jueves, 3 de noviembre de 2022

PROXECTO "O PATIO CONTA" Medrando en igualdade


Bos días familias;

Estamos moi contentas de comunicarvos, que este mes de novembro continuaremos co proxecto “O PATIO CONTA” Medrando en igualdade, que xa iniciamos coa Xinkana de igualdade de Dinamo xestión, o pasado 7 de outubro. Este proxecto, é o froito do traballo de varias familias en colaboracion coa Anpa, e polo que nos concederon unha subvencion da secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, dirixida as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos, destinada a financiar actividades de promoción dá igualdade e prevención de violencia de xénero.

Posteriormente, dende  a Cooperativa Atalaias, remataron de darlle forma e serán elas mesmas, as que se encarguen de implementalo durante todo este mes. 

Neste proxecto é moi importante a vosa implicación, polo que desde aquí animámosvos a que participedes nas actividades destinadas ás familias, que como podedes ver no cartel adxunto, terán lugar o xoves 17 e o luns 28 de novembro de 16.00 a 18.30. 

Tamén precisamos que cubrades esta enquisa (https://forms.gle/faxeuarqqkp9AGGq5 ) antes do 10 de Novembro. Será de gran axuda para levar a cabo o proxecto. 


Esperamos que vos resulte de interese e que sirva tanto as mestras, como ao alumnado, como ás familias, para reflexionar sobre un tema tan necesario na actualidade, como é a coeducación nos diferentes espazos de desenvolvemento da infancia.