martes, 28 de febrero de 2017

viernes, 24 de febrero de 2017

O ENTROIDO NO COLE

Ola familias,
 hoxe estivemos de festa, de festa do entroido, na que fixemos unha boa entroidada.
O tema de este ano era o Arte, e non podíamos deixar pasar a oportunidade de mostrar no "Museo das Artes Os Casais" a cantidade e calidade que artistas que aquí temos: pintores, compositores, directores de cine, bailarinas, etc...ademáis das máis preciadas obras de arte.
Velaquí unha pequena mostra:







Temos que dar grazas ós profes, por ser tan guais e festeiros.

Tivemos a actuación dun artista dende os pés á cabeza,Cé (César) Orquestra Pantasma, que nos fixo bailar e cantar coma nunca, pasámolo xenial con él.

A continuación desfile e actuación da canción do entroido "Os artistas" e queimamos á Meca Faneca, que algún que outro a quería indultar.





Cando rematamos, tiñamos tanta fame que marchamos correndo a merendar. Unha merenda do máis entroida, grazas a todas as familias que cociñaron doces típicos ricos, ricos, ricos.

Pásamolo guai del paraguai. Agora toca descansar ata o xoves 2 que voltamos ás clases.

Agradecervos a todos que nos acompañárades nesta mañá, dá gusto ver o cole cheo de xente!. Grazas a todos os que botáchedes unha man dun xeito ou outro, a Pili coa súa cámara en má, a Fátima que nos levou á cociña económica as merendas que sobraron, a Maru, por axudarnos a vestir a Meca, a Jorge o noso carpinteiro particular, debémosche un flan ou dous!

Feliz entroido, artistas!!!!

jueves, 23 de febrero de 2017

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias, 
recordade que o venres 24 celebramos o entroido no cole e temos redución horaria, entramos ás 10:00h e saímos á 13:00h.
Ás 10:00h os nenos irán ás clases e ás 10:30 dará comenzo a actuación de Cé o home orquestra.
Estades todos convidados a desfrutar da actuación, que terá lugar no "Museo das Artes Os Casais"
Ás 11:30h farase o desfile e no seu remate queimarase a Meca Faneca.
Logo merendaremos todos xuntos doces típicos do entroido.

Non faltedes!!

Anímadevos a vir disfrazados vós tamén. O tema é a Arte, hai mil posibilidades: cine, teatro, música, danza, pintura, escultura....

miércoles, 22 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA XOVES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o xoves...

"Non te rompas máis a testa, ponte algo na cabeza!"



martes, 21 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MÉRCORES

Ola familias,
 A Meca Faneca dí que o mércores...

"Ponte algo divertido nos pés e xa verás que pinta tés!!!"


lunes, 20 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA MARTES

Ola familias,
 A meca Faneca dí que o martes...

"Se a túa cara decoras, xa verás tí como molas!!!"


viernes, 17 de febrero de 2017

MANDADO DA MECA FANECA PARA LUNS

Ola familias,
 como este ano o entroido vai de Arte presentámosvos á meca Faneca, unha menina galega ¡en toda regra!
Cada día mandará unha cousa para engadir ó dos días anteriores. Ímos vir de un guapo...

A meca Faneca dí que o luns...


"Algo na cintura traerás e un artista serás"

miércoles, 15 de febrero de 2017

MOBILIZACIÓNS ENSINO XOVES 16 DE FEBREIRO E 9 DE MARZO

Ola familias,
 achegámosvos información sobre as mobilizacións do ensino previstas para os próximos días, así no la fai chegar a Federación de Anpas:

XOVES
16 DE FEBREIRO 2017
•  Folga no ENSINO SECUNDARIO e UNIVERSITARIO.
•  Contra a LOMCE, os recortes na educación e os pactos educativos fraudulentos.
•  Convoca: Sindicato Estudiantil ERGUER e Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
•  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
•  CONCENTRACIÓN ás 19.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
XOVES
9 DE MARZO 2017
•  Folga xeral (familias, alumnado e profesorado, personal dos centros educativos) no ensino (TODOS OS NIVEIS).
•  Contra a LOMCE, o Decreto 3+2 e os recortes en educación.
•  Convoca: Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público.
•  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)


FEANPAS apoia todas as mobilizacións e convídavos a secundalas e a participar nos actos previstos para berrar en prol dun ensino público de calidade.

sábado, 11 de febrero de 2017

OS VÍDEOS DO NOSO COLE

Ola a tod@s,
falta moi pouquiño para que comence o prazo de matrículas do vindeiro curso.
Este ano fixemos un vídeo de presentación do noso cole. É moi complicado resumir e poder mostrar todo o que temos e facemos, pero intentámolo deste xeito. Sabemos que botaredes cousas en falta, pero aí vai unha pequena mostra. Esperamos que vos guste e que lles guste ó resto de familias.
Animádevos a visitar Os Casais, un cole ben chulo con xentiña do mellor!!! 

Pinchade nos seguintes enlaces para ver o vídeo que máis vos interese.