jueves, 30 de marzo de 2017

OBRADOIRO XOGUETES SONOROS

Ola familias,
 recordarvos que o próximo martes 4 de Abril está programado o obradoiro "Xoguetes Sonoros" (máis información aquí) .
Si hai algún despistado que se queira apuntar aínda está a tempo.
Horario: de 17:00 a 19:00h.
Animádevos!!!


MENÚ COMEDOR MES DE ABRIL 2017

Ola familias,
aquí tedes o menú correspondente ó mes de Abril 2017.

Pinchade no seguinte enlace: Menú comedor Abril 2017

miércoles, 15 de marzo de 2017

OBRADOIRO "XOGUETES SONOROS"

Ola familias,
 para este segundo trimestre propoñemos un obradoiro de "Xoguetes Sonoros". César, o músico que actuou para nós na festa do entroido, aprenderanos a facer artesanalmente pequenos instrumentos musicais a partir de recursos naturais (canas, noces, avelás, ...) e tamén de refugallo (chapas...).
Algúns dos instrumentos a construír son:



MIRLITÓN



 REQUE REQUE


  SISTRO






O obradoiro está dirixido a todos os nenos, infantil e primaria, e será o próximo martes 4 de abril, en horario de 17:00 a 19:00h (2h). O prezo 8€.

Os interesados, cubride a folla que levan os nenos para a casa ou avisade á Anpa.


¡¡Animádevos!! Podemos convertirnos en verdadeiros artistas!!!
     

lunes, 6 de marzo de 2017

CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO 9 DE MARZO 2017

Ola familias,
 como anunciamos anteriormente está convocada unha folga xeral no ensino para este xoves 9 de marzo.
A Federación de Anpas de Ferrolterra (Feanpas) da que somos socios, pídenos difundir o escrito que expoñemos a continuación e convídanos a secundar a folga non levando a os nosos fillos o xoves ó cole e parcipar na manifestación, aínda que son conscientes das dificultades que teñen algunhas familias para poder facelo.

Premede no seguinte enlace para ver o escrito: Chamamento á folga 9 de marzo