jueves, 23 de diciembre de 2021

CHEGOU O APALPADOR

Ola familias!!!

Como xa saberedes, o día 21, tivemos unha visita moi especial, chegada dende as montañas do Caurel! Nada máis e nada menos co noso querido apalpador!!

Menuda sorpresa levaron os nenos e nenas do noso cole, cando o viron chegar, e  ademáis de levarlles uns pequenos agasallos,  contoulles  contos e historias da súa vida e  hasta tiveron tempo de facer algún xogo. 

Aquí vos deixamos unha boa mostra desta actividade tan desexada polos nosos nenos e nenas. 













Estamos seguros de que foi un día único para eles, e estamos moi contentas por iso.

Dende aquí desexámosvos un nadal especial, que disfrutedes moito en familia e que levedes a situación actual do mellor xeito posible.

Bo nadal e feliz ano a todos e todas. 
















viernes, 17 de diciembre de 2021

GAÑADORES CESTA DO NADAL



Ola familias; 

Como xa sabedes , onte soubemos  o número gañador, correspondente as 3 últimas cifras do Sorteo da Once, e o número agraciado foi o 126.








Por sorte, foi fácil dar co gañador, e os afortunados foron  os avós de Teo, que recolleu a cesta, así de contento e orgulloso. 





Dende aquí queremos dar a noraboa os premiados, e dexesarlles que gocen moito da cesta este Nadal.  ¡¡Que ben senta entregar premios e ver esa cara de felicidade!!

Queremos lembrarvos tamén, que o martes 21, e o derradeiro día de clase antes das vacacións de inverno, e os nenos e nenas terán unha visita sorpresa moi especial, que esperamos que disfruten a tope!!. E ainda que as familias, non podamos participar destas celebracións, prometemos informarvos do resultado, con fotos incluídas.  Ata entón, vos desexamos que disfrutedes de este fin de semana soleado. 











martes, 14 de diciembre de 2021

SORTEO QUE TE VEO!!


Ola familias!!

Como xa sabedes, o xoves 16 será o día no que sortearemos esta fantástica e completa cesta de nadal para adozar as festas ó afortunado ou afortunada.





Lembrámosvos que a cesta será para a persoa posuidora da rifa na que coincidan as tres derradeiras cifras co primeiro premio do Sorteo do cupón da "ONCE" do xoves día 16, así que estade moi atentos e atentas ó sorteo.

Por outra banda, queremos agradecer a súa colaboración a Supermercados Gadis e Eroski,  porque coa súa contribución fixeron posible esta bonita cesta.

Tamén queremos darlle as grazas a Laura, unha mamá dun neno de educación infantil, que doou un riquísimo panettone traído da mismísima Italia!!


E como non, a vós familias, que superastes todas as expectativas de vendas que tiñamos. Moitas grazas de verdade, estes cartos serán ben investidos na actividade sorpresa de Nadal, que esperemos gocen os nosos nenos e nenas.



E agora, só quédanos desexarvos moita sorte e e
speramos poder poñer pronto a foto da persoa gañadora.

Ata pronto!!


viernes, 3 de diciembre de 2021

CONVENIO SUBVENCIÓN NOMINATIVA

Ola de novo familias!!

Queremos comunicarvos que o pasado día 30,  o noso presidente David Rodríguez e representantes doutras entidades, acudiron as dependencias do concello xunto co Alcalde Juventino Trigo Rey,  Justo Pérez Ardá, concelleiro de cultura e Ángeles Coira, concelleira de Ensino e Deportes, para asinar o convenio polo que se formaliza a concesión da subvención nominativa de 3000 euros que nos otorga o Concello de Fene e que vai destinada a sufragar os costes do comedor. 
 




Un saúdo e que teñades unha boa ponte!!!