miércoles, 24 de abril de 2024

Modo galego, actívao!

O "Modo galego, actívao!" xa está en marcha no CEIP Plurilingüe Os Casais

O xogo comezou onte coa primeira pregunta sobre xeografía e historia. Os miolos puxéronse en marcha para saber cantos concellos limitaban co de Fene.

O xogo inspírase na iniciativa "21 días co galego e +", programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade .

Coa colaboración da ANPA, das familias e do profesorado, ponse en marcha este xogo grupal que permite aprender e gozar a través de diferentes probas e que durará ata o día 13 de maio

Diariamente presentarase á saída na porta da escola unha proba sobre diferentes categorías podendo respostar ata a hora de entrada do día seguinte. A xogar! 


#xuntadegalicia
#conselleríadecultura
#Deputaciondeacoruña
#concellodefene