martes, 9 de junio de 2026

 O CEIP Os Casais conta con tres novos espazos construídos e financiados pola ANPA Río de Va grazas a colaboración de todas as familias do noso colexio. Unha horta, un espazo interior reformado para o goce nos días de choiva e un espazo de xogos de equilibrio no bosque...un traballo enorme que deixamos para a nosa rapazada. 







martes, 2 de junio de 2026

 

De novo a rapazada do CEIP Os Casais resultou premiada no IV Concurso Audiovisual "Anpas galegas-somos rurais"!!! Esta vez cun merecido II Premio. Grazas ao inmenso traballo das nais e pais involucrados neste proxecto, somos o CEIP máis laureado nestes galardóns. Podedes ver o proxecto Muiños de Fene en youtube. 



Ligazón para o vídeo: 

youtube.com/watch?v=vzIH19uFHe8

viernes, 15 de mayo de 2026

 





Que estarán argallando as nosas crianzas para o Día das Letras Galegas?? hoxe gran foliada nos Casais. Este é o obradoido sobre Begoña Caamaño que se fixo na nosa ludoteca. Todas estas iniciativas fanse grazas ao traballo de todas e a subvención SI436C Corresponsales que nos permite seguir coa nosa ludoteca.  



lunes, 27 de abril de 2026



Por fin podemos ensinarvos o vídeo da I Feria dos Casais que eu creo que nos quedou moi xeitoso. Moitas grazas a todas e todos polo enorme traballo realizado.






 

sábado, 25 de abril de 2026

 O Diario de Ferrol publica estes días unha nova sobre a participación, un ano máis, da Ampa Río de Va no concurso Somos Rurais. Aquí tedes o enlace á nova pero tamén ao vídeo feito polas rapazas e rapaces do CEIP Os Casais. A labor destas familias implicadas na procura, selección e grabación do proxecto reloce en cada imaxe. Queremos ser gañadoras por terceira vez do concurso pero seguimos pensando que mais co galardón é importante o camiño percorrido polas crianzas. Esta é de novo unha mostra do que é quen de facer un cole máis pequeno, CEIP Os Casais de Fene e a súa comunidade. 

https://diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrolterra/fene/2026-04-23/o-video-do-ceip-os-casais-loita-por-outro-premio-mais-somos-rural-protagonizado-por-fene-851091.html

https://www.youtube.com/watch?v=vzIH19uFHe8

jueves, 12 de marzo de 2026

 FOMOS DE FEIRA E CANTO NOS GUSTOU! Levou moito traballo pero que ben saiu a I Feira dos Casais. Aquí deixo algúns vídeos do traballo feito, pero haberá máis!









lunes, 2 de marzo de 2026

 Xa están os carteis da Feira dos Casais en moitos lugares!! Grazas a todos os establecementos pola axuda!!! Non o esquezades, de 10 a 14 o domingo 8 de marzo estaremos no Círculo Cultural de Perlío