O día no poido estar mellor, o tempo acompañou, solazo e día de calor, pero iso dábanos igual, tiñamos auga e máis auga para refrescarnos.
Saltamos, brincamos, caímos e levantámonos.
A Patrulla Canina, a devoción dos pequenos...
E no momento de calorazo...aaauuugaaa!!!
Polo medio para repoñer forzas...merenda merendola:
Pásamolo xenial, pero todo isto non sería posible de non ser polos nosos colaboradores, que temos a inmensa sorte de contar con eles e que sempre responden a nosa chamada.
Algúns repiten, outros son novos, pero a todos queremos darlles a máis grande das GRAZAS.
Grazas ó Concello de Fene e a Protección Civil, ó Meson O Cazador de Limodre, a Gadis, a patatas fritas A Casa Vella do polígono Vilar do Colo, á Panadería J. Castro de Neda, á Panadería El Cruce de Maniños, a Leite Celta de Andrade, a Meigas Fóra do polígono Vilar do Colo, a Eroski, á Cafetería Bombay de Fene, a Bodegas Barral de Barallobre, a Froiz, á Copistería Rofer de Perlío, ó Reiniño de Limodre e a "anónimos" que aínda que non queiran publicidade colaboraron no posible con nós.
E ós que traballaron arreo para a festa, ás que viñeron botar unha má, Iria, Vanesa, a Pili por estar sempre pendente da cámara, a Maru, por prepararnos as pizzas e como non...ás familias, por acompañarnos.