jueves, 23 de mayo de 2019

CAMPUS DE VERÁN: DIVÍRTETE EN INGLÉS

Ola familias,
 como ben sabedes os nenos de 6º EP este curso participaron na actividade de inmersión lingüística "English week" que oferta a Xunta de Galicia. Debido á nosa participación, a empresa Play & Say, que se encarga de desempeñar esta actividade, púxose en contacto con nós para facer un campus de verán no noso cole.
Despois de solicitar a colaboración do concello e do cole, decidimos que a idea é estupenda e propuxémonos levala adiante.
Queremos informar que esta actividade está aberta a tódol@s nen@s, sexan ou non alumnos do noso centro, así que vos pregamos que difundades esta info a quen poida estar interesad@.
O noso obxectivo, ademáis de axudar a conciliar a vida laboral e familiar e de fomentar o uso da lingua inglesa é dar a coñecer o noso cole, as nosas instalacións, aproveitando que están nun entorno natural inmellorable.
Estamos seguros de que vai ser unha boa experiencia para quen queira compartir con nós eses días.
Animádevos!!!!


Para ver o folleto en pdf. preme no seguinte enlace: Ver folleto en .pdf

Tedes máis información na web de Play & Say: https://playandsay.org/divirtete-en-ingles-fene-veran19/
Neste mesmo enlace podedes facer a inscripción.


OBRADOIRO GRAFITE 2019

Ola familias,
 ollade qué chulada de grafite fixeron @s nos@s nen@s no obradoiro que está a piques de rematar:









Grazas a tod@s @s participantes, e a Edgar e María, por aprendernos cousas tan chulas!!!

miércoles, 15 de mayo de 2019

REVÁLIDAS 3º E 6º EP CURSO 2018-2019

Ola familias,
 pasamos a información da Federación de Anpas sobre as reválidas deste curso, afectando a 3º e 6º de primaria. 
Nós como Anpa, apoiamos a inciativa de non mandar ós nenos ó cole como rexeitamento destas probas coas que non estamos de acordo.

REXEITAMENTO DAS REVÁLIDAS

Un ano mais as probas de avaliación volven a realizarse nos centros educativos galegos o 28 e 29 de maio. Un ano mais as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS volvemos a rexeitar todas estas probas de avaliación, comunmente chamadas reválidas, sexa en 3ºEP, 6ºEP ou en 4º ESO.
Estamos en contra porque entendemos que non achegan ningún beneficio para a educación dos nosos fillos e fillas, cuestionan innecesariamente a profesionalidade do profesorado ao non validar as súas conclusións logo dun ano de traballo, e someten ao alumnado a unha tensión e nervios innecesarios que interfire no seu proceso formativo ao coincidir de cheo cos exames.
Estamos en contra, porque a súa consolidación implica o risco de perder anos completos de formación se o profesorado se centra na preparación destas probas, tal e como ocorre en 2o de bacharelato que só existe para preparar as ABAU, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.
Con estas probas o que se pretende é ir asentando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación pois non se están a considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas das familias, nin as capacidades e aptitudes do alumnado.
Xa temos ao alumnado facendo exames todo o curso, e sabemos que o sistema educativo non se avalía con dous días de probas mal organizadas. Non é o alumnado a quen hai que avaliar a maiores, máis ben será a Administración Educativa quen precisa dunha fonda avaliación. 
Por todo isto, as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS rexeitamos estas probas de avaliación e animamos ás familias a non mandar aos seus fillos e fillas ó colexio eses días.
Un ano mais volven as probas e un ano mais seguimos rexeitando as probas.

Tedes unha presentación explicativa premendo no seguinte enlace: Presentación reválidas 3º e 6º de EP