miércoles, 15 de junio de 2016

RESOLUCIÓN COMEDOR ESCOLAR VINDEIRO CURSO: FAVORABLE

Ola familias,
informarvos que por fin chegou da Consellería a resolución para o comedor escolar: Favorable.

Comenzará a funcionar no vindeiro curso, xestinado pola Anpa con servizo de cátering, como anunciamos hai uns meses cando empezamos có procedemento.

O próximo luns 20 de xuño, antes da chegada dos nenos da excursión, faremos como é habitual a reunión de fin de curso da Anpa, nela trataremos entre outros temas este do comedor, poderedes cubrir as fichas de inscripción os interesados e aclararemos todas as dúbidas que teñades.

Adiantamos xa que o comedor terá unha zona de ocio para despóis do xantar. Aquelas familias que queiran aportar algún tipo de xogo que teñan en desuso pola casa podedes deixalo no cole. Estaremos ben agradecidos.

Mandaremos nota para a reunión. Intentade estar alí. Vémonos!!!





No hay comentarios: