sábado, 21 de febrero de 2026

 O luns 23 de febreiro é a Xornada de Portas Abertas no CEIP Os Casais para os nenos e nenas que veñan compartir a súa etapa educativa connosco. A partir das 17:30 esperámosvos!! Tamén tedes aquí as datas para facer a prematrícula, os prazos son importantes!! Non o esquezades




Mais información do Ceip na súa páxina https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/


 



Os Mecos dos Casais xa están aquí para os mandadiños do entroido. O tema elixido pola rapazada este ano foi personaxes de libros...así que a nosa nena é unha rapaciña feliz, lectora, divertida e a nosa Meca só pensa nas pantallas e está como vedes, moi enfurruñada...Outro ano máis a Ampa Río de Va, grazas á colaboración do Concello de Fene e os cartiños da subvención Concorrencia puido levar a cabo o entroido