A Anpa Río de Va informa a todas as socias e socios dos acordos acadaos na asemblea ordinaria do 18 de decembro do 2024:
ASEMBLEA
ORDINARIA DA ANPA RÍO DE VA DO CEIP OS CASAIS
ACTA Nº 01/2024
REUNION
da asemblea xeral extraordinaria da asociación de nais e pais RÍO
DE VA do CEIP Os Casais celebrada o 18 de decembro de 2024 nas
instacacións do centro educativo sitas en MANIÑOS-FENE (A CORUÑA)
ASISTENTES DIRECCIÓN ANPa:
Roberto
Rodriguez. Presidente
Fátima
Leira. Secretaria
María
Varela. Tesoureira
Laura
Berceiro. Vogal
Nuria
Vicente. Vogal
.-
Ás
16:30 primeira convocatoria e ás 17:00 segunda convocatoria e
constitución.
ORDEN
DEL DIA:
1º Aprobación
contas 2023/2024
2º Aprobación
orzamento anual 2025
3º Aprobación
actividades 2025
4º Continuidade
e viabilidade do servizo de ludoteca 2025
5º Rogos e preguntas
Ás 17 inicio da reunión
informando á secretaria das subvencións solicitadas pola Anpa para
cubrir os gastos de coidadora dos servizos de concilia-mañás,
comedor e ludoteca e os gastos das actividades permanentes que se
desenvolven; saídas teatro, Magosto, Samaín, Nadal, etc.
Posteriormente o presidente explica o estado
das contas actual
que ascenden a 5.672 eutos tras recibir o pago da subvención
nominativa do concello de Fene e aínda sen abonar o pago de dúas
cotas do menú de comedor. O presidente informa que estamos á espera
nestes días de recibir o pago da subvención Concorrencia do
concello de Fene que ascende a uns 1.070 euros. Infórmase que este
ano recibimos algo menos que no curso pasado xa que este curso
2024-2025 non temos actividades extraescolares.
As
contas e as actividades extraescolares apróbanse con 14 votos a
favor, o total dos participantes.
Explícase tamén a previsión
de orzamento para este curso 2024-2025. Os
asistentes valoran a posibilidade de conseguir novos ingresos xa que
a ANPA sempre traballa con moi poucos recursos. A dirección da ANPA
solicita que os socios e socias propoñan novas formas de ingresos.
Apróbase o orzamento con 14 votos a favor en 0 en contra. O total
dos participantes
A secretaria explica que as
actividades extraescolares contaban cun número insuficiente de
rapaces e rapazas e que xa a directiva anterior da Anpa decidiu
substituír este servizo que supuña un custo para os proxenitores
polo servizo gratuito de ludoteca que amplía nunha hora a permanenza
no CEIP. O servizo de ludoteca non se pode incluír nos gastos da
subvención Concorrencia do concello de Fene.
O presidente explica
as actividades previstas para este curso, que seguen a
liña continuista do pasado 23/24. A xestión das mesmas recae de
novo na directiva da ANPA; ao igual que a xestión de comedor,
concilia-mañás e ludoteca. O presidente explica tamén as peticións
reiteradas ao concello de Fene para que asuma estes servizos de
conciliación familiar e as negativas recibidas desde o órgano.
A secretaria expón
a situación actual da ludoteca. Está pagado coa empresa o
servizo de coidadora destes catro meses do ano e do mes de xuño,
mais os meses de xaneiro a maio deberán incluirse na subvención
Corresponsales da Xunta de Galicia que se solicita o ano que vén. De
xeito que primeiro a Anpa debe xerar as facturas que xustifiquen o
gasto e despois incluílas na subvenión. Isto significa que a Anpa
debe asumir un risco financiero duns 2.000 euros polo propio sistema
de subvencións. A secretaria explica que nas contas deste ano si
estaba incluídos os catro meses(setembro a decembro) de ludoteca
como servizo de conciliación familiar e que este gasto foi aprobado
na subvención Corresponsales da Xunta de Galicia. Ademais indica que
a subvención ten un tope duns 14.000 euros para cada entidade dos
que a ANPA Río de Va solicita a día de hoxe 7.200. A secretaría
explica que entende que a subvención asumirá estes 2.000 euros pero
que é decisión dos socios e socias en asemblea decidir se asumen o
risco financieiro. Unha das presentes realiza un cálculo aproximado
duns 46 euros por familia se chegase o caso de ter que asumir a Anpa
o pago da ludoteca. A secretaría indica que, para facilitar a
implantación da ludoteca, a empresa Tempus que emprega a coidadora,
non cobrará o servizo ata a resolución da subvención.
Outro dos participantes, David
Rodríguez, explica que o servizo concilia-mañás tivo o mesmo
problema no ano que se inugurou e que a ANPA tivo coa aprobación dos
socios e socias que asumir o risco. Argumenta ademais a importancia
dos servizos de conciliación para manter a matrícula do CEIP e polo
tanto a continuidade do centro.
Procédese á votación da
continuidade da ludoteca co resultado de 14 votos a favor, a
totalidade dos asistentes.
Ábrese o prazo de rogos e
preguntas. Alberto Suárez pregunta se a Anpa está a decidir
medidas de cara a asegurar a matrícula de todas as familias que
soliciten a entrada no CEIP no vindeiro curso. A secretaría explica
que todavía descoñecemos esa matrícula e que, polo de agora, os
membros da Anpa están saturados co traballo cotiá que require esta
asociación. O participante explica que sería positivo pensar
algunha medida de difusión das ventaxes do CEIP para fomentar a
matrícula. Decídese entre os participantes afondar máis nesta
cuestión e entablar relacións con Anpas rurais da comarca que
presenten as mesmas dificultades.
Ás
17:40 levántase a sesión