Mostrando entradas con la etiqueta COLE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLE. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de febrero de 2018

A ESCOLA A DEBATE: IGUALDADE E MOCIDADE?

Ola familias,
dende o CFR de Ferrol comunícannos que o próximo luns 19 de Febreiro no Salón de Actos do CFR de Ferrol en horario comprendido entre as 17:00 e as 19:00 h terá lugar a 3ª xornada do curso " A Escola a Debate": " IGUALDADE E MOCIDADE? 

Poñentes:

- Mónica Martínez Baleirón → CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. 

- Ana Mª Ramos Montero → Xefa de Estudos de Primaria do CPI ATIOS (Valdoviño)

- Teresa de Jesús Dopico Rivera → Profesora de música e Coordinadora de Normalización Lingüística do CPI ATIOS (Valdoviño) 

- Sara Méndez González e Estrela Vizoso Díaz → Alumnas de 6º Primaria do CPI ATIOS (Valdoviño)

As familias están convidadas a asistir.


miércoles, 31 de enero de 2018

ENTROIDO 2018

Ola familias,
 publicamos o que mandan do cole para que teñades a man.

Xa está aquí! xa chegou o entroido dos Casais!!!

Este ano avisamos con tempo para que poidades ter todo preparado. Recordade que non valen disfraces comprados integramente, se non con cousas que atopedes por casa, elementos doutros disfraces, roupa vella ou prestada... Botádelle imaxinación!

Este ano o noso Meco chámase Pinocheiro Mentireiro e nos irá contando que traer cada día. Cada xornada traeremos unha ou varias cousas do tema que nos diga o Pinocheiro (MOI IMPORTANTE NON SERÁ ACUMULATIVO), salvo o venres que viremos disfrazados ao completo!

Luns 5:

PIÑOCHEIRO MENTIREIRO

TERÁ O LUNS O DÍA SONEIRO

QUERE VESTIR PIXAMA

PARA METERSE NA CAMA


Martes 6:

AO PINOCHEIRO MENTIREIRO

O TEMPO VAILLE PASANDO

CONVERTEUSE NUN VELLIÑO

IDE VOS TAMÉN COPIANDO


Mércores 7:

PINOCHEIRO MENTIREIRO

MAÑÁ TEN QUE IR A TRABALLAR

BUSCA ALGUNHA ROUPA APROPIADA

PARA NON DESENTONAR


Xoves 8:

PINOCHEIRO MENTIREIRO

TEN QUE VIR MOI ELEGANTE

VIDE CON ALGO DE GALA

PARA ESTAR SÚPER RADIANTES


Venres 9: Día da festa do Entroido. Temos redución horaria de 10h a 13h. Os buses funcionarán coma sempre. Este ano a temática do Entroido serán os contos.

UN PAÍS DE FANTASÍA

NO PATIO IMOS CREAR

DE PERSONAXES DE CONTO

TERASTE QUE DISFRAZAR

Teredes que vir disfrazados de personaxes de contos (non valen pelis). Recordade que non valen disfraces comprados integramente, se non con cousas que atopedes por casa, elementos doutros disfraces,roupa vella ou prestada... Botádelle imaxinación!

As familias poderedes vir a vernos a partir das 10:30. Este ano contaremos coa actuación de "Un conto ao revés" do grupo Chuchesamil que nos trae a ANPA e a súa merendola. Agardamos que o pasedes moiiiiii ben. Voltamos ás aulas o xoves 15 de febreiro.

domingo, 28 de enero de 2018

ÚLTIMAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO COLE

Ola familias,
 aquí tedes os enlaces das últimas actividades que están programadas no cole para os próximos días.
Premede no seguintes enlaces:
Anxo Moure no día da Paz



Visita de Martin Hutchinson

lunes, 20 de noviembre de 2017

I XORNADA DOS ENCONTROS "A EDUCACIÓN A DEBATE" "OS DEBERES ESCOLARES"

Ola familias,
 dende o CFR de Ferrol convídannos ás familias a asistir  á 1ª xornada dos Encontros "A educación a debate". O tema a tratar nesta 1ª xornada é "Os deberes escolares".
Esta xornada terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00h nas instalacións do CFR Ferrol.
Estarán presentes no acto:

  • Susana Rodríguez Martínez. Profesora titular de Psocoloxía Evolutiva e de Educación (UDC) e Isabel Piñeiro Aguín, da mesma área de traballo.
  • Amelia Conde Vázquez. Responsable de Dto de Orientación de Secundaria.
  • Esperanza González Pino. Responsable de Dto de Orientación de Primaria.
  • Representante da ANPA.

domingo, 19 de noviembre de 2017

XXX PREMIO DE POESÍA NACIONAL XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ

Ola familias,
 onte os alumnos de 5º e 6º participaron no acto de presentación do gañador do XXX Premio de Poesía Nacional Xosé María Pérez Parallé que se celebrou no CMI Unidade de Fene.
Damos as grazas e a noraboa, porque o fixeron moi, pero que moi ben a Jennis, Jaime, Breixo e Miriam que se presentaron voluntariamente a participar representando ó noso cole. 
Leron  a parte do traballo "Fene, un concello ben interesante" feita a Xose María Pérez Parallé e cada un deles un poema do Segrel.
Grazas ó CMI Unidade de Fene por convidarnos a participar. Todo un pracer da nosa parte. Noraboa tamén ó gañador, Carlos Lixó, desexámoslle moita sorte na súa andadura literaria.







miércoles, 15 de noviembre de 2017

ESTRELA EDULINGÜE PARA O NOSO COLE

Ola familias,
 contarvos que hoxe, a nosa dire Lorena, está en Santiago a recoller a Estrela EDUlingüe que lle conceron ó noso cole.
Esta distinción Plurinfantil, en forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibírona 83 centros galegos que ampliaron o plurilingüismo a educación infantil neste curso 2017/2018.
O CEIP Plurilingüe Os Casais é o primeiro cole do concello de Fene en recibir esta distinción. Aquí tedes o resultado dun traballo ben feito.

¡¡Fachendosos de pertencer ós Casais!!!





miércoles, 25 de octubre de 2017

RECOLLIDA PREMIO REAL ACADEMIA GALEGA

Ola familias,
 como todos sabedes o noso cole foi escollido, xunto con outros catro máis, de un total de 80 centros galegos participantes no concurso "Contádenos o voso día das Letras Galegas".
O pasado martes viaxamos todos Á Coruña a recoller o premio e aproveitando, visitar a Biblioteca da Real Academia Galega nun día tan sinalado (Día das Bibliotecas) e a casa de Emilia Pardo Bazán.
Recollemos neste blog os enlaces ás diferentes publicacións e reportaxes televisivos para que poidades ver ós vosos pequenos.
¡¡¡Fachendosos, estamos de pertencer a un cole tan comprometido coa nosa cultura e a nosa língua!!!
¡Noraboa CEIP Plurilingüe Os Casais!

Premede nos diferentes enlaces:




(Iremos actualizando as diferentes publicacións)






jueves, 29 de junio de 2017

WIKI PROXECTO DA BIBLIO "O NOSO BOSQUE"

Ola familias,
 este curso que acabamos de rematar o proxecto da nosa biblio consistía en traballar as árbores autóctonas, das que temos boa conta no patio do cole. O proxecto chamouse "O noso bosque".
Se queredes ver toda a información que acadamos, as actividades que fixemos...premede no seguinte enlace: Proxecto "O noso bosque" 
Non deixedes de navegar, atoparedes cousas ben interesantes!!!

FOTOS EXPERIMENTOS 3º CICLO

Ola familias, 
 se queredes ver as fotos da galería do cole dos experimentos que fixeron os alumnos de 5º e 6º con Sabela Reyero Serantes premede no seguinte enlace: Fotos experimentos 3º ciclo

FOTOS FIN DE CURSO

Ola familias,
 se quedes ver máis fotos da festa de fin de curso na galería do cole, premede no seguinte enlace: Fotos fin de curso

FOTOS BOTADURA DE BARCOS CON PATIO DE BUTACAS

Ola familias, 
 como ben sabedes o pasado día 21 de xuño baixamos a pé ó peirao de Maniños para botar os barcos construídos pola Asociación Patio de Butacas, actividade que forma parte do seu programa "Migrasons".
Cada pequeno decorou o seu barco que ese día botaron á ría. Unha actividade moooi fermosa. ¡Grazas a Patio de Butacas por contar con nós!
Se queredes ver as fotos na galería do cole premede no seguinte enlace: Fotos botadura barcos con Patio de Butacas


martes, 20 de junio de 2017

FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Ola familias,
 o pasado mércores 14 marchamos de excursión de fin de curso. Visitamos Pobo Aventura, en Oza. 
Pasamos un día estupendo no que fixemos sendeirismo pola reserva da biosfera das mariñas coruñesas e terras do Mandeo, xogos populares, xincanas, tiro con arco...un día cheo de actividades.
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos excursión fin de curso 2017. Pobo Aventura.

FOTOS DO OBRADOIRO DE CERÁMICA CARME ROMERO

Ola familias,
 ¿recordades o obradoiro de cerámica que veu a impartirnos Carme Romero e Francisco Pérez Porto?
Aprendérannos a facer chiflos e voltaron para traelos xa cocidos. Sopraron todos e non escachou ningún no forno!!!
Tedes as fotos na galería do cole. Premede no seguinte enlace para velas: Fotos obradoiro cerámica Carme Romero e Francisco Pérez Porto

Agasaron ó cole con este chiflo feito por Carme o día do obradoiro. Grazas Carme e Fran, esperamos vervos máis veces no noso cole.

martes, 30 de mayo de 2017

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ola familias,

O Concello de Fene contará con 5 prazas no “Programa Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). 

Este campamento está destinado a rapaces e rapazas de, entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente 2017 e ten unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, tenis, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile, etc 

A quenda que lle corresponde a Fene é a primeira: do 19 ao 25 de agosto de 2017 (incorporación o sábado, día 19, de 18:00 a 19:00 horas e saída tralo almorzo e xornada de clausura do venres, día 25). 

A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, estancia, manutención, transporte interno para realizar as actividades programadas, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. 

O transporte tanto de ida como de volta dende Fene ata o Centro Residencial Docente da Coruña, non está incluído, polo que irá por conta dos/as participantes. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 €. (oitenta e cinco euros), que se ingresarán unha vez que o /a interesado/a obteña a praza. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). Xunto coa preinscrición deberán achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene con data anterior ao 30 de maio. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (5) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 

A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 17 de xuño de 2017.

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66, aínda que as cuestións organizativas  da Campaña dependen directamente do Gabinete de Deportes da Deputación, polo que poderemos  dar a información que nos vaia facilitando a Deputación. 


sábado, 6 de mayo de 2017

NOTA ACLARATORIA: O COLE NON PECHA

Estimadas familias e simpatizantes:
 Que os Casais pecha é un rumor que nos sigue fai anos. Cinco, dez..., incluso máis, quén sabe.
Este rumor é algo que nos perxudica moito moitísimo, que nos fai moito dano e debemos evitalo.
Dende a Anpa queremos aclarar e confirmar que isto non é certo. O cole non vai pechar nin se vai a fusionar con outro centro, como nos preguntaron recientemente. Estos rumores se están magnificando, chegando incluso a Ferrol en xente interesada no noso centro. Non atopamos resposta de onde poden saír e que fin teñen. Debemos que coidar o que temos e non destruílo.
Debido a isto informarvos que tivemos unha reunión coa Inspectora de Educación, na que nos poido confirmar que nin sequera se baralla esa posibilidade. Que quede ben claro que o cole non pecha, nin se fusiona, nin nada similar.
O curso que ven estaremos traballando arreo nos Casais, porque estas cousas fánnos aínda máis fortes. Somos un cole exemplar, con unhas instalacións estupendas, un profesorado implicado, con vocación pola súa profesión, sempre avogando polas últimas tecnoloxías, pola calidade da educación e por unha comunidade educativa sana.

Familias, a resposta xa a temos, se alguén vos pregunta:
¡¡¡O CEIP Plurilingüe Os Casais non pecha!!!


viernes, 28 de abril de 2017

MAOIS E FERROL EN FRORES

Ola familias,
 este ano có gallo dos Maios cambiamos o lugar en onde confeccionar as alfombras e o maio. O motivo é porque participaremos no "Ferrol en Frores", así que o maio que se fai no cole o levaremos o día seguinte a Ferrol.
A data para celebralo no cole será o xoves día 4 de Maio. Coma sempre, os que poidades, achegade ó cole, ou mandade polos nenos frores, verde, pousos de café, etc, como se fai habitualmente.
A asociación Aetna colaborará como todos os anos, organizando a actividade e facendo a merenda ó remate.
As familias estades todas convidadas a acompañarnos a partir das 10:00.
Ó día seguinte os nenos irán a Ferrol a celebrar o Ferrol en Frores. Os alumnos de 1º subirán ó escenario a cantar unha canción conmemorativa dos Maios que teñen preparada.
Despois desfrutarán das actuacións de Teatro Gazafelhos e do grupo de música Uxía Lambona e a banda molona.
Este día deberán traer un gorro decorado con frores para levar a Ferrol.
Animádevos a vir!!!



miércoles, 22 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA XOVES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o xoves...

"Non te rompas máis a testa, ponte algo na cabeza!"



martes, 21 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MÉRCORES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o mércores...

"Ponte algo divertido nos pés e xa verás que pinta tés!!!"


lunes, 20 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MARTES

Ola familias,
 A meca Faneca dí que o martes...

"Se a túa cara decoras, xa verás tí como molas!!!"


viernes, 17 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA LUNS

Ola familias,
 como este ano o entroido vai de Arte presentámosvos á meca Faneca, unha menina galega ¡en toda regra!
Cada día mandará unha cousa para engadir ó dos días anteriores. Ímos vir de un guapo...

A meca Faneca dí que o luns...


"Algo na cintura traerás e un artista serás"