jueves, 10 de marzo de 2022

ENTREGA DO MATERIAL RECOLLIDO PARA ENVIAR A UCRANIA

 ola familias;


Esta tarde, membros da Anpa  coa axuda doutra familia do cole, fomos recoller todo o material que fostes levando estes días ao cole e levámolo á sede de Protección Civil, no Parque Reina Sofía. Como era tanto, pedíronnos cargalo directamente na súa furgoneta que como vedes nas fotos, ía ben cargadiña. 









A verdade que  quedamos moi sorprendidas da cantidade de material que achegastes. Sobrepasastes todas as nosas expectativas con creces. Así que queremos aproveitar para darvos as grazas pola vosa colaboración e implicación e tamén como non, ao centro, que enseguida se envorcaron con esta pequena campaña e sobre todo a Pedro que foi clasificando todo o material día a día  e facilitounos moito o traballo.

Esto si que foi  un gran exemplo de cooperación entre familias, Anpa e colexio!!


 Moitas grazas a todos e todas!!! 


viernes, 4 de marzo de 2022

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA UCRANIA

 

Ola Familias; 

Como supoño que xa saberedes, tanto en España con en Galicia, estase a crear unha rede de recollida de material para Ucraína. No caso de Galicia, son varias as entidades que están a realizar dita labor, a Asociación Galega de Axuda a Ucrania, Asime, o concello de Ferrol...E nós, queremos poñer o noso granito de area e participar na medida en que podamos. Por iso, a próxima semana faremos unha recollida de material no centro. Despois de barallar diferentes posibilidades, decidimos colaborar co Concello de Ferrol e Protección Civil, na recollida de produtos de primeira necesidade para Ucrania.



A recollida realizarase no centro, desde o Luns 7 de Marzo ata o Xoves 10 de Marzo.

O material que podedes doar é o seguinte; COMIDA; Non perecedoira e que non necesite cociñado. ( latas de conserva, sopas instantáneas) leite, café, cacao, froitos secos, té, galletas, chocolate, barras enerxéticas, aliementos para bebés (leite en po, comidas que non necesiten refrixerado). Non enviar nada de cristal nin produtos que necesiten cocción, como pasta ou arroz.

ROUPA; Debe ser nova con etiqueta, para facilitar o paso por aduana. Necesítanse, roupa térmica, calcetíns, luvas, gorros, impermeables, chaquetas polares, paraventos...tanto para adultos como para nenos. Tamén sacos de durmir e mantas.

HIXIENE; Produtos para bebés ( cueiros, toalliñas, biberóns, cremas, chupetes...), papel hixiénico, xabón, cepillos de dentes, pasta de dentes, compresas, tampons..

OUTROS; chisqueiros, prismáticos, lanternas e pilas, baterías extraíbles para móbiles e mochilas...


Entendemos que non todas as familias poderán permitirse a compra de material novo, pero trátase de que cada un colabore na medida que poida, por moi pouco que sexa, toda axuda é boa. Como ben dixo Eduardo Galeano" Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".

Se tedes calquera dúbida, podedes poñervos en contacto connosco no mail do Anpa ou no tlf 687977937 (Virginia).