jueves, 3 de noviembre de 2022

PROXECTO "O PATIO CONTA" Medrando en igualdade


Bos días familias;

Estamos moi contentas de comunicarvos, que este mes de novembro continuaremos co proxecto “O PATIO CONTA” Medrando en igualdade, que xa iniciamos coa Xinkana de igualdade de Dinamo xestión, o pasado 7 de outubro. Este proxecto, é o froito do traballo de varias familias en colaboracion coa Anpa, e polo que nos concederon unha subvencion da secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, dirixida as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos, destinada a financiar actividades de promoción dá igualdade e prevención de violencia de xénero.

Posteriormente, dende  a Cooperativa Atalaias, remataron de darlle forma e serán elas mesmas, as que se encarguen de implementalo durante todo este mes. 

Neste proxecto é moi importante a vosa implicación, polo que desde aquí animámosvos a que participedes nas actividades destinadas ás familias, que como podedes ver no cartel adxunto, terán lugar o xoves 17 e o luns 28 de novembro de 16.00 a 18.30. 

Tamén precisamos que cubrades esta enquisa (https://forms.gle/faxeuarqqkp9AGGq5 ) antes do 10 de Novembro. Será de gran axuda para levar a cabo o proxecto. 


Esperamos que vos resulte de interese e que sirva tanto as mestras, como ao alumnado, como ás familias, para reflexionar sobre un tema tan necesario na actualidade, como é a coeducación nos diferentes espazos de desenvolvemento da infancia.





viernes, 28 de octubre de 2022

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE SAMAÍN!!



 Ola familias!!

Pois xa estamos de novo por aquí outro curso mais, e este parece que xa con bastante normalidade, cousa que agradecemos enormemente. Por iso, á marxe das actividades extraescolares que levamos a cabo no centro, cada mes, máis ou menos, faremos algunha actividade puntual. As veces, terá relación cunha data festiva en concreto e outras ofertaremos actividades seguindo as propostas feitas por vós. Así que, se tedes algunha idea ou queredes desenvolver algunha actividade, falade connosco e nos organizamos. A primeira que fixemos este curso, como xa sabedes, foi o taller de decoración de Samaín, e temos que dicir, que foi todo un éxito de participación: os nosos nenos e nenas gozaron moito e aínda que o tempo foi algo escaso, fóronse moi contentos. Velaquí, unha pequena mostra do que fixeron.


 









E non queremos acabar esta publicación sen agradecer a Sandra a súa implicación e a ilusión posta neste obradoiro, e por suposto a todalas familias que participastes. Grazas pola confianza e vos pedimos desculpas pola tardanza. Tentaremos mellorar a xestión do tempo en vindeiros obradoiros.
Que teñades unha boa ponte e un marabilloso Samaín!!

martes, 28 de junio de 2022

FIN DE CURSO.



Ola familias;


Rematou o curso e desde a Xunta Directiva da Anpa Río De Va, gustaríanos despedilo, dedicándovos unhas verbas. 

En primeiro lugar, gustaríanos mostrar o noso agradecemento a todas as familias que colaboraron nos proxectos e actividades que organizamos durante o curso escolar e como non, a aquelas que nos mostraron o seu apoio e agradecemento continuo.  Sen dúbida, esto foi fundamental para poder levalos a cabo.

Este curso foi todo un reto para nós, e non podemos negar que foi algo complicado. Por eso, queremos pedirvos desculpas se nalgún momento puidemos equivocarnos, que desde logo non foi a nosa intención, xa que traballamos con vontade, ilusión e esforzo para lograr os obxectivos plantexados e os que sen dúbida todas as familias queremos, que non son outros que os nosos fillos e fillas crezan nunha contorna educativa que cumpra todas as súas necesidades.

Aproveitamos además para deixarvos uns vídeos resumo do feito nalgunhas das actividades extraescolares e das actividades da Anpa neste curso 2021-2022. Agardamos que os disfrutedes.


RESUMO CREATIVIDADE 2021-2022










RESUMO DEBUXO 2021-2022








RESUMO ACTIVIDADES ANPA 2021-2022






E por último queremos desexarvos unhas felices vacacións. Esperamos que gocedes dun descanso ben merecido!!! Ata setembro!!!



jueves, 16 de junio de 2022

MADRUGADORES

 Ola familias;


Queremos informarvos de que o próximo curso, iniciaremos unha nova etapa, poñendo en marcha o programa Madrugadores.  Para iso contaremos cos servizos da empresa Tempus  Naron  Etl. 


O servizo desenvolverase desde as 7.45 ata as 8.45 da mañá, podendo incorporarse os nenos e nenas, á hora que prefiran as familias, que deberá ser acordada previamente. 


O custo do servizo para o curso 2022-2023, será de entre 4,5 e 5 euros diarios, segundo os días de uso do servizo ao mes. Este prezo é o inicial, pero esperamos que coa axuda de diferentes subvencións, póidase rebaixar nos próximos cursos. 


Contaremos tamén con servizo de almorzo. O prezo será de 1,5 euros a engadir ao prezo anterior. Dado que desde o centro, téntase fomentar hábitos de alimentación saudable, nos almorzos seguiremos esta mesma liña, seguindo por suposto as recomendacións de especialistas en nutrición e dietética, evitando así, produtos industriais e azucres engadidos. E xa que que o número de nenos e nenas será reducido, desde a empresa  Tempus, ofrécennos a posibilidade de adaptar os almorzos ás necesidades de cada usuario e usaria do servizo.


Se precisades máis información podedes contactar co ANPA Río De Va no  mail ampariodeva@gmail.com e no teléfono 68797797 (Virginia)


Un saúdo e felices vacacións.


Anpa Río De Va


jueves, 10 de marzo de 2022

ENTREGA DO MATERIAL RECOLLIDO PARA ENVIAR A UCRANIA

 ola familias;


Esta tarde, membros da Anpa  coa axuda doutra familia do cole, fomos recoller todo o material que fostes levando estes días ao cole e levámolo á sede de Protección Civil, no Parque Reina Sofía. Como era tanto, pedíronnos cargalo directamente na súa furgoneta que como vedes nas fotos, ía ben cargadiña. 









A verdade que  quedamos moi sorprendidas da cantidade de material que achegastes. Sobrepasastes todas as nosas expectativas con creces. Así que queremos aproveitar para darvos as grazas pola vosa colaboración e implicación e tamén como non, ao centro, que enseguida se envorcaron con esta pequena campaña e sobre todo a Pedro que foi clasificando todo o material día a día  e facilitounos moito o traballo.

Esto si que foi  un gran exemplo de cooperación entre familias, Anpa e colexio!!


 Moitas grazas a todos e todas!!! 


viernes, 4 de marzo de 2022

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA UCRANIA

 

Ola Familias; 

Como supoño que xa saberedes, tanto en España con en Galicia, estase a crear unha rede de recollida de material para Ucraína. No caso de Galicia, son varias as entidades que están a realizar dita labor, a Asociación Galega de Axuda a Ucrania, Asime, o concello de Ferrol...E nós, queremos poñer o noso granito de area e participar na medida en que podamos. Por iso, a próxima semana faremos unha recollida de material no centro. Despois de barallar diferentes posibilidades, decidimos colaborar co Concello de Ferrol e Protección Civil, na recollida de produtos de primeira necesidade para Ucrania.



A recollida realizarase no centro, desde o Luns 7 de Marzo ata o Xoves 10 de Marzo.

O material que podedes doar é o seguinte; COMIDA; Non perecedoira e que non necesite cociñado. ( latas de conserva, sopas instantáneas) leite, café, cacao, froitos secos, té, galletas, chocolate, barras enerxéticas, aliementos para bebés (leite en po, comidas que non necesiten refrixerado). Non enviar nada de cristal nin produtos que necesiten cocción, como pasta ou arroz.

ROUPA; Debe ser nova con etiqueta, para facilitar o paso por aduana. Necesítanse, roupa térmica, calcetíns, luvas, gorros, impermeables, chaquetas polares, paraventos...tanto para adultos como para nenos. Tamén sacos de durmir e mantas.

HIXIENE; Produtos para bebés ( cueiros, toalliñas, biberóns, cremas, chupetes...), papel hixiénico, xabón, cepillos de dentes, pasta de dentes, compresas, tampons..

OUTROS; chisqueiros, prismáticos, lanternas e pilas, baterías extraíbles para móbiles e mochilas...


Entendemos que non todas as familias poderán permitirse a compra de material novo, pero trátase de que cada un colabore na medida que poida, por moi pouco que sexa, toda axuda é boa. Como ben dixo Eduardo Galeano" Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".

Se tedes calquera dúbida, podedes poñervos en contacto connosco no mail do Anpa ou no tlf 687977937 (Virginia).

lunes, 21 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022



Ola familias;

Como xa sabedes, o entroido xa está aquí e con el, a nosa estrea facendo  mecos. Velaquí a nosa primeira mostra, a señora malvada  Cruela De Vil, unha personaxe que non sería ben recibida no noso colexio, onde somos tan amigos e amigas dos animais. É por iso que nos pareceu unha boa candidata a  meca este ano.




Estamos moi contentas co resultado pero sobre todo estamos moi satisfeitas do proceso e da gran implicación que  houbo por parte das familias, moitas máis das esperadas. Grazas ao voso apoio e ao  feedback recibido, enseguida viñémonos arriba e as ideas empezaron a fluír.  Foi precioso gozar do intercambio de ideas e do traballo en equipo aportando cada unha desde a súa dispoñibilidade  e desde as súas  habiilidades, pero sobre todo con moito respecto e diálogo. 


Para nós, foi moi importante o voso apoio, porque canto maior participación haxa, mellor poderemos representarvos. A verdade que esta primeira experiencia  foi un comezo marabilloso  e esperamos que para vós tamén fose un camiño interesante porque xa quedades fichadas para posteriores líos!!!!