lunes, 21 de septiembre de 2015

CAMPAÑA REPARTO MATERIAL ESCOLAR

Achégannos ó cole esta campaña de reparto de material escolar que pode resultar de interese para aqueles nenos ou nenas, que estén en idade escolar e que por dificultades económicas non podan adquirir o material escolar para este curso académico 2015-2016.
Dende o  1 de Agosto ata o 1 de outubro todas as persoas que estén interesadas deberán facer chegar, ben persoalmente ou a través do e-mail a seguinte documentación:

-          Informe dos Servizos Sociais ou certificado do INEM, se recibe prestación ou subsidio.
-          Fotocopia do Libro de Familia
-          Listado do material escolar que precisa.

Lugar de entrega da documentación:

 Residencia Mi Casa Ferrol. 
Tlfno: 981.353.999


No mes de outubro procederán a elaborar os lotes de material que precisa cada beneficiario (sempre o fan adaptado á súa idade, sexo e o listado de material que lles solicitan no Colexio ou Instituto).

O ano pasado repartiron material para 306 nenos na zona de Ferrol e arredores e tamén en Mondoñedo. 
Dado o éxito e a gratificación que supón facer este esforzo, queren que este ano, os nenos e nenas do noso entorno podan comezar o curso co material que precisan.



No hay comentarios: