viernes, 28 de octubre de 2016

DÍA DE FESTA MAGOSTO/SAMAÍN

Ola familias,
hoxe era o día, o día da nosa "Feira de Outono". Un día completo, no quefixemos de todo.
Primeiro coa Anpa, na biblio, fixemos os saquetos para as castañas.
Mentres, na Aula do Medo, xogamos a xogos terrorííííficosss



Cando estivemos todos, recitamos o conxuro e refrescámonos coa riquísssimaaa pócima.

Logo, na praza da Feira poidemos desfrutar da gran actuación de Fanfarra Títeres, coa obra O soñador de historias, un momento de maxia e imaxinación....



E como tiñamos moita fame, merendamos nos postos que había na feira. Posto de samaín (froita de medo, xeringas de sangre, madalenas de araña), posto de chuches (algodón de zucre, mazás dulces) posto de outono (cogomelos doces, cabaciñas de mandarina, galletas de outono).
E o tren das castañas que botaba fume, fiu, fiu!!!


E como non, darvos as grazas a todos, por acompañarnos neste día. Á Panadería El Cruce de Maniños, que sempre se prestan a asarnos as castañas. A Rocío e Vane, as nosas cociñeiras (as mazás con chocolate deliciosas, que o saibades). A Fátima, por prestarnos a máquina do algodón de zucre. A Pili, que sempre está coa cámara preparada. E a os da casa, por aturarnos estes días.
Mil grazasss!!! Desexamos que desfrutárades.
Ata a próxima.

No hay comentarios: