viernes, 16 de octubre de 2015

CARREIRA SOLIDARIA "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol"

A organización de esta carreira púxose en contacto có noso cole para invitarnos a participar na 3ª edición da carreira solidaria  "AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol", que se celebrará o 1 de Novembro en Ferrol (Saída Cantón de Molíns).
Haberá carreiras de nenos, dende prebenxamíns ata infantís (a partires das 10:00h)
O precio da inscrición é de 1€, a modo simbólico. Poden facerse de maneira presencial ou online:
Fin das inscricións online: ata o Xoves, 29 de Outubro (23:59h)

Inscricións presenciais:
Horarios: Luns a Xoves de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 / Vernes: De 11:00 a 13:00.
Dirección: R/ Real 6, 1º D, Ferrol.
Fin das inscricións presenciais:Xoves, 29 de Outubro (ás 19:00h).
Este ano haberá un premio ó grupo máis grande, así que si os nenos se inscriben ó nome do cole  podemos optar ó premio.
Tamén animan a participar a profes, persoal do cole, familias na carreira de 5 Km que se pode facer correndo ou camiñando (Saída ás 12:00h). O prezo de inscrición desta carreira é de 7€ e se regala unha camiseta a cada participante.
Todos os beneficios irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro.

No hay comentarios: