ANDREA BECHLIAN

Ola familias,
 os que acudíchedes o curso pasado á escola de pais coñeceredes a Andrea Bechlian, psicóloga, que nos estivo aprendendo sobre Disciplina Positiva.
Para os que non a coñecedes, dicirvos que Andrea abreu recentemente un despacho en Ares, na Rúa María, 148. Andrea colabora coa nosa Anpa, facendo un desconto do 10% presentando o carné de socio.
Entre outras cousas Andrea traballa con programas psicoeducativos integrais (en grupo ou invidualmente): Nen@s e adolescentes con TDAH, con altas capacidades, habilidades cognitivas e apoio ó estudo, programas de acopañamento á adolescencia, educación emocional e habilidades sociais, etc.
Disciplina positiva para familias e educadores, para adultos, para parellas.
Asesoramento familiar especializado basado na psicoloxía educativa, o enfoque da terapia familiar sistémica, a educación emocional e a disciplina positiva.
Podedes seguila no seu facebook: https://www.facebook.com/andreabechlianpsicologa/


Intentaremos aprender con ela moito máis este curso. Iremos informando.
Se tedes algún tema do voso interese que pensedes que podemos consultar con ela como grupo, non duvidedes en consultarnos para intentar tratalo no cole.

jueves, 26 de septiembre de 2019

OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Queridas familias,
 a vindeira semana comenzarán as actividades extraescolares. Para este curso ofertamos as seguintes:


  • LUNS: Baile (baile moderno, zumba, hip-hop, ritmos latinos...) en horario de 16:00h a 17:00h. Prezo: 10€/mes socios da Anpa e 15€/mes non socios.
  • MARTES: Patinaxe en horario de 16:00h a 17:00h. Prezo: 10€/mes socios da Anpa e 15€/mes non socios.
  • MÉRCORES: Obradoiros mensuais. Este mes de Outubro comenzaremos con cociña en horario de 16:00h a 17:15h. Prezo: 12€/mes (10€ cota + 2€ material) socios da Anpa e 17€/mes non socios. (15€ cota + 2€ material). 
 Recordade que estes obradoiros irán cambiando e iremos ofertando con tempo para apuntarse. Cada quén pode apuntarse ó que lle interese.
  • XOVES: Teatro en horario de 16:00h a 17:00h. Prezo: 10€/mes socios da Anpa e 15€/mes non socios.
Este ano temos a posibilidade de aprender Alemán grazas a unha mamá do cole. Poderemos facelo como actividade anual, un día á semana (posible venres) ou ben como obradoiro mensual. Gustaríanos saber quén está interesado para organizar a actividade.

Todos os interesados en apuntarse a algunha actividade, por favor, cubride a ficha que se mandou polos nenos durante esta semana ou ben avisade á Anpa por mail, whatsapp...

Animádevos!!! As actividades extraescolares son moi importantes para o funcionamento da nosa asociación e a vida do cole. 

Grazas por participar e colaborar con nós!!!




viernes, 6 de septiembre de 2019

COMENZO DE CURSO 2019-2020

Ola familias,
 casi estamos de volta outra vez!!!
Recordamos a tod@s que o próximo xoves 12 de Setembro estaremos de festa, xa que o curso pasado tivemos que cancelar a festa de Fin de Curso pola meteoroloxía, así que agora celebraremos a de Benvida ao novo curso. Estades todos convidados a acompañarnos.
Como indicou dirección, traede calcetíns para saltar nos inchables secos, para o acuático e festa da escuma: bañador, toalla, clanchas, gafas quen queira e protector solar. Merendaremos todos no cole como de costume.

Respecto ó comedor, decirvos que comenzará a funcionar con normalidade o luns 16 de Setembro, así que quen estea interesado en utilizalo pode avisar no cole ata as 9:00 do mesmo día ou á Anpa nos teléfonos 690313516 (María) ou 616846393 (Noe) por whatsapp, chamando ou por mail a ampariodeva@gmail.com.

Facilitamos tamén o calendario escolar da Xunta para este novo curso:

O próximo martes 17 na reunión xeral, estaremos para presentarnos ás novas familias e para tratar os temas relacionados có novo curso. Teremos tamén a roupa (chándals, camisetas, sudadeiras) que serigrafiamos có logo do cole para quen queira probar e encargar pedido.

Benvidas, familias. Como decimos sempre: a Anpa é de tod@s e para tod@s.

Vémonos moi prontiño!!!

jueves, 6 de junio de 2019

EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLES

Ola familias,
 tal e como indicou dirección, mañá, venres 7 de Xuño, a continuación da feira de Piteas que van facer os nenos para mostrarnos os seus proxectos, teremos a exhibición das actividades extraescoles deste curso que xa remataron.
Esto será aí polas 12:30h. Actuarán os alumnos de teatro, baile e patinaxe.

Agardávosmos!!!



jueves, 23 de mayo de 2019

OBRADOIRO GRAFITE 2019

Ola familias,
 ollade qué chulada de grafite fixeron @s nos@s nen@s no obradoiro que está a piques de rematar:









Grazas a tod@s @s participantes, e a Edgar e María, por aprendernos cousas tan chulas!!!

jueves, 21 de febrero de 2019

COMENZAMOS O ENTROIDO

Ola familias,
 mañá xa comenzamos o entroido no noso cole. É por iso que presentamos o meco de este ano, que neste caso son dous.
Como ben sabedes o tema de este ano foi escollido en asamblea polos nenos e saíu Superheroes.
Para que buscar un superheroe? si xa temos dous na nosa biblio. Sí, sí, Micabigotes e o Rato Gordecho, por qué non nomealos superheroes si en certo modo son salvadores dos nenos que non len? E así foi que decidimos representalos, velaquí os tedes, preparados para os mandados:




Temos que dar as grazas ás nosas familias, que acaban enguedelladas nestas trangalladas que facemos :-)  Grazas, Jorge, por ser o noso carpinteiro unha e outra vez, grazas, Tino por traballar para nós e grazas, Maru, por darlle á agulla. Mil bicos, querémosvos!




jueves, 22 de noviembre de 2018

OBRADOIRO NOVEMBRO: COCIÑA-DÍA3

Ola familias,
 onte foi o día 3 do obradoiro de cociña. A petición popular, tivemos que facer pizza.
Pasámolo.....ben non, o seguinte. Si esto de amasar e poñernos feitos un cromo... mólanos mogollón.
Pero que conste, que o resultado foi satisfactorio.
Velaquí unha pequena mostra:

Proceso de amasado:

Proceso de elaboración:

Resultado:

Vémonos o próximo mércores.
Grazas a tod@s!!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

OBRADOIRO NOVEMBRO: COCIÑA-DÍA 2

Ola de novo,
 voltamos có obradoiro de cociña no noso 2º día. Seguimos a traballar en equipo, así dá gusto!
Este día non foi lambetada, pero tamén estaba moi bó. Elaboramos as nosas propias salchichas para facer bocatas, pero non unhas salchichas calquera..., senón unhas salchichas do máis saudábel.
Salchichas veganas, con cenoura, soia, allo porro, pirixel, cebola, especias....
Mirade, mirade:
Esta semana, despois de tanta demanda popular...tocará amasar a tradicional pizza.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

OBRADOIRO NOVEMBRO: COCIÑA-DÍA 1

Ola familias,
 hoxe tivemos o noso primeiro día do obradoiro do mes de Novembro, cociña.
Fixemos unha boa merendola, xa que a nosa primeira receita foi "Gofres".
Elaboramos a nosa propia masa, pero o mellor de todo foi o ben que traballamos en equipo.
Velaquí tedes unha pequena mostra:

Vémonos o próximo mércores con unha receita diferente...que será???

jueves, 4 de octubre de 2018

OBRADOIRO CIENCIA E EXPERIMENTOS

Ola familias,
 onte tivemos a nosa primeira tarde do obradoiro de Ciencia e Experimentos que ocupará o mes de Outubro.
Aprendimos moitas cousas sobre a forza de gravedade, a densidade, a flexibilidade os estados das materias...e aprenderemos moito máis nas próximas clases.
Agardamos que fora do voso agrado e que o pasaran ben aprendendo cousas tan interesantes.
Grazas a todos por asistir, vémonos o próximo mércores, científicos!!!


viernes, 28 de septiembre de 2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLAES 2018-2019

Ola familias,
 o próximo luns día 1 de Outubro comenzan as actividades extraescolares. Despois de facer o reconto de alumnos quedan do seguinte xeito:


  • LUNS: Baile de 16:00h a 17:00h
  • MARTES: Patinaxe de 16:00h a 17:00h
  • MÉRCORES: Obradoiro Rotativo. Este mes de Outubro traballaremos a Ciencia e Experimentos. Todos os mércores de Outubro de 16:00h a 17:00h. O próximo mes ofertaremos outro obradoiro para que vos apuntedes.
  • XOVES: Teatro. Debido a o número de nenos que se apuntou na actividade dividiremos en dous grupos como o ano pasado para traballar mellor. O primeiro día iremos todos de 16:00h a 17:00h e poñerémonos de acordo para facer dúas quendas de 16:00h a 17:00h e de 17:00h a 18:00h.
Recordade que o luns comenza a funcionar o comedor, si alguén vai facer uso del, debe avisar á Anpa antes das 9:00h do mesmo día.

