lunes, 29 de febrero de 2016

MATRÍCULAS CURSO 2016-2017

Como ben sabedes, este mes de marzo comenza o período de matriculacións para o vindeiro curso 2016-2017. 
Aquí tedes o cartaz de presentación do noso cole, para compartir, invitar e achegar o cole de Os Casais para todas aquelas familias que estén interesadas en coñecernos, visitarnos e cómo non, matricularse con nós!
Animádevos a vir, non vos arrepentiredes.
Compre dicir tamén, que estamos mirando de poñer en funcionamento o comedor escolar para o vindeiro curso, informarémovos nos próximos días.


domingo, 28 de febrero de 2016

REUNIÓN COMEDOR ESCOLAR

Como ben sabedes, esta semana fixemos un sondeo sobre as persoas que estarían interesadas en utilizar o comedor escolar o vindeiro curso.
Todas aquelas familias que estedes interesadas, por favor, acudide á reunión que se celebrará este martes, 1 de Marzo, no salón de actos do cole ás 16:30h.
É moi importante a vosa presenza. Grazas.

OBRADOIROS 2º TRIMESTRE

Ola familias, 
este segundo trimestre fíxose curto, e temos menos dun  mes para que remate. Quedaríanos o 8 e o 15 de Marzo sen contar o martes desta semana que empezamos.
Por iso pensamos en facer uns pequenos obradoiros dunha tarde cada un.
Por un lado ofrecemos un obradoiro de "Elaboración de chapas", cada neno decorará chapas con pinturas, pegatinas, telas, washitapes, etc, rematando o traballo nunha máquina para darlles forma. Os nenos levarán para a casa as chapas que fagan.
O segundo obradoiro é de "Tiro con arco", curso con arcos e dianas de iniciación totalmente seguras.
Estes obradoiros faríanse os martes 8 e 15 de Marzo, de 17:30 - 19:00 e poden apuntarse nenos de infantil e de primaria.
O prezo é:

  • 10 € os dous obradoiros, para os socios da Anpa.
  • 15€ os dous obradoiros, para os non socios da Anpa.
  • 8€ un obradoiro, para os socios da Anpa.
  • 13€ un obradoiro, para os non socios da Anpa.
A realización dos obradoiros dependerá do número de alumnos apuntados.
Mandaremos a nota polos nenos para apuntarse. Os que estedes interesados, por favor, devolvédea esta semana para poder organizalos.
Grazas, animádevos, pasarémolo xenial!!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

8 de Marzo. Día da muller.

Dende o concello, achégannos o seguinte cartaz en conmemoración do próximo día 8 de Marzo, día da muller.

lunes, 22 de febrero de 2016

“ESPAZO DE FAMILIAS” Concello de Fene

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe o concelleiro Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.
A vindeira semana realizaranse Grupos de Familias en ambos programas.
  • Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria)
As próximas sesións coas familias terán lugar en cada un dos centros escolares que están funcionando os grupos de nenos/as porque faranse conxuntamente cos nenos/as e as súas familias.  
  • No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria)  realizarase a  sesión no centro municipal de servizos sociais.
 O tema que se tratará leva por  título "Como son? Como me ven?"; e se abordará o autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade. Deste xeito, a través de diferentes xogos e dinámicas, falaremos coas familias e os seus fillos/as sobre a influencia das etiquetas, como nos inflúe o que as demais persoas opinen de nós, de qué maneira nos fai sentir e como podemos aprender a querernos a nós mesmos/as axustándonos á nosa realidade e respectando ás demais persoas.
 Os grupos, as datas e horarios de reunión son as seguintes:

ESPAZOS COMPARTIDOS
(familias e fillos e fillas de primaria)

SUMA E SEGUE
(familias e fillos e fillas de secundaria)
CEIP OS CASAIS mércores 24 de febreiro de 17:30 a 19:00 h.
CPI XUNQUEIRA xoves 25 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.
CEIP CENTIEIRAS luns 29 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves 25 de febreiro,  de 17:45 a 19:15 h.

A finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.

  Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación.

A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
As/os profesionais que desenvolverán a actividade pertencen á empresa Atalaia.social. SLNE

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal


martes, 16 de febrero de 2016

ENTROIDO LIMODRE

Ola familias,
a Asociación de Veciños de Limodre invítanos este sábado 20 de Febreiro a pasar con eles o entroido. Bulide, que é das últimas festas!!!

sábado, 6 de febrero de 2016

FESTA DE ENTROIDO

O Entroido chegou ó cole axiña e do mesmo xeito marchou.
Despois de unha semana cheíña de mandados, Hans, o noso meco abandonou o "Hotel Os Casais", pero non sin antes facer unha boa festa.
Unha festa chea de ledicia, de boa música e ricas merendas. A meteoroloxía, aínda que con algo de rasca, acompañou.
Tivemos de artista invitado a Pablo Díaz, todo un pracer tocando e cantando no noso cole

Desfile viaxando e cantando polos Casais
Queimando a Hans, sí que marchou axiña!

Degustando lambetadas de entroido no Buffet do Hotel
Non marchou ninguén que non pasara polo photocall a cantar, papases, mamases, avoas...todos!!!

Grazas familias polas merendas, á nosa fotógrafa oficial Pili, a Pablo Díaz por prestarse a vir, e a todos os que traballaron arreo para ter hoxe unha festa tan guai.
Grazas a todos por vir hoxe ó "Hotel Os Casais".
1000 bicos, esperámovos para a próxima!!!







jueves, 4 de febrero de 2016

MANDADOS DO MECO (para venres)

Para venres o meco manda:

"VIAXA POLO MUNDO A
MIL E UN LUGAR,
VIAXA POLO MUNDO E
VEN A OS CASAIS,
E DESFRUTA CON NÓS...
E DESFRUTA!!!"


miércoles, 3 de febrero de 2016

martes, 2 de febrero de 2016

ACTUACIÓN DE PABLO DÍAZ NA FESTA DO ENTROIDO

Ola Familias,
como ben sabedes este venres día 5 celebramos o Entroido. O cole ten redución de xornada, así que o horario será de 10:00 a 13:00h.
Para amenizar e ir quentando motores para o desfile teremos a primeira hora, ás 10:30h, a actuación de Pablo Díaz, que cantará con nós cancións dos seus discos Tic Tac e Toc Toc no "Hotel Os Casais".
Estades todos convidados a vir, pequenos e grandes. Non faltedes, pasarémolo xenial!!!

MANDADOS DO MECO (para mércores)

Para o mércores o Meco manda:


"ZAPATOS E BOTAS DISTINTAS 
MI MADRIÑA, VAIA
PINTAS!!!"

lunes, 1 de febrero de 2016

CIRCULAR INFORMATIVA FESTA ENTROIDO

Queridas familias, igual que en anos anteriores, pedimos a vosa colaboración para facer unha merenda o máis axeitada posible na festa do venres.

Repartimos as cousas por cursos para ter así mais variedade:

 4º, 5 de Educación infantil:                Filloas

 6º de Educación Infantil:                   Torrijas

 1º e 2º de Educación Primaria:          Rosquillas

 3º e 4ª de Educación Primaria:           Buñuelos

 5º e 6º de Educación Primaria:           Orellas

Por favor, mandade as cousas o venres pola mañá, a primeira hora a través dos nenos, e a poder ser en pratos desechables.

Esta aportación é totalmente voluntaria. Todos os doces que sobren serán levados para a cociña económica de Ferrol.

Grazas pola vosa colaboración.

ESTE DOMINGO EN ESMELLE - FESTA INFANTIL DO ENTROIDO

Achégannos ó cole a seguinte invitación:

MANDADOS DO MECO (para martes)

Para o martes o Meco manda:


"HOOLA HOP, CINTOS OU OUTRAS COUSAS BEN CHULAS, PON NA CINTURA UNHAS BOAS VESTIDURAS!!"