Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS ANPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS ANPA. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2024

Entroido 2024. Don Pachorro.

Boas familias!

Por fin chegou o Entroido!!!

...semellaba que aínda faltaba tempo para os mandadiños do Meco pero non, xa temos que ir preparándonos para o luns levar as uñas pintadas de cores a semellanza do arco da vella

Por certo, ante a temática deportiva escollida polas crianzas do cole, houbo que darlle volta ao maxín e dende a ANPA decidimos finalmente presentarvos a: ❞𝗗𝗼𝗻 𝗣𝗮𝗰𝗵𝗼𝗿𝗿𝗼❞. El, a verdade que o intenta a nivel estilístico a lo menos, xa o vedes, pero non da arrincado do sofá para tentar ter unha vida activa e deportiva. O sedentarismo e a glotonería pésanlle máis que estar saludable (ata carie ten Don Pachorro. Terrible!) así que ante a falta de exemplo para as nosas crianzas, atopamos que debía converterse no Meco deste ano no CEIP Plurilingüe Os Casais, e ser queimado sen miramentos o vindeiro venres.

Grazas coma sempre a todas las familias que aportaron: mans traballadoras, saber facer e humor en cantidade, para crear en tempo récord a "Don Pachorro, non sen algunhas dificultades que quedarán para sempre na nosa memoria, e pola súa cara, tamén na memoria do propio "Don Pachorro" (non deixedes de mirar a ultima foto. A súa cara mentres o preparábamos é todo un poema)




p'


😁

                                    A desfrutar moito!

domingo, 24 de diciembre de 2023

Festa!!!

Boas, familias!

Rematou o primeiro trimestre e fixémolo como ven sendo habitual organizando unha chocolata para a rapazada.

A decoración correu a cargo das maniñas xenerosas dalgunhas familias. De novo, grazas!

 

Estendemos os agradecementos ao Concello de Fene, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, polas diversas axudas económicas que permiten ter momentos de xuntanza e celebración entre as familias do cole.

Por último, felicitar as festas a todas as persoas que conforman a comunidade do CEIP Os Casais. 

Boas festas! 

Vémonos á volta.

 




jueves, 26 de diciembre de 2019

ALMORZO CON PAPÁ NOEL

Ola familias,
 o pasado venres foi unha mañá a tope no cole. Chea de emocións, nervios, impaciencia, sorpresas, agasallos, satisfación...
Almorzamos todos xuntos un rico almorzo. Temos que agradecer a Leite Celta, que sempre está disposta a colaborar con nós. 


E chegou Papá Noel para acompañarnos e traernos unha morea de agasallos. Houbo sorpresas e ata emocións. 
Papá Noel tivo que seguir o seu camiño, pero nós non perdemolo tempo. Teatro Calavera representounos Onde está Larry? un conto no que todos participamos e pasamos moooi ben. Esta actuación estivo subvencionada pola Rede Cultural da Deputación de A Coruña.




A continuación as nosas familias acompañáronnos no festival de inverno.
Que pasedes bo nadal e non perdades nunca a ilusión!!!
Vémonos o ano que ven.




jueves, 6 de junio de 2019

EXHIBICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLES

Ola familias,
 tal e como indicou dirección, mañá, venres 7 de Xuño, a continuación da feira de Piteas que van facer os nenos para mostrarnos os seus proxectos, teremos a exhibición das actividades extraescoles deste curso que xa remataron.
Esto será aí polas 12:30h. Actuarán os alumnos de teatro, baile e patinaxe.

Agardávosmos!!!



lunes, 4 de marzo de 2019

FESTA DO ENTROIDO

Ola familias,
 o pasado venres foi día de festa. Pero de festa, festa. Como nos gusta esto de entroidar!!!
Foi un día especial, cheo de súper poderes de todo tipo: súper heroes, súper heroínas, súper radiactive teacher, súper galegas, súper tablas, súper mascotas, súper avoa, súper pipi....podería estar a escribir 1000 liñas para poñelos a tod@s.

Pasámolo xenial con Pakolas (Paco Cerdeira) que nos agasallou có rock máis súper rockeiro de tódolos rockeiros. Eres xenial, Paco.




Saímos a facer o desfile e a queima do meco, que este ano, como houbo indulto para Súper Mica e Rato Gordecho, queimamos ó Súper Villano do Xadrez que atopamos agochado o xoves no cole.



E despois de tanta leria tiñamos fame e...a papar a Súper Merenda de doces típicos do entroido. Grazas ás familias por facernos eses doces taaaannn ricos. 
Os doces que sobraron foron levados á Cociña Económica de Ferrol. Grazas a Felipe e Fátima por levalos.

Grazas a todos por acompañarnos nese día. Encántanos que veñades e desfrutedes con nós.
Unha súper aperta e ata a próxima.

 Entroidade moito nas mini-vacacións!!!

jueves, 1 de noviembre de 2018

FESTA MAGOSTO-SAMAÍN

Ola familias,
 que día máis intenso o de onte!!! Desfrutar, non o poidemos desfrutar máis. Cantas cousas fixemos!
Obradoiro de bolsocabaza para levar as castañas:
O esconxuro terrorífico:
Teatro, coa obra "A meiga no palleiro do galo Castiñeiro" de Tí e Máis Eu Teatro, coa que poidemos aprender taantas cousas do magosto. Son xente do mellor, grandes artistas e grandes persoas:

 Esta vez os agradecementos son longos. Agradecer a Moi, Manu, Eulo e Quique o seu esforzo e a súa disposición para traernos ata o cole esta tremendíssssssima cabaza...
...cabaza que nos prestou o noso veciño de Maniños, César.
A outro veciño, Avelino, por darnos as canas do millo para a nosa palleira, á granxa da Pedreira, por prestarnos as alpacas de palla, a Begoña por darnos esas cabaciñas tan lindas, a os papis e mamis que nos picaron as castañas (Ana, Obdu, Berta, Jero, Iria, Carmen e Laura, perdoade si nos queda alguén), á Panadería "El Cruce" de Maniños, por asárnolas ano tras ano, a Pili, por sacarnos sempre un montón de fotos para poder compartir con vós e á outra Pili tamén, por non anoxarse con nós por poñer o chan perdido (querémola moito) e como non, a todos e todas vós (familia, amigos, veciños...) que nos regaláchedes o voso tempo e a vosa compaña neste día tan especial, encántanos que veña moita xente e que o pasemos tan ben. Mil grazas, de corazón, estamos mooooi fachendosas do gran equipo que formamos.
GRAZAS!!!!





domingo, 28 de octubre de 2018

MÉRCORES 31, MAGOSTO

Ola familias,
 recordade que este mércores, 31 de Outubro celebraremos o magosto/samaín no cole.
A primeira hora teremos o obradoiro de bolsiños para as castañas e a continuación o conxuro cós profes.
A partir das 11:30h poderedes acompañarnos e xuntos desfrutaremos da obra de teatro "A meiga no palleiro do galo castiñeiro" do grupo Tí e Máis Eu Teatro.
Como xa informou dirección, os nenos deberán traer unha presiña de grans de millo e unha poliña pequena de calquera árbore, para participar na obra de teatro.
Despois desfrutaremos da merenda merendola e das castañas.
Agardámosvos, non faltedes!!!

miércoles, 20 de junio de 2018

FESTA FIN DE CURSO 2018

Ola familias,
 hoxe desfrutamos dunha festa....pero dunha festa das máis guais, guais.
O día non poido estar mellor, soliño e calor que aproveitamos para refrescarnos no inchable acuático, despois de haber feito a nosa parte de exercicio no asalto á xungla, un inchable no que tivemos que sortear obstáculos e escalar para chegar ó final. A escuma encheu a nosa pista de ilusión e diversión.
E como todo isto dá mooooita fame....merendola do mellor grazas a todos os nosos colaboradores, a todos, que aportaron de algún xeito o seu gran para facer deste día un día especial. Estes son:
O Concello de Fene, Mesón O Cazador (Limodre), Patacas Fritidas A Casa Vella, Meigas Fóra (Polígono Vilar do Colo), Cantina O Pote (Maniños), Pura tenda (Maniños), Panadería El Cruce (Maniños), Panadería JCastro (Neda), Cafetería Bombay (Fene), Gadis, Eroski Fene, Leite Celta e Copistería Rofer (Perlío).
Grazas a todos os que viñéchedes hasta aquí, fainos moita ilusión que nos acompañedes.

Bo verán e felices vacacións!!! Vémonos axiña.




martes, 19 de junio de 2018

PROGRAMA FESTA FIN DE CURSO 2018

Ola familias,
 recordade que mañá, Mércoles 20 de Xuño, teremos festa no noso cole para celebrar o remate de curso. 
A partir das 9:30 comenzará a funcionar o inchable seco ata as 11:30h. De 11:30h a 13:30h, para refrescarse inchable acuático e festa da escuma. Merenda a media mañá para tod@s.
Estades convidad@s a acompañarnos.
Parece que vai quentar o sol, así que recordade botar protector solar, traer bañador, toalla, chanclas, gafas para a escuma (non é imprescindible) e calcetíns para o inchable seco. E si queredes muda para cambiarse.
Esperamos pasalo de marabilla e que vos acheguedes a compartir eses momentos con nós.
Vémonos mañá. Festaaa!!!


domingo, 10 de junio de 2018

EXHIBICIÓN FIN DE CURSO EXTRAESCOLARES

Ola familias,
 o pasado xoves fixemos unha pequena mostra do que aprendimos durante o curso nas actividades extraescolares.
Grazas a todos os que vos acercáchedes ó cole para pasar ese ratiño con nós, por acompañarnos e animarnos, por compartir cós peques o voso tempo.
Bailamos, representamos, deixamos voar a nosa imaxinación inventando algo para salvar o mundo e patinamos como profesionais.
Grazas a os nosos monitores, María, Óscar e Pablo, por aprendernos tanto e ser tan guais. Agora toca desfrutar do verán, pero axiña nos vemos en Outubro.






viernes, 9 de febrero de 2018

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias,
 hoxe foi un día de festa no noso cole. Un día de conto, cheo de ilusión. Un día no que o pasamos ben pero que moi ben, trouleando e entroidando a máis non poder.
Xuntáronse Carapuchiñas, a avoa de Carapuchiña, Brancaneves, o Parruliño feo, Alicia, a raíña de corazóns de Alicia, o coello branco de Alicia, Heidi, Gepeto, os Pitufos, a Ratiña Presumida, Cincenta, o Gato con Botas, Robin Hood ... e unha chea de personaxes máis,


 e os nosos profes, David, guapísimo de Campanilla, de Peter Pan, Wendy, dos nenos perdidos, o capitán Garfio, o Sr. Smee...en fin, que foi unha festa moooi chula.
                                 
Para iso, entramos polo burato por onde entrou Alicia no seu pais marabilloso,
e alí atopamos o exército de naipes, ó Gato de Cheshire e a unha Alicia que non sabía qué camiño tiña que seguir.




Desfrutamos das cancións de Chuches Amil, contándonos "Un contó ao revés"
A meteoroloxía tivo un lapsus coa choiva e aproveitamos para facer o desfile e queimar ó Pinocheiro, que finalmente houbo indulto para Pepiño Grilo.


E despois....merendola!!! Grazas ás familias, que colaboráchedes facendo estes doces de Entroido tan ricos!!!


Grazas a todos por vir, por acompañarnos neste día tan divertido. Grazas tamén ós que non poideron estar, pero sabemos que estiveron có seu pensamento. Grazas a Pili, por botarnos unha má e por facernos estas fotos tan chulas.

A desfrutar do entroido. Entroidade moito!!!