lunes, 14 de noviembre de 2016

FOLGA XOVES 24 DE NOVEMBRO

Ola familias,

A Federación de Anpas da que somos socios comunícanos:

A Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra acordou manifestar o seu total apoio ás mobilización contra a LOMCE e contra as REVÁLIDAS convocadas para o vindeiro xoves día 24 de novembro.
Consecuentemente acordamos sumarnos aos acordos adoptados pola Confederación ANPAS GALEGAS e facer púbico o comunicado que se xunta, no que se fai unha chamamento a todas as familias con fillas e fillos, tanto na educación primaria como na secundaria, para que o día 24 non asistan ás aulas e secunden a FOLGA convocada polas organizacións estudiantís.
Estamos absolutamente convencidos da oportunidade e a necesidade de organizar unha gran mobilización social que faga entender aos políticos, e concretamente á totalidade do Parlamento Español, que é IMPRESCINDIBLE SUPRIMIR AS REVÁLIDAS E DERROGAR A LOMCE de xeito inmediato. Por outra banda, promesa feita en campaña electoral por todos os partidos políticos excepto o PP, é dicir pola MAIORÍA ABSOLUTA DO PARLAMENTO ESPAÑOL, por iso debemos recordarlles que as promesas electorais fanse para cumplilas, non por pura demagoxia oportunista.
É o momento de parar os graves prexuizos que a peor lei educativa da historia do estado Español xa está a provocar nas nosas fillas e fillos (exclusión social, discriminación, ideoloxización, desmotivación, etc...). por todo iso vos pedimos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima participación nas mobilizacións. recordade que o futuro das nosas fillas e fillos depende de nós e da nosa capacidade de facernos escoitar

ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS!!! DERROGACIÓN DA LOMCE XA!!!!!

Para máis información preme aquí: Participación folga 24 Novembro


No hay comentarios: