viernes, 29 de enero de 2016

CHEGOU O ENTROIDO E CON ÉL O MECO

Ola familias.
Como ben sabedes o meco acaba de chegar ó noso cole. É un "torista" alemán chamado Hans, que veu convidado por Micabigotes e Rato Gordecho para coñecer o noso concello. Pasará estos días aloxado no "Hotel Os Casais".


Para o luns o meco manda: 
"PARA O MUNDO PERCORRER OU NA CARA OU NO PESCOZO ALGO HAS DE TRAER"

lunes, 11 de enero de 2016

CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN 2016

O Concello de Fene contará con 9 prazas na “Campaña de esquí  2016” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará na estación invernal de Leitariegos,  e está destinada a rapaces e rapazas nacidos/as nos anos  2001,2002, 2003, 2004 e 2005.

A quenda que lle corresponde a Fene é a terceira: do 21 ao 26 de febreiro de 2016.

Os participantes  disfrutarán de cinco días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de Leitariegos.

A Deputación responsabilizarase  do transporte de todos os participantes dende os puntos  de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias. 

Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 €. 

Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene).

No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (9) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas.


A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 22 de xaneiro de 2016. 

Para calquera aclaración relacionada con esta Campaña podedes poñervos en contacto coa coordinadora de actividades deportivas municipal, Mercedes Justo Pena, no  Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 607 615 962 / 981 34 03 66.

viernes, 8 de enero de 2016

AXUDAS PARA NENOS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) púxose en contacto có cole para informarnos da convocatoria de axudas que grazas á Fundación Solidariedade Carrefour e a o convenio de colaboración asinado con GAES están a desenvolver.

Trátase de axudas materiais dirixidas preferentemente a familias con nenos de 0 a 6 anos que teñan unha discapacidade auditiva e con escasos recursos económicos.

Nos arquivos adxuntos podedes ver as bases da convocatoria, así como os modelos de solicitude.

COMENZA O 2º TALLER DE ROBÓTICA EDUCATIVA

Ola familias.
Recordade que o próximo martes, 12 de xaneiro comenza o taller de Robótica Educativa para os alumnos de 2º e 3º ciclo.
Son 6 sesións de 1:30h cada unha, os martes en horario de 17:30 a 19:00h. Os días que corresponden son: 12, 19 e 26 de Xaneiro e 2, 16 e 23 de Febreiro e o custe total do taller son 15€.

Se algún de vos quere darse de baixa, por favor, avisade á Anpa ou no cole antes de que empece o curso.