lunes, 27 de abril de 2026



Por fin podemos ensinarvos o vídeo da I Feria dos Casais que eu creo que nos quedou moi xeitoso. Moitas grazas a todas e todos polo enorme traballo realizado.






 

sábado, 25 de abril de 2026

 O Diario de Ferrol publica estes días unha nova sobre a participación, un ano máis, da Ampa Río de Va no concurso Somos Rurais. Aquí tedes o enlace á nova pero tamén ao vídeo feito polas rapazas e rapaces do CEIP Os Casais. A labor destas familias implicadas na procura, selección e grabación do proxecto reloce en cada imaxe. Queremos ser gañadoras por terceira vez do concurso pero seguimos pensando que mais co galardón é importante o camiño percorrido polas crianzas. Esta é de novo unha mostra do que é quen de facer un cole máis pequeno, CEIP Os Casais de Fene e a súa comunidade. 

https://diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrolterra/fene/2026-04-23/o-video-do-ceip-os-casais-loita-por-outro-premio-mais-somos-rural-protagonizado-por-fene-851091.html

https://www.youtube.com/watch?v=vzIH19uFHe8