miércoles, 16 de marzo de 2016

VISITAS GUIADAS ÁS INSTALACIÓNS DE NAVANTIA FENE

Dende o concello achégannos esta información sobre o programa de visitas guiadas a Navantia Fene para a súa difusión.

A primeira destas visitas terá lugar o domingo, 20 de marzo, en dúas quendas de 30 persoas cada unha. A primeira quenda, con entrada ás 10:00 h e, a segunda, ás 12:00 h. As persoas interesadas en participar nestas visitas teñen que formalizar a súa inscrición antes das 12:00 h do venres 18 de marzo por calquera destes procedementos:

·       Por correo electrónico: enviando a ficha de inscrición cuberta ao seguinte enderezo visitasnavantia@fene.gal e, de optar por esta opción, teñen que agardar a recibir o correo de confirmación.
·       Presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida de Naturais,44, entresollado dereita) en días laborables, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30 h.

As prazas, 30 por quenda, cubriranse sempre por rigorosa orde de inscrición.

Estas visitas terán unha hora de duración e, no momento da visita proporcionaráselle ao público asistente as EIP a empregar (casco, lentes de protección e chaleco reflector). É necesario vestir calzado axeitado, evitando o talón alto e zapato inestable ou esvaradío. Poden participar os menores de idade, sempre acompañados dun adulto. Dadas as condicións do solo dos talleres, non poden usarse carriños de bebé. Queda prohibida a utilización do móbil no interior dos talleres e, de maneira expresa, tirar fotografías ou vídeos nestes espazos. Non obstante, si se poden utilizar os móbiles e as cámaras fotográficas no exterior dos talleres.

A segunda destas visitas terá lugar o domingo 27 de marzo, tamén en dúas quendas de 30 persoas cada unha e cos mesmos horarios. Os procedementos de inscrición serán os mesmos que no caso anterior só que o prazo de inscrición rematará ás 12:00 h do mércores, 23 de marzo.

A entrada ás instalacións do estaleiro efectuarase pola porta das Pías e as persoas deberán vir provistas do seu DNI. As persoas menores de idade teñen que vir acompañadas dos seus representantes legais/adultos responsables.

As visitas continuarán todos os domingos, até novo aviso, coas mesmas condicións e procedementos de inscrición. Para as que teñan lugar a partir do domingo 3 de abril o prazo de inscrición rematará ás 12:00 h do venres anterior ao domingo no que se pretenda facer a visita.

Podedes atopar toda a información e a ficha de inscrición no seguinte enlace:


No hay comentarios: