miércoles, 17 de noviembre de 2021

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA ANUAL

 



Ola famililas;

Como xa sabederedes, a Anpa Río De Va, convócavos a Asamblea  xeral ordinaria anual, que terá lugar no ACRD O POTE situado en Estrada da Palma Nº 217 de Maniños- Fene o XOVES 25 de NOVEMBRO ás 17.30 h. en primeira convocatoria e ás 18.00 en segunda convocatoria. 


A orde do día será a seguinte

  1. Aprobación, se procede, da Acta anterior
  2. Presentación das funcións dos membros da Xunta Directiva.
  3. Aprobación do nomeamento efectuado do Representante elixido polo ANPA no consello escolar.
  4.  Memoria Económica Exercicio 2020-2021 (ata mes de Septembro de 2021)
  5. Aprobación presuposto anual Curso 2021/2022.
  6. Memoria de actividades previstas Curso 2021-2022.
  7. Xestión do Comedor e Actividades Extraescolares, e cuestións de funcionamento interno do ANPA.
  8. Preguntas e suxestións.


Tanto o estado de contas como a memoria de actividades 2020-2021 seranvos remitidas nos próximos días a través do correo electrónico.


Finalmente, gustaríanos enfatizar a importancia da vosa asistencia, para quenes formamos este ANPA. Se nos embarcamos nesta aventura, foi porque non podíamos imaxinar a nosa escola sen ANPA e pola propia necesidade e á doutras familias de contar con certos servizos. E malia que estamos dispostos e dispostas a asumir este compromiso con todo o esforzo que  isto supón, queremos que saibades, que sen a vosa axuda e apoio, isto non valería a pena. 

Se nos estamos aquí, e  para representarvos, e para conseguilo,  necesitamos coñecer as vosas opinións, ideas, puntos de vista  e aínda que sabemos que estades moi ocupados e ocupadas, esperamos que fagades un esforzo e asistades a asamblea, para que, entre todos e todos poidamos construír un ANPA máis numerosa, máis forte e consolidada.


Esperamosvos a todas e todos, o xoves 25 no ACRD O POTE as 17.30h.

Que teñades un bo final de semana!!