Grazas pola vosa colaboración!!!, sen todos vós non sería posible.



lunes, 24 de septiembre de 2018

PEDIDO ROUPA COLE

Ola familias,
 recordade que esta semana queremos facer o pedido da roupa para tela canto antes.
Por favor, os que estedes interesados en pedir algo, devolvede a nota ou mandade recado á Anpa.
Grazass!!!

miércoles, 12 de septiembre de 2018

COMENZO DE CURSO 2018-2019

Ola familias,
 aló van os nosos pequenos, uns máis contentos e outros non tanto porque hai que madrugar, pero seguro que todos van con moita ilusión e levan bos desexos para pedirlle á árbore dos desexos.
Benvid@s a este novo curso que arrincamos hoxe. Aproveitarémolo ó máximo!!!
Como ben sabedes todos, o próximo martes 18 teremos a reunión da Anpa, a continuación da do profesorado, ás 16:15h no salón de actos. Cando remate, teremos a roupa para probar e pedir quen esté interesado.
Agardamos vervos a todos.
Unha aperta e bo comenzo de curso!!!

lunes, 18 de junio de 2018

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA ANPA RIO DE VA

Ola familias,
 recordade que mañá martes 19 de xuño ás 17:00h, antes de que cheguen da excursión, teremos asamblea da anpa no salón de actos.

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA

Convócanse a todos os soci@s da ANPA á asamblea xeral de fin de curso que terá lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe Os Casais, no día e hora que deseguido se indica, có obxecto de tratar os asuntos relacionados na orde do día:

Día da asamblea: Martes, 19 de Xuño de 2018.

Hora: 17:00h

Orde do día:      Estado de contas.
                          Cambio da directiva da ANPA.
                          Información xeral do curso.
                          Rogos e preguntas.

Vémonos!!!


miércoles, 6 de junio de 2018

FIN DE CURSO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Ola familias,
 recordade que mañá xoves 7 de xuño faremos o fin de curso das actividades extraescolares. Será a partir das 12:00h no salón de actos e na pista exterior, si o tempo o permite.
Estades tod@s convidad@s. Vémonos!!!

viernes, 18 de mayo de 2018

REVÁLIDA 3º EP MÉRCORES E XOVES 23-24 DE MAIO 2018

Ola familias,
 xa temos ás portas as reválidas deste curso.
A proba para os alumnos de 3º EP serán os próximos mércores  e xoves 23 e 24 de Maio. Dende a Anpa animamos ás familias a non mandar ós nenos de 3º eses días ó cole. Nós estamos en contra de este tipo de probas, e unha forma de demostralo é non facendo algo que nos impoñen co que non estamos de acordo.
Tedes información máis detallada nos seguintes enlaces, pinchade sobre eles:



Informarvos tamén, que a proba de 6º EP, que é aleatoria, non nos tocou facela este curso.


Sobre estas probas, a Federación de Anpas de Ferrolterra, da que somos socios, fará unhas charlas informativas para as familias o próximo luns 21 de Maio ás 18:30h no centro Carvalho Calero, en Ferrol á que estades convidados a asistir.                       


Grazas polo voso interés e colaboración!!!




miércoles, 2 de mayo de 2018

RIFAS FIN DE CURSO

Ola familias,
 hoxe levaron @s nen@s a nota das rifas. Animávosvos a todos a colaborar, pois entre todos é máis sinxelo vendelas.
Estas rifas son para subvencionar a excursión e a festa de fin de curso.
Como sabedes os tacos son de 15 unidades, se alguén remata as que pide e precisa máis, que se poña en contacto con nós ou mande recado pol@ nen@.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración, sen a vosa axuda sería todo moito máis complicado.
Estamos seguras de que o pasarán pipa na excursión e faremos unha boa festa para rematar o curso!!!



miércoles, 21 de marzo de 2018

APRENDEMOS NO OBRADOIRO DE RECICLAXE

Ola familias,
 na tarde de onte aprendimos no obradoiro de reciclaxe unha das mil cousas que se poden facer coas botellas de plástico. Pero o máis importante....que hai que reciclar!!!
Fixemos unhas macetas do máis orixinais, na que plantamos cada un a súa planta.
Tamén unha horta para deixar no cole, con chícharos, pementos, tomates, leitugas, espinacas, acelgas e amorodos, temos que coidalo entre todos!!!
Grazas a todos por participar e a Pablo, María e Sara, por traballar con nós.