lunes, 22 de febrero de 2016

“ESPAZO DE FAMILIAS” Concello de Fene

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe o concelleiro Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.
A vindeira semana realizaranse Grupos de Familias en ambos programas.
  • Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria)
As próximas sesións coas familias terán lugar en cada un dos centros escolares que están funcionando os grupos de nenos/as porque faranse conxuntamente cos nenos/as e as súas familias.  
  • No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria)  realizarase a  sesión no centro municipal de servizos sociais.
 O tema que se tratará leva por  título "Como son? Como me ven?"; e se abordará o autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade. Deste xeito, a través de diferentes xogos e dinámicas, falaremos coas familias e os seus fillos/as sobre a influencia das etiquetas, como nos inflúe o que as demais persoas opinen de nós, de qué maneira nos fai sentir e como podemos aprender a querernos a nós mesmos/as axustándonos á nosa realidade e respectando ás demais persoas.
 Os grupos, as datas e horarios de reunión son as seguintes:

ESPAZOS COMPARTIDOS
(familias e fillos e fillas de primaria)

SUMA E SEGUE
(familias e fillos e fillas de secundaria)
CEIP OS CASAIS mércores 24 de febreiro de 17:30 a 19:00 h.
CPI XUNQUEIRA xoves 25 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.
CEIP CENTIEIRAS luns 29 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves 25 de febreiro,  de 17:45 a 19:15 h.

A finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.

  Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación.

A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
As/os profesionais que desenvolverán a actividade pertencen á empresa Atalaia.social. SLNE

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal


No hay comentarios: