jueves, 3 de diciembre de 2015

PAXES PARA A CABALGATA DE REIS

Ola familias. 
O concello púxose en contacto có cole para informar que hai un procedemento aberto para a inscrición e adxudicación das prazas de "paxes reais", que acompañarán ás SSMM os Reis Magos na Cabalgata que o Concello de Fene vai organizar o vindeiro día 5 de xaneiro de 2016.
Está dirixido a todos os nenos de entre 6 a 12 anos de idade.

Normativa para poder participar como paxes reais:

a) Poderán participar un máximo de 50 nenos/as maiores de 6 anos e menores de 12 anos.
b) Os/as nenos que desexen participar como paxes terán que entregar debidamente cuberto o fomulario que se achega no Rexistro Xeral do Concello, entro o 9 e o 16 de decembro.
c) A selección dos 50 nenos/as que participarán como paxes será por sorteo público, que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello o venres, 18 de decembro, ás 11:00h.
d) Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais, pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores.
e) A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.

Formularios para entregar no Rexistro Xeral do Concello no período indicado na norma b):
Formulario inscrición paxes .docx
Formulario inscrición paxes .pdf


No hay comentarios: