Mostrando entradas con la etiqueta FEANPAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FEANPAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de mayo de 2019

REVÁLIDAS 3º E 6º EP CURSO 2018-2019

Ola familias,
 pasamos a información da Federación de Anpas sobre as reválidas deste curso, afectando a 3º e 6º de primaria. 
Nós como Anpa, apoiamos a inciativa de non mandar ós nenos ó cole como rexeitamento destas probas coas que non estamos de acordo.

REXEITAMENTO DAS REVÁLIDAS

Un ano mais as probas de avaliación volven a realizarse nos centros educativos galegos o 28 e 29 de maio. Un ano mais as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS volvemos a rexeitar todas estas probas de avaliación, comunmente chamadas reválidas, sexa en 3ºEP, 6ºEP ou en 4º ESO.
Estamos en contra porque entendemos que non achegan ningún beneficio para a educación dos nosos fillos e fillas, cuestionan innecesariamente a profesionalidade do profesorado ao non validar as súas conclusións logo dun ano de traballo, e someten ao alumnado a unha tensión e nervios innecesarios que interfire no seu proceso formativo ao coincidir de cheo cos exames.
Estamos en contra, porque a súa consolidación implica o risco de perder anos completos de formación se o profesorado se centra na preparación destas probas, tal e como ocorre en 2o de bacharelato que só existe para preparar as ABAU, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.
Con estas probas o que se pretende é ir asentando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación pois non se están a considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas das familias, nin as capacidades e aptitudes do alumnado.
Xa temos ao alumnado facendo exames todo o curso, e sabemos que o sistema educativo non se avalía con dous días de probas mal organizadas. Non é o alumnado a quen hai que avaliar a maiores, máis ben será a Administración Educativa quen precisa dunha fonda avaliación. 
Por todo isto, as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS rexeitamos estas probas de avaliación e animamos ás familias a non mandar aos seus fillos e fillas ó colexio eses días.
Un ano mais volven as probas e un ano mais seguimos rexeitando as probas.

Tedes unha presentación explicativa premendo no seguinte enlace: Presentación reválidas 3º e 6º de EP

miércoles, 6 de marzo de 2019

FOLGA XERAL DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 8 DE MARZO

Ola familias,
 trasladamos a información que nos facilita a federación de anpas.

"Como xa todas/os saberedes a Comisión do 8 M convocou para o vindeiro VENRES DÍA 8 DE MARZO unha "FOLGA XERAL FEMINISTA" que rematará con manifestacións en todas as cidades do Estado, convocatoria de folga e mobilizacións secundada por sindicatos, por algún partidos políticos e por multitude de organizacións sociais.

     Entre as organizacións que secundan esta mobilización, tan importante a prol da necesaria IGUALDADE, está a CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS, Confederación da que a FEANPAS formamos parte dende a súa creación e, polo tanto, dende a FEANPAs queremos trasladar a todas as ANPAS e consecuentemente a todas as familias a importancia da participación activa nesta convocatoria.

     Xuntamos a este escrito TRES documentos (unha convocatoria para as familias, unha solicitude para os Centros educativos e un xustificante xenérico para as familias) que consideramos importante podan ser distribuidos entre as familias e entre os centros educativos."


Premede nos enlaces anteriores para máis información.


sábado, 20 de mayo de 2017

REVÁLIDAS DE 3º e 6º (muestrais)

Ola familias,
 achégannos dende a Federación de Anpas a seguinte información sobre as reválidas de 3º curso de primaria e as muestrais de 6º de primaria.

"A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público elaborou este escrito para que as familias podan manifestar o seu rexeitamento individual ás probas de avaliación nas que han participar as súas fillas e fillos.
Recordade que TODO o alumnado de TERCEIRO de primaria está chamado a facer esta proba e que a CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS e a FEANPAS convocamos ás familias para que os día de reválidas de 3º (30 e 31 de maio) non leven ás suas fillas e fillos á escola como mostra do total rexeitamento a esas probas. Pero ademais desta proba en 3º de primaria que se fai de xeito censual (ou sexa a todo o alumnado), están programadas probas "muestrais" en 6º de primaria e 4º da ESO, probas que se realizarán en CEIP´S e IES dos que non temos información e, polo tanto, non temos posibilidade de falar directamente coas familias afectadas, pero ás que tamén lles recomendamos que non leven ás fillas e fillos ás clases, como mostra do rexeitamento ás probas.
Así mesmo convidamos a todas as familias afectadas, de 3º EP, 6º EP ou 4º da ESO a que asinen de xeito individual este documento e o entreguen á dirección do centro corespondente, como mostra de rexeitamento a estas probas e á LOMCE e ademáis para que non consten os datos das súas fillas ou fillos nas bases de datos destas probas"


Nos próximos días haberá charlas informativas sobre estas probas nos seguintes lugares:

-- FERROL: luns día 22 de maio ás 18:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño, xunto ao Centro Comercial Porta Nova).

-- VALDOVIÑO: mercores día 24 de maio ás 17:30 horas no CPI Atios de Valdoviño, Avenida de San Sadurniño nº 9 de Valdoviño.

-- NARÓN: xoves día 25 (pendentes de confirmar lugar e hora)

Podedes imprimir o papel para firmar o rexeitamento no seguinte enlace: Firmar rexeitamento reválidas

A Anpa facilitará tamén o papel impreso a través dos nenos.







lunes, 6 de marzo de 2017

CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO 9 DE MARZO 2017

Ola familias,
 como anunciamos anteriormente está convocada unha folga xeral no ensino para este xoves 9 de marzo.
A Federación de Anpas de Ferrolterra (Feanpas) da que somos socios, pídenos difundir o escrito que expoñemos a continuación e convídanos a secundar a folga non levando a os nosos fillos o xoves ó cole e parcipar na manifestación, aínda que son conscientes das dificultades que teñen algunhas familias para poder facelo.

Premede no seguinte enlace para ver o escrito: Chamamento á folga 9 de marzo



miércoles, 15 de febrero de 2017

MOBILIZACIÓNS ENSINO XOVES 16 DE FEBREIRO E 9 DE MARZO

Ola familias,
 achegámosvos información sobre as mobilizacións do ensino previstas para os próximos días, así no la fai chegar a Federación de Anpas:

XOVES
16 DE FEBREIRO 2017
  Folga no ENSINO SECUNDARIO e UNIVERSITARIO.
  Contra a LOMCE, os recortes na educación e os pactos educativos fraudulentos.
  Convoca: Sindicato Estudiantil ERGUER e Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
  CONCENTRACIÓN ás 19.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)
XOVES
9 DE MARZO 2017
  Folga xeral (familias, alumnado e profesorado, personal dos centros educativos) no ensino (TODOS OS NIVEIS).
  Contra a LOMCE, o Decreto 3+2 e os recortes en educación.
  Convoca: Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público.
  MANIFESTACIÓN ás 12.00 h., Praza Amada García (Diante do Edificio administrativo da Xunta)


FEANPAS apoia todas as mobilizacións e convídavos a secundalas e a participar nos actos previstos para berrar en prol dun ensino público de calidade.

lunes, 14 de noviembre de 2016

FOLGA XOVES 24 DE NOVEMBRO

Ola familias,

A Federación de Anpas da que somos socios comunícanos:

A Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra acordou manifestar o seu total apoio ás mobilización contra a LOMCE e contra as REVÁLIDAS convocadas para o vindeiro xoves día 24 de novembro.
Consecuentemente acordamos sumarnos aos acordos adoptados pola Confederación ANPAS GALEGAS e facer púbico o comunicado que se xunta, no que se fai unha chamamento a todas as familias con fillas e fillos, tanto na educación primaria como na secundaria, para que o día 24 non asistan ás aulas e secunden a FOLGA convocada polas organizacións estudiantís.
Estamos absolutamente convencidos da oportunidade e a necesidade de organizar unha gran mobilización social que faga entender aos políticos, e concretamente á totalidade do Parlamento Español, que é IMPRESCINDIBLE SUPRIMIR AS REVÁLIDAS E DERROGAR A LOMCE de xeito inmediato. Por outra banda, promesa feita en campaña electoral por todos os partidos políticos excepto o PP, é dicir pola MAIORÍA ABSOLUTA DO PARLAMENTO ESPAÑOL, por iso debemos recordarlles que as promesas electorais fanse para cumplilas, non por pura demagoxia oportunista.
É o momento de parar os graves prexuizos que a peor lei educativa da historia do estado Español xa está a provocar nas nosas fillas e fillos (exclusión social, discriminación, ideoloxización, desmotivación, etc...). por todo iso vos pedimos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima participación nas mobilizacións. recordade que o futuro das nosas fillas e fillos depende de nós e da nosa capacidade de facernos escoitar

ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS!!! DERROGACIÓN DA LOMCE XA!!!!!

Para máis información preme aquí: Participación folga 24 Novembro


viernes, 4 de noviembre de 2016

Comunicado en relación coa "folga de deberes" convocada por CEAPA

Ola familias,

dende a federación de anpas FEANPAS, queren aclararnos en relación coa "folga de deberes escolares" para os fins de semana do mes de novembro, realizada por CEAPA, a Confederación ANPAS GALEGAS, organización na que a FEANPAS está integrada, quere facer público o seguinte comunicado, que hoxe mesmo foi remitido a todos os medios de comunicación.


Dada a clara diferenza de posicionamento coa CEAPA (neste caso concreto e en canto ás formas, non ao fondo) consideramos moi importante que se lle dea a máxima difusión ao comunicado para que as familias poidan ter coñecemento da postura que defendemos en ANPAS GALEGAS e na FEANPAS.

Premede aquí para ler o comunicado: Comunicado "Folga de deberes"

viernes, 21 de octubre de 2016

FOLGA SECUNDARIA MÉRCORES 26 OUTUBRO 2016

Ola familias,
para quen queira informarse sobre a folga convocada o mércores 26 de Outubro.
Como podedes ler a continuación a folga convócaa o Sindicato de Estudantes para secundaria. A Federación de Anpas apoia e convida ás familias a participar na manifestación e na concentración da tarde en Ferrol. No noso cole de primaria haberá clase con normalidade.

A Federación de Anpas (FEANPAS) reuniuse onte  ao respecto das mobilizacións convocadas tanto pola PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO como polo SINDICATO DE ESTUDANTES,  e acordou:

     --- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mercores día 26 de outubro.
     --- CONVOCAR a todas as familias á CONCENTRACIÓN que celebraremos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o mesmo mercores día 26 de outubro ás 19:00 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
     Como xa saberedes este ano remata a implantación da LOMCE no ensino, unha lei neoliberal que entende a educación como un negocio para uns poucos e entre outras moitas perversidades e anti-democráticas (segregación por sexo, liquidación dos consellos escolares, imposición da relixión como materia curricular, invasión de cmpetencias propias das comunidades autónomas, etc...) utiliza as reválidas como medio para clasificar ao alumnado dende edades temperás e impedir á maioria chegar ás universidades
     Neste curso, ademais das reválidas de primaria, se celebrarán as reválidas de 4º da ESO e 2º de Bacharelato e, ademáis, se suprime a selectividade. O curso xa comezou e o Goberno Galego ainda non impartiu instruccións sobre a problemática reválida de 2º de bacharelato, polo que @s alumn@s que pretendan acceder a universidade o próximo curso ainda non teñen nin idea da materia obxecto de exame, nen tipo de exame que terán que superar para acceder á universidade, nin se terán un único exame para todas as universidades ou non. Un absoluto despropósito que produce unha ansiedade terrible no alumnado nun curso trascendental para o seu futuro.

 A FEANPAS loita contra a LOMCE dende que esta perversa lei era un mero proxecto, e continuará loitando ate conseguir a súa completa DERROGACIÓN, non so as revalidas, se non toda a lei.
  NIN LOMCE!!!        NIN REVÁLIDAS!!!

domingo, 11 de octubre de 2015

CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS Inicio do curso escolar

A Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) envíanos o enlace para informarnos do que están a traballar as Anpas Galegas.


La Federación de Anpas de Ferrolterra (FEANPAS) nos envía el enlace para informarnos en lo que están a trabajar las Anpas Gallegas.

jueves, 11 de junio de 2015

Mobilización Luns 15 Xuño. Gratuidade libros de texto

Ola,
publicamos o cartaz para a mobilización programada para o próximo luns, día 15 de xuño ás 20:00 h, fronte ó edificio da Xunta en Ferrol, en prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar.
Animádevos a participar!