miércoles, 11 de diciembre de 2024

Coidados Com-partidos

 Finaliza un ano máis o programa para fomentar a igualdade entre homes e mulleres que promociona o Ministerio de Igualdad en colaboración coa Consellería de Política Social. 

Este ano a proposta do CEIP Os Casais foi Coidados Com-partidos; quen nos coida, como coidamos e como nos coidamos foron algúns dos temas tratados nas aulas e no exerior nun programa que forma a alumnado, profesorado e proxenitores. 

O ano que vén a Anpa Río de Va volverá a solicitar esta subvención para poder continuar con este programa









https://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/si449b_modelo_cartel_-_castelan.pdf




sábado, 29 de junio de 2024

Feliz e tranquilo verán!

Neste curso que ven de rematar na Anpa Río de Va CEIP Plurilingüe Os Casais comezamos loitando 💪 pola permanencia do servicio de comedor. Tocou sufrir un pouco pero conseguímolo 👏👏👏.

Tamén mantivemos o servicio de Madrugadores e as extraescolares, todo elo para convertir o noso cole, CEIP Plurilingüe Os Casais , nun referente en canto a conciliación se refire.

O que non contabamos o pasado outono é que despois de tanto esforzo, remataríamos o curso en xuño coa palabra incertidume a sobrevoar o noso centro escolar.
O interese de moitas familias por sumarse a esta pequena gran familia dos #casais veuse afectado, nas derradeiras semanas, pola deixadez de certos responsables públicos.

Como podemos ver na publicación do xornal, haberá que esperar ata o último momento para saber se as nosas crianzas terán ou non novas amigas coas que aprender ou novos compañeiros cos que compartir momentos.

Aspiramos a que finalmente nos permitan ser cada vez máis, e dende a Anpa Río de Va CEIP Plurilingüe Os Casais desexámosvos un feliz e tranquilo verán 🌞.

miércoles, 24 de abril de 2024

Modo galego, actívao!

O "Modo galego, actívao!" xa está en marcha no CEIP Plurilingüe Os Casais

O xogo comezou onte coa primeira pregunta sobre xeografía e historia. Os miolos puxéronse en marcha para saber cantos concellos limitaban co de Fene.

O xogo inspírase na iniciativa "21 días co galego e +", programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade .

Coa colaboración da ANPA, das familias e do profesorado, ponse en marcha este xogo grupal que permite aprender e gozar a través de diferentes probas e que durará ata o día 13 de maio

Diariamente presentarase á saída na porta da escola unha proba sobre diferentes categorías podendo respostar ata a hora de entrada do día seguinte. A xogar! 


#xuntadegalicia
#conselleríadecultura
#Deputaciondeacoruña
#concellodefene







sábado, 3 de febrero de 2024

Entroido 2024. Don Pachorro.

Boas familias!

Por fin chegou o Entroido!!!

...semellaba que aínda faltaba tempo para os mandadiños do Meco pero non, xa temos que ir preparándonos para o luns levar as uñas pintadas de cores a semellanza do arco da vella

Por certo, ante a temática deportiva escollida polas crianzas do cole, houbo que darlle volta ao maxín e dende a ANPA decidimos finalmente presentarvos a: ❞𝗗𝗼𝗻 𝗣𝗮𝗰𝗵𝗼𝗿𝗿𝗼❞. El, a verdade que o intenta a nivel estilístico a lo menos, xa o vedes, pero non da arrincado do sofá para tentar ter unha vida activa e deportiva. O sedentarismo e a glotonería pésanlle máis que estar saludable (ata carie ten Don Pachorro. Terrible!) así que ante a falta de exemplo para as nosas crianzas, atopamos que debía converterse no Meco deste ano no CEIP Plurilingüe Os Casais, e ser queimado sen miramentos o vindeiro venres.

Grazas coma sempre a todas las familias que aportaron: mans traballadoras, saber facer e humor en cantidade, para crear en tempo récord a "Don Pachorro, non sen algunhas dificultades que quedarán para sempre na nosa memoria, e pola súa cara, tamén na memoria do propio "Don Pachorro" (non deixedes de mirar a ultima foto. A súa cara mentres o preparábamos é todo un poema)




p'


😁

                                    A desfrutar moito!