Ola familias;
Como xa sabedes, o entroido xa está aquí e con el, a nosa estrea facendo mecos. Velaquí a nosa primeira mostra, a señora malvada Cruela De Vil, unha personaxe que non sería ben recibida no noso colexio, onde somos tan amigos e amigas dos animais. É por iso que nos pareceu unha boa candidata a meca este ano.
Estamos moi contentas co resultado pero sobre todo estamos moi satisfeitas do proceso e da gran implicación que houbo por parte das familias, moitas máis das esperadas. Grazas ao voso apoio e ao feedback recibido, enseguida viñémonos arriba e as ideas empezaron a fluír. Foi precioso gozar do intercambio de ideas e do traballo en equipo aportando cada unha desde a súa dispoñibilidade e desde as súas habiilidades, pero sobre todo con moito respecto e diálogo.
Para nós, foi moi importante o voso apoio, porque canto maior participación haxa, mellor poderemos representarvos. A verdade que esta primeira experiencia foi un comezo marabilloso e esperamos que para vós tamén fose un camiño interesante porque xa quedades fichadas para posteriores líos!!!!