jueves, 23 de diciembre de 2021

CHEGOU O APALPADOR

Ola familias!!!

Como xa saberedes, o día 21, tivemos unha visita moi especial, chegada dende as montañas do Caurel! Nada máis e nada menos co noso querido apalpador!!

Menuda sorpresa levaron os nenos e nenas do noso cole, cando o viron chegar, e  ademáis de levarlles uns pequenos agasallos,  contoulles  contos e historias da súa vida e  hasta tiveron tempo de facer algún xogo. 

Aquí vos deixamos unha boa mostra desta actividade tan desexada polos nosos nenos e nenas. 













Estamos seguros de que foi un día único para eles, e estamos moi contentas por iso.

Dende aquí desexámosvos un nadal especial, que disfrutedes moito en familia e que levedes a situación actual do mellor xeito posible.

Bo nadal e feliz ano a todos e todas. 
















viernes, 17 de diciembre de 2021

GAÑADORES CESTA DO NADAL



Ola familias; 

Como xa sabedes , onte soubemos  o número gañador, correspondente as 3 últimas cifras do Sorteo da Once, e o número agraciado foi o 126.








Por sorte, foi fácil dar co gañador, e os afortunados foron  os avós de Teo, que recolleu a cesta, así de contento e orgulloso. 





Dende aquí queremos dar a noraboa os premiados, e dexesarlles que gocen moito da cesta este Nadal.  ¡¡Que ben senta entregar premios e ver esa cara de felicidade!!

Queremos lembrarvos tamén, que o martes 21, e o derradeiro día de clase antes das vacacións de inverno, e os nenos e nenas terán unha visita sorpresa moi especial, que esperamos que disfruten a tope!!. E ainda que as familias, non podamos participar destas celebracións, prometemos informarvos do resultado, con fotos incluídas.  Ata entón, vos desexamos que disfrutedes de este fin de semana soleado. 











martes, 14 de diciembre de 2021

SORTEO QUE TE VEO!!


Ola familias!!

Como xa sabedes, o xoves 16 será o día no que sortearemos esta fantástica e completa cesta de nadal para adozar as festas ó afortunado ou afortunada.





Lembrámosvos que a cesta será para a persoa posuidora da rifa na que coincidan as tres derradeiras cifras co primeiro premio do Sorteo do cupón da "ONCE" do xoves día 16, así que estade moi atentos e atentas ó sorteo.

Por outra banda, queremos agradecer a súa colaboración a Supermercados Gadis e Eroski,  porque coa súa contribución fixeron posible esta bonita cesta.

Tamén queremos darlle as grazas a Laura, unha mamá dun neno de educación infantil, que doou un riquísimo panettone traído da mismísima Italia!!


E como non, a vós familias, que superastes todas as expectativas de vendas que tiñamos. Moitas grazas de verdade, estes cartos serán ben investidos na actividade sorpresa de Nadal, que esperemos gocen os nosos nenos e nenas.



E agora, só quédanos desexarvos moita sorte e e
speramos poder poñer pronto a foto da persoa gañadora.

Ata pronto!!


viernes, 3 de diciembre de 2021

CONVENIO SUBVENCIÓN NOMINATIVA

Ola de novo familias!!

Queremos comunicarvos que o pasado día 30,  o noso presidente David Rodríguez e representantes doutras entidades, acudiron as dependencias do concello xunto co Alcalde Juventino Trigo Rey,  Justo Pérez Ardá, concelleiro de cultura e Ángeles Coira, concelleira de Ensino e Deportes, para asinar o convenio polo que se formaliza a concesión da subvención nominativa de 3000 euros que nos otorga o Concello de Fene e que vai destinada a sufragar os costes do comedor. 
 




Un saúdo e que teñades unha boa ponte!!!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANUAL

 



Ola famililas;

Como xa sabederedes, a Anpa Río De Va, convócavos a Asamblea  xeral ordinaria anual, que terá lugar no ACRD O POTE situado en Estrada da Palma Nº 217 de Maniños- Fene o XOVES 25 de NOVEMBRO ás 17.30 h. en primeira convocatoria e ás 18.00 en segunda convocatoria. 


A orde do día será a seguinte

  1. Aprobación, se procede, da Acta anterior
  2. Presentación das funcións dos membros da Xunta Directiva.
  3. Aprobación do nomeamento efectuado do Representante elixido polo ANPA no consello escolar.
  4.  Memoria Económica Exercicio 2020-2021 (ata mes de Septembro de 2021)
  5. Aprobación presuposto anual Curso 2021/2022.
  6. Memoria de actividades previstas Curso 2021-2022.
  7. Xestión do Comedor e Actividades Extraescolares, e cuestións de funcionamento interno do ANPA.
  8. Preguntas e suxestións.


Tanto o estado de contas como a memoria de actividades 2020-2021 seranvos remitidas nos próximos días a través do correo electrónico.


Finalmente, gustaríanos enfatizar a importancia da vosa asistencia, para quenes formamos este ANPA. Se nos embarcamos nesta aventura, foi porque non podíamos imaxinar a nosa escola sen ANPA e pola propia necesidade e á doutras familias de contar con certos servizos. E malia que estamos dispostos e dispostas a asumir este compromiso con todo o esforzo que  isto supón, queremos que saibades, que sen a vosa axuda e apoio, isto non valería a pena. 

Se nos estamos aquí, e  para representarvos, e para conseguilo,  necesitamos coñecer as vosas opinións, ideas, puntos de vista  e aínda que sabemos que estades moi ocupados e ocupadas, esperamos que fagades un esforzo e asistades a asamblea, para que, entre todos e todos poidamos construír un ANPA máis numerosa, máis forte e consolidada.


Esperamosvos a todas e todos, o xoves 25 no ACRD O POTE as 17.30h.

Que teñades un bo final de semana!!

miércoles, 13 de octubre de 2021

PAGO DO COMEDOR E DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

 

Ola de novo, familias!!

Cómo sabedes, a semana pasada comezamos co servizo do comedor e coas actividades extraescolares, e de momento todo vai vento en popa.  En xeral, polo que falamos coas familias, vemos que estades contentas co comedor, e de feito, aumentaron as inscripcións e alegrámonos. moito, esperamos que siga sendo así. 

As actividades extraescolares, tamen foron todo un éxito e tamén houbo algunha alta nova, e vos recordamos que ainda quedan prazas e ainda podedes apuntar os vosos fillos e fillas. 

Respecto o pago destes servizos, polo que estades preguntando bastante, vos recordamos que as actividades extraescolares deben pagarse durante os primeiros 15 días do mes e enviar un mail co xustificante para facilitarnos o seguemento dos pagos. 

En canto o pago do comedor, nos primeiros do mes, enviaremosvos por mail os días que utilizáchedes o servizo do comedor, e o coste total, e coma nas actividades extraescolares, deberedes pagar durante os primeiros 15 días do mes e enviar un mail co xustificante. Tedes o número da conta neste blog, no lado dereito, na parte de arriba, de todas formas, volo deixamos aquí. 


NÚMERO DA CONTA ANPA RIO DE VA.

ES28 2080 0219 2030 0006 6105



E isto e todo polo de agora, esperamos que todo siga funcionando correctamente e de novo, vos agradecemos a confianza en nos, e agardamos cumplir coas vosas expectativas.


Boa semana familias!!

viernes, 1 de octubre de 2021

MENÚ OUTUBRO 2021


Ola familias;


Vos deixamos o menú deste mes!!



Aquí tedes o enlace para velo mellor.  menu octubre

COMEZAMOOSSSSS!!!

 ola de novo, familias!!

Querémovos  recordar que a semana que ven, o luns 4 de Outubro, comeza o servizo de comedor e o martes 5 de outubro, as actividades extraescolares. 

Tanto o primeiro día do comedor como os primeiros días das extraescolares, haberá alguen da Anpa de referencia para solucionar pequenos inconvintes que poidan xurdir, ou por se tedes algunha dúbida. Ademáis, o longo do día hoxe ou este fin de semana, esperamos colgar aquí o menú do mes de outubro.  

Respecto as actividades extraescolares, alégranos comunicarvos que vansé impartir as tres actividades ofertadas.En canto os prezos finais,  fixemos unha media apróximada, para cobrar a mesma cantidade por mes, e así non temos que andar cambiando os prezos mensuais cada pouco.  Se houbera un cambio no número de participantes, valoraríamos as baixadas dos prezos. 

Deste modo os horarios e prezos das actividades serán os seguintes; 

CREATIVIDADE; Martes de 16:00 a 17:00. 22 euros. 

DEBUXO; Mércores de 16:00 a 17:00. 20 euros.

ROBÓTICA; Xoves de 16:00 a 17.30. 30 euros.  


Por outra banda,  queríamos recordarvos que o finalizar o mes, enviarásevos un e-mail cun resumo dos días de uso do servizo do comedor e co coste final  tanto do comedor como das extraescolares. A partir de ese momento, e durante os primeiros 15 días do mes, debedes facer o ingreso mediante transferencia e enviar unha copia do recibo a Anpa, por correo electrónico ou whatsapp. Se algún de vos, tedes algún problema concreto con este método,  poñédevos en contacto con nos, polo WhatsApp ou no mail.

Para cualquiera dúbida e avisos respecto o servizo de comedor, podedes enviar un mail a ampariodeva@gmail.com ou ben, poñervos en contacto con Virginia  e para os avisos e dúbidas co que respecta as actividades extrescolares, deberedes contactar con Rike ou tamén no mail anterior. 

Por último queríamos dar as grazas, as familias que van participar nos servizos da Anpa e dende aquí, animamos o resto a que apuntedes os vosos  fillos e fillas, que ainda quedan plazas baleiras nas actividades. 


Esto e todo polo de agora, un saúdo e que teñades un bo comezo de outubro. 


lunes, 20 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRESCOLARES PARA O CURSO 2021-2022

 

Por fin, podemos afirmar que as actividades extraescolares no Ceip Plurilingue Os Casais, comezarán o próximo Luns 4 de Outubro.


Lamentablemente, tivemos que deixar fora as actividades deportivas ( baile, patinaxe en línea…), polas dificultades para cumprir cos protocolos. Dende a Anpa Os Casais, preferimos comezar pouquiño a pouco, sendo responsables. Así mesmo, se a incidencia baixa e o contexto sanitario e máis favorable, non descartamos que se poidan ofertar máis adiante.
 
Algunhas actividades cóbrannos por monitor / hora, polo tanto o prezo dependerá do número de nenos e nenas inscritos e do número mínimo e máximo de nenos e nenas recomendados.
 
O periodo de inscripción nas actividades extraescolares termina o día 28, ainda que se quedan hocos libres, non descartamos que se poidan incorporar nenos ou nenas novos, durante o curso.

Para apuntarse as actividades, podedes cubrir a ficha que vos entregaron hoxe no cole, ou podedes tamen enviar un mail co nome do pai/nai/tutor/a e  o nome do neno ou nena, co curso e a actividade a que se apunta.


O número máximo de nenos e nenas, será de 8 para garantir a distancia de seguridade.

 

OFERTA 2021-2022


CREATIVIDADE (Gazapo); martes  de 16.00-17:00A partir de 4 anos. Prezo: entre 14 e 23 euros ao mes.

 Nesta actividade, faranse diversas actividades relacionadas coa creatividade como experimentos, cociña, tuneado de roupa, reciclaxe e manualidades (Gazapo). 


DEBUXO E EXPRESIÓN ARTÍSTICA (Gazapo)mércores  de 16:00-17.00. A partir de 4 anos. Prezo: entre 12 e 20 euros ao mes.

Os nenos e nenas experimentarán con diversos  materiais e técnicas artísticas.  


MOVIE MAKERS, ROBÓTICA (Espacio Vivo); xoves (16:00-17:30). A partir de 2º de Primaria. Prezo; 30 euros ao mes.

Modelado e impresión 3d, robótica e ingeniería y desarrollo de videojuegos y animación. 

 

Os non socios pagarán 3 euros máis o mes, do prezo que finalmente teña a actividade. O pago realizarase a través de transferencia durante os primeiros 15 días do mes, poñendo no asunto o nome da nena ou neno e a actividade a que asisten.

Se algún de vos tedes algún problema concreto con este método, poñédevos en contacto con nos, no teléfono e no mail, que aparecen máis abaixo

 O teléfono de contacto para avisos sobre a falta de asistencia, ou para calquera outra incidencia relacionada coas actividades extraescolares é o 622933578 (Rikke),  preferiblemente por whatsapp.

 Tamén podedes usar o mail ampariodeva@gmail.com para comentar calquera outra incidencia.


      Esperamos que as actividades sexan do voso agrado, e agradécense propostas que  sexan compatibles coa situación actual, para facer de modo temporal. 

 

 

domingo, 19 de septiembre de 2021

COMEDOR 2021-2022

 

Ola familias;


Como xa vos adiantamos a semana pasada, o servizo do comedor no Ceip Plurilingue Os Casais, comezará o próximo Luns 4 de Outubro, e se levará a cabo de 13.50 a 16.00

As tarifas do comedor para este curso 2021-2022, dependerán da porcentaxe de días o mes que se faga uso do servizo, quedando da seguinte maneira.

 

o    Uso do comedor do  70 ó 100% dos días do mes ; 5,40 o mes.

o    Uso do comedor do 30 ó 70 % dos días do mes; 5,70 o mes.

o    Uso do comedor de menos do 30 % dos días do mes; 6 euros o mes.

o    Uso do comedor por persoas non socias; 6,80 euros o mes.

 

-          Haberá un desconto do 50% para irmáns  se utilizan o servizo de comedor o mesmo día.


Respecto ao método de pago,  para que non haxa confusións,  o finalizar o mes, enviarásevos un e-mail cun resumo dos días de uso do servizo co coste final dese mes.  A partir de ese momento, e durante os primeiros 15 días do mes, debedes facer o ingreso mediante transferencia e enviar unha copia do recibo a Anpa, por correo electrónico ou whatsapp. Se algún de vos, tedes algún problema concreto con este método,  poñédevos en contacto con nos, no teléfono e no mail, que aparecen máis abaixo. 


Todos os meses, colgaremos o menú mensual neste blog,   e xa tedes colgado  un menú tipo para que vos podades fagar unha idea dos pratos que conforman o menú.  


Esta semana vos entregarán  a folla de  inscripción do comedor, e nela,  debedes poñer os días fixos que en principio ides usar o comedor,  xa que temos que avisar a empresa do catering para que faga unha previsión xeral. O plazo de Inscripción finaliza o 28 de setembro do 2021,  ainda que podedevos apuntar o comedor en calquer momento do ano. 


 As persoas que  fagades un uso esporádico do servizo, debedes avisar a Anpa  a través de whatsapp e antes das 20h do día anterior, para poder avisar con antelación a empresa de catering,    Así mesmo,  cando un neno ou nena non vaia facer uso do comedor nun día concreto, debedes avisar tamen por whatsapp antes das 20 h do día anterior,  senon, cobrarase o servizo igualmente. 


 O teléfono de contacto para avisos sobre a falta de asistencia, para modificar os días do uso do servizo, ou para solicitar o uso puntual do servizo é o 687977937 (Virginia),  preferiblemente por whatsapp.  Tamén podedes usar o mail ampariodeva@gmail.com para comentar calquera outra incidencia.




viernes, 10 de septiembre de 2021

UN NUEVO CURSO, UNA NUEVA AVENTURA.



Ximena García


Pues ya estamos aquí de nuevo y con un Anpa totalmente renovada, así que desde el Anpa queremos daros la bienvenida a esta nueva andadura que empezamos en este curso 2021-2022. 

Hemos tardado un poco en dar noticias, por que hasta esta semana no hemos podido ir avanzando en las diferentes cuestiones que había que resolver, ya que en verano, todo ha estado parado, pero ahora estamos muy implicados, poniéndonos al día, aprendiendo al mismo tiempo que vamos resolviendo y cerrando temas y aunque  tenemos mucha ilusión y le estamos poniendo empeño, a veces las cosas van más despacio de lo que deseamos. 

Sabemos que muchas de vosotras estáis impacientes por conocer detalles sobre el funcionamiento del comedor y las actividades extraescolares. Desde aquí os pedimos paciencia y calma, ya que todo se os irá comunicando cuando vayamos concretando un poquito más. 

Lo que si os podemos confirmar, es que habrá comedor cuya gestión será a cargo del Catering Ferrolterra y se iniciará el Lunes 4 de Octubre con  horario de 13.50 a 16.00. Aquí os dejamos un menú tipo para que os hagáis una idea de los menús mensuales, que iremos poniendo aquí, mes  a mes. 


Descargarmenú

En cuanto a las actividades extraescolares; también saldrán adelante, pero como somos un colegio pequeño, no podemos ofertar muchas, así que para hacer un primer cribado, hemos hecho este formulario que nos gustaría que cubrieseis. De estas actividades, ofertaremos las cinco más demandadas. 

FORMULARIO

A lo largo de esta próxima semana  esperamos poder enviaros las hojas de socios/as, las inscripciones para el comedor y las actividades extraescolares, ya que estamos a la espera de aprobación de los protocolos covid  que seguiremos.  

Para cualquier duda o cuestión, no dudéis poneros en contacto con nosotros en el mail; ampariodeva@gmail.com o en los teléfonos 666551313(David) o 687977937 (Virginia).

Un saludo a todas y que disfrutéis del comienzo de curso.