viernes, 24 de febrero de 2017

O ENTROIDO NO COLE

Ola familias,
 hoxe estivemos de festa, de festa do entroido, na que fixemos unha boa entroidada.
O tema de este ano era o Arte, e non podíamos deixar pasar a oportunidade de mostrar no "Museo das Artes Os Casais" a cantidade e calidade que artistas que aquí temos: pintores, compositores, directores de cine, bailarinas, etc...ademáis das máis preciadas obras de arte.
Velaquí unha pequena mostra:







Temos que dar grazas ós profes, por ser tan guais e festeiros.

Tivemos a actuación dun artista dende os pés á cabeza,Cé (César) Orquestra Pantasma, que nos fixo bailar e cantar coma nunca, pasámolo xenial con él.

A continuación desfile e actuación da canción do entroido "Os artistas" e queimamos á Meca Faneca, que algún que outro a quería indultar.





Cando rematamos, tiñamos tanta fame que marchamos correndo a merendar. Unha merenda do máis entroida, grazas a todas as familias que cociñaron doces típicos ricos, ricos, ricos.

Pásamolo guai del paraguai. Agora toca descansar ata o xoves 2 que voltamos ás clases.

Agradecervos a todos que nos acompañárades nesta mañá, dá gusto ver o cole cheo de xente!. Grazas a todos os que botáchedes unha man dun xeito ou outro, a Pili coa súa cámara en má, a Fátima que nos levou á cociña económica as merendas que sobraron, a Maru, por axudarnos a vestir a Meca, a Jorge o noso carpinteiro particular, debémosche un flan ou dous!

Feliz entroido, artistas!!!!

No hay comentarios: