viernes, 31 de enero de 2025

NOVAS MEDIDAS ORGANIZATIVAS DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

Ola de novo familias;

Queríamos comunicarvos que, tras facer un pequeno análise destes primeiros meses como xunta directiva do Anpa Río De Va, detectamos certo descontrol a hora de xestionar as asistencias e faltas aos servizos de conciliación, por parte das damilias.

E por iso, que decidimos establecer novas medidas organizativas que continúen favorecendo a conciliación familiar e diminúan a carga mental e de traballo das membras responsables destes servizos e de Mireia (a que lle temos que trasladar todos os vosos avisos e demandas).

As novas medidas para garantizar a boa xestión destes servizos serán: 

1. Usar os grupos de WhatsApp de cada servizo para dar os avisos, así os poderán ver máis membros da Anpa e minimizamos erros, a excepción de casos máis persoais, que entendemos, requerirán un trato individualizado.

2. Os avisos de faltas ou asistencia comunicaranse antes das 21:00 do día anterior para todos os servizos, tendo así máis marxe para responderos e avisar a Mireia.

3. En casos de urxencia (enfermidade, traballo de última hora...), poderase avisar na mesma mañán, cos seguintes horarios.

Concilia-mañás; de 7:00 a 7:45.

 . Comedor de 8:00 a 8:50.

 . Ludoteca antes das 10:00. 

4. As persoas responsables de cada servizo estarán activas (na medida en que a súa vida lles permita), nos grupos de WhatsApp correspondentes, de luns a venres e os domingos polas tardes, para os avisos de cara a semana ou mes seguinte.

5. Entendemos que sempre hai urxencias e excepcións puntuais. Nestes casos non teremos ningún problema en responderos (na medida en que poidamos),  fóra dos horarios e días pautados.

Estamos seguras, que co noso compromiso e coa vosa implicación para facer un uso responsable dos servizos de conciliación, conseguiremos mellorar a  súa organización. 

Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.


Un saúdo. 

Anpa Río De Va.


https://drive.google.com/file/d/1m8YllCSVD2t-djGmEAh685zheoPmRNpd/view?usp=drivesdk


No hay comentarios: