viernes, 9 de febrero de 2018

FESTA DE ENTROIDO

Ola familias,
 hoxe foi un día de festa no noso cole. Un día de conto, cheo de ilusión. Un día no que o pasamos ben pero que moi ben, trouleando e entroidando a máis non poder.
Xuntáronse Carapuchiñas, a avoa de Carapuchiña, Brancaneves, o Parruliño feo, Alicia, a raíña de corazóns de Alicia, o coello branco de Alicia, Heidi, Gepeto, os Pitufos, a Ratiña Presumida, Cincenta, o Gato con Botas, Robin Hood ... e unha chea de personaxes máis,


 e os nosos profes, David, guapísimo de Campanilla, de Peter Pan, Wendy, dos nenos perdidos, o capitán Garfio, