Mostrando entradas con la etiqueta OFERTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OFERTAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2019

CAMPUS DE VERÁN: DIVÍRTETE EN INGLÉS

Ola familias,
 como ben sabedes os nenos de 6º EP este curso participaron na actividade de inmersión lingüística "English week" que oferta a Xunta de Galicia. Debido á nosa participación, a empresa Play & Say, que se encarga de desempeñar esta actividade, púxose en contacto con nós para facer un campus de verán no noso cole.
Despois de solicitar a colaboración do concello e do cole, decidimos que a idea é estupenda e propuxémonos levala adiante.
Queremos informar que esta actividade está aberta a tódol@s nen@s, sexan ou non alumnos do noso centro, así que vos pregamos que difundades esta info a quen poida estar interesad@.
O noso obxectivo, ademáis de axudar a conciliar a vida laboral e familiar e de fomentar o uso da lingua inglesa é dar a coñecer o noso cole, as nosas instalacións, aproveitando que están nun entorno natural inmellorable.
Estamos seguros de que vai ser unha boa experiencia para quen queira compartir con nós eses días.
Animádevos!!!!


Para ver o folleto en pdf. preme no seguinte enlace: Ver folleto en .pdf

Tedes máis información na web de Play & Say: https://playandsay.org/divirtete-en-ingles-fene-veran19/
Neste mesmo enlace podedes facer a inscripción.


jueves, 25 de enero de 2018

CHARLA ILP BOSQUE ATLÁNTICO

Ola familas,
 a Plataforma Vilar do Colo achéganos a seguinte información a quen poida interesar. Solicitamos dende o cole os pregos para a recollida de firmas:


No nome dos preto de 60 colectivos e entidades que formamos parte de "Cousa de Raíces", unha campaña aberta a todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar no obxectivo común de defender o noso bosque, envío o texto da Iniciativa Lexislativa Popular que vai levar ao Parlamento Galego unha "Proposición de Lei para a Conservación e Mellora do Bosque autóctono, a Racionalización da Xestión do Monte e a Loita contra os incendios forestais", para se o tedes a ben, os coñezades e lles dedes a máxima difusión posíbel, pois pensamos que neste intre é preciso dar o debate tanto social como institucional sobre o noso monte, tanto para ordenalo, aproveitar todas as súas potencialidades como creador de benestar e riqueza, así como acabar co perigo para os bens e persoas que supoñen os lumes forestais.

Para poder presentar esta Proposición de Lei, é preciso que seña asinada por un mínimo de 10.000 persoas con dereito a voto en Galicia, cifra que estamos seguros de superar con moito coa colaboración de todos e todas vos, tendo como un dos obxectivos da campaña, que sexa esta a ILP que mais sinaturas recolla de todas as presentadas ate hoxe, para o cal, póñemonos tanto Cousa de Raíces como as entidades que a compoñemos como eu no seu nome á vosa disposición tanto para recoller a vosa sinatura como para facilitarvos pregos de recollida se desexades participar na campaña.

Asimesmo convidarvos a asistir aos actos que temos programados ata o de agora para presentar esta ILP, e que terán lugar:

• O vindeiro venres 26 de xaneiro no local do Antigo Hospicio de Ferrol ( Rúa Méndez Núñez 11 ) ás 19:30 horas.
• O venres 16 de febreiro na Casa da Xuventude de San Sadurniño (Concello vello ) ás 20:00 horas.
Nos dous actos intervirá Fins Eirexas, membro da Comisión Promotora da ILP, que explicará as razóns para presentar esta Proposición de Lei, así como as propostas que nela se contemplan.

Para máis información premede nos seguintes enlaces:





viernes, 12 de enero de 2018

CONCERTO IRÍA QUINTÍA. GUITARRA CLÁSICA NA CASA DA CULTURA DE FENE

Ola familias,

 A Concellería de Cultura INFORMA, para o seu coñecemento, que o venres 12 de xaneiro, ás 19:00 horas terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene un concerto de guitarra clásica a cargo de Iria Quintía. O Concello de Fene colabora, cedendo o local, para este recital no que a intérprete fenesa realizará un percorrido musical dende o período clásico até o actual. Así, escoitaranse pezas de Fernando Sor, Johann Kaspar Mertz, Manuel Ponce, Dusan Bogdanovic, etc.




Iria Quintía comeza a tocar a guitarra á idade de 9 anos en varios centros de Madrid e finaliza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol coa profesora Águeda Gutiérrez, acadando o premio de fin de grao. Posteriormente realiza os estudos superiores no CSM de Vigo coa profesora e guitarrista Margarita Escarpa.


Na actualidade está a ampliar os seus estudos en L’Academie Superier de Musique de Strasbourg-HEAR, en Francia, recibindo clases dos compoñentes do Duo Melis, Susana Prieto e Alexis Muzurakis.

martes, 9 de enero de 2018

CAMPAÑA DE INVERNO DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2018


Ola familias,

 o Concello de Fene vai participar na “Campaña de Inverno 2018” organizada pola Deputación da Coruña na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) e destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.


A quenda que lle corresponde aos rapaces e rapazas do Concello de Fene é a terceira: do 23 ao 26 de febreiro de 2018.

Os participantes disfrutarán de catro días na estación invernal, cun paquete completo de actividades, cursiños de esquí, aloxamento e manutención no complexo de Manzaneda. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola mañán e a saída o luns, despois de xantar.

A Deputación responsabilizarase do transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 € (oitenta e cinco euros).



Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais de Cultura e Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). A data límite para realizar esta preinscrición é o 16 de xaneiro de 2018.

O Concello de Fene ten adxudicadas 8 prazas, polo que no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria de Concello para adxudicalas.

TERÁN PREFERENCIA OS/AS RAPACES/ZAS QUE NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN.

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66, aínda que as cuestións organizativas da Campaña dependen directamente do Gabinete de Deportes da Deputación, polo que dende o Concello poderase dar a información que vaia facilitando a Deputación.



lunes, 19 de junio de 2017

CAMPAMENTO "O TESOURO DE CAAMOUCO"

Ola familias,
 a quen lle poida interesar, campamento preto da casa, en Caamouco.

A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrará campamentos infantís durante este verán. A Sociedade apostou por un programa de actividades plural, no que a natureza, a tecnoloxía, o deporte e a creatividade son os protagonistas.

Baixo o título O tesouro de Caamouco, o campamento ofrecerá durante cinco semanas iniciativas moi atractivas. Entre as máis curiosas, salientan os experimentos científicos e actividades tecnolóxicas como robótica, programación de videoxogos, deseño e impresión 3D ou o uso de drons na propia horta da Tenencia. Segundo explican os monitores do proxecto, a filosofía do campamento baséase na "aprendizaxe significativa", isto é, aprender xogando, explorando e compartindo.

As inscricións poden realizarse en persoa (no local de Espacio Vivo -na rúa da Terra de Ferrol- e os días 18 e 25 de xuño de 11.00 a 12.00 horas no centro social da Tenencia) ou a través dos teléfonos 981 94 49 12 ou 608 06 52 76. O campamento comezará o 26 de xuño e finalizará o 31 de xullo.

✅ Horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres.

✅ Servizo de madrugadores a partir das 08:30 horas da mañá (previo aviso e sen custo adicional) 

✅ Tarifas: cada semana 50 € / As cinco semanas: 200 €


✅ Grupos reducidos: 8-10 participantes

✅ Peques: de 3 a 6 anos

✅ Maiores: de 7 a 12/13 anos


martes, 13 de junio de 2017

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES

Ola familias,
 achegan esto do concello a quen lle poida interesar.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PERSOAL PARA MULLERES


A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.   

Nesta campaña, a Deputación levará a cabo medidas e actuacións de diversa índole nos Concellos da provincia para realizar un abordaxe integral da violencia de xénero. Entre os obxectivos desta campaña está o de dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.

Con esta actividade queremos xerar un espazo que permita ás mulleres de Fene identificar as agresións analizando a súa orixe, proprcionándolles habilidades e coñecementos para dar resposta ás agresións que por razón de xénero poden encontrar na súa vida cotiá de xeito contundente.

Resulta fundamental dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físico como psicolóxicos fronte a  un posible agresor, de xeito que  a través das técnicas aprendidas podan saír ilesas dunha situación de agresión.

OBXECTIVOS:

         Analizar os porqués da violencia sexista, que é o maior dos problemas no acceso aos dereitos das mulleres como cidadás.
         Dotar as mulleres dos mecanismos precisos para responder e resolver as situacións de agresión.
         Reforzar a autoconfianza na muller con diversas técnicas que se porán en xogo nunha situación de perigo ou ameaza.
         Concienciar ás mulleres sobre os seus dereitos e capacidades fomentando a confianza e a seguridade mediante a eliminación dos estereotipos sobre a debilidade física feminina.

Este obradoiro presentará unha dinámica totalmente participativa na que se articularán dúas grandes áreas de traballo:

         Parte Teórica: Promoveránse técnicas de grupo, debates
         Parte Práctica: Traballaránse aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

A actividade será impartida por un/ha axente de igualdade e un especialista en defensa persoal.

DATA: 15 DE XUÑO DE 2017
HORARIO: DE 18:00 H. A 20:30 H.
LUGAR: CENTRO MUNCIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - Av. do Mar, Bloque 1-Baixo – San Valentín.
Responsable Técnica da actividade: Eva Sayago Martínez – Psicóloga Municipal.

PRAZAS LIMITADAS (15) – ASIGNACIÓN POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

ACTIVIDADE DE BALDE, SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE
A CORUÑA

MÁIS INFORMACIÓN:  Centro Muncipal de Servizos Sociais – Tf: 981 342607 e 981 492706   

jueves, 8 de junio de 2017

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Ola familias,
 como non se xuntou xente suficiente para facer no cole o obradoiro de Alimentación saudable que nos ofreceu o concello, farase no Pote os martes 13 e 20 de xuño, en horario de 18:30 a 20:00h.

Animádevos a participar!!!


martes, 30 de mayo de 2017

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ola familias,

O Concello de Fene contará con 5 prazas no “Programa Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). 

Este campamento está destinado a rapaces e rapazas de, entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente 2017 e ten unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, tenis, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile, etc 

A quenda que lle corresponde a Fene é a primeira: do 19 ao 25 de agosto de 2017 (incorporación o sábado, día 19, de 18:00 a 19:00 horas e saída tralo almorzo e xornada de clausura do venres, día 25). 

A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, estancia, manutención, transporte interno para realizar as actividades programadas, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. 

O transporte tanto de ida como de volta dende Fene ata o Centro Residencial Docente da Coruña, non está incluído, polo que irá por conta dos/as participantes. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 €. (oitenta e cinco euros), que se ingresarán unha vez que o /a interesado/a obteña a praza. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). Xunto coa preinscrición deberán achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene con data anterior ao 30 de maio. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (5) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 

A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 17 de xuño de 2017.

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66, aínda que as cuestións organizativas  da Campaña dependen directamente do Gabinete de Deportes da Deputación, polo que poderemos  dar a información que nos vaia facilitando a Deputación. 


jueves, 11 de mayo de 2017

PLANO DISTRIBUCIÓN INVASION DAY 13 DE MAIO FERROL

Ola familias,

 como publicábamos días atrás, este sábado no Centro Comercial Aberto da Magdalena en Ferrol celebraráse unha feira na rúa, na que poderemos desfrutar da última tecnoloxía (Robótica, Impresión 3D, Minecraft, Programación, Espazo Makers, Carreiras de drons...) de mans dos nosos compañeiros de Espacio Vivo. 
Recordamos horario: de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h
Aquí tedes o plano de situación das diferentes mostras:




viernes, 5 de mayo de 2017

INVASION DAY 13 DE MAIO FERROL

Ola familias,
 pásannos a seguinte información, a quen lle poida interesar.
O sábado 13 de Maio, no Centro Comercial Aberto da Magdalena celebrarase unha feira nas rúas peatonais (rúa Real, Dolores, María...) na que se poderá desfrutar da última tecnoloxía (Robótica, Impresión 3D, Minecraft, Programación, Espazo Makers, Carreiras de drons...) de mans dos nosos compañeiros de Espacio Vivo.
Esto será a partir das 11:00h ata as 14:00h e continuará pola tarde a partir das 17:00h.
Achegádevos!!

jueves, 20 de abril de 2017

OFERTA ALARMA PROSEGUR

Ola familias,
 a empresa de alarmas Prosegur está a facer unha oferta para as familias. Os interesados na oferta tedes que poñervos en contacto con:
Miguel Ángel Veiga Fernández
Asesor de Seguridad Prosegur Alarmas
Tlf: 618402136
Mail: miguel-angel.veiga@prosegur.com

Premede aquí para ver toda a información: Info oferta alarma Prosegur


lunes, 17 de abril de 2017

"LIBROS PARA SERMOS LIBRES"

Ola familias, 
 dende o concello convídannos ó seguinte:
O Alcalde de Fene e o Concelleiro de Cultura



Saúdan



E comprácense en convidalo/a a participar na campaña “Libros para sermos libres” promovida pola Deputación da Coruña, coa colaboración do noso Concello, para conmemorar o “Día do Libro”.

O eixe central da campaña consiste en agasallar, de forma simultánea, á veciñanza de 30 concellos da provincia cun fondo de 150 libros por concello que achega á Deputación, fondo que o noso Concello completará con agasallo doutros 150 libros procedentes dos nosos depósitos bibliográficos.

O agasallo dos libros terá lugar o vindeiro sábado, 22 de abril, de 12:00 a 13:00 h en dous puntos: a Praza Verde de Perlío (se chove, no local da A.VV de Perlío) e na Biblioteca Municipal “Xosé María Pérez Parallé”.


Juventino J. Trigo Rey e Justo Martínez Ardá

miércoles, 11 de enero de 2017

CAMPAÑA DE ESQUÍ DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2017

Ola familias,
dende o concello achégannos esta información para informar a quen lle poida interesar.

O Concello de Fene contará con 8 prazas na “Campaña de esquí 2017” da Deputación da Coruña, que se realizará na estación invernal de Leitariegos, e está destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006. 
A quenda que lle corresponde ao Concello de Fene é a segunda: do 5 ao 10 de marzo de 2017. 
Os participantes disfrutarán de cinco días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de Leitariegos. 
A Deputación responsabilizarase do transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias. 
Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 € (noventa e cinco euros). 
Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene). 
Como novidade, este ano terán preferencia os rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación. 
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (8) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas. 
A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 23 de xaneiro de 2016.



sábado, 8 de octubre de 2016

DESCUBRO COMO APRENDO

Servicios sociais do concello proponnos a seguinte actividade para este trimestre. É unha actividade totalmente gratuíta. Os interesados poden cubrir o botelín de inscrición e entregalo no cole ata o xoves 13 de outubro.
A actividade comenzaría nos Casais o mércores 19 de outubro e remataría o mércores 7 de decembro (son 8 sesións) en horario de 17:15 a 18:15h.
Animádevos!!!



jueves, 29 de septiembre de 2016

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Ola familias,
amplíase o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o próximo 6 de Outubro, incluído.
Aquí tedes o enlace á páxina do ministerio:
Ministerio educación/axudas necesidades específicas


lunes, 26 de septiembre de 2016

sábado, 24 de septiembre de 2016

jueves, 22 de septiembre de 2016

EMBUDOS RECICLAXE ACEITE MULLERES COLLEITEIRAS

Ola familias,
chegaron ó cole os embudos para a recollida do aceite usado das "Mulleres Colleiteiras".
Quen queira que pase por o cole a recollelo.
Animádevos, é unha boa causa.


martes, 13 de septiembre de 2016

REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR GRATUÍTO

Ola familias, 
achégannos esto ó cole:

Dende fai dous anos a residencia Mi Casa de Ferrol reparte material escolar para nenos e nenas na zona de Ferrol e arredores.
Dado o éxito e a gratificación que supón pra nós facer este esforzo, queremos que este ano, os nenos e nenas do noso entorno podan comezar o curso co material que precisan.Despois de contactar con cada un dos Centros xunto remito a información que pode resultar de interese para aqueles nenos ou nenas, que estén en idade escolar, e que por dificultades económicas non podan adquirir o material escolar para este curso académico 2016-2017.

Dende o  1 de Agosto ata o 1 de outubro todas as persoas que estén
interesadas deberán facernos chegar, ben persoalmente ou a través do e-mail
a seguinte documentación:

-          Informe dos Servizos Sociais ou certificado do INEM, se recibe
prestación ou subsidio.

-          Fotocopia do Libro de Familia

-          Listado do material escolar que precisa.

O lugar de entrega da documentación mencionada anteriormente é, coa respectiva dirección de correo electrónico:

1.       Residencia Mi Casa Ferrol.
Tlfno: 981.353.999
E-mail: residenciaferrol@gmail.co

Unha vez recibida a documentación procederemos a elaborar os lotes de material que precisa cada beneficiario (sempre o facemos adaptado á súa idade, sexo e o listado de material que lles solicitan no Colexio ou Instituto).


lunes, 23 de mayo de 2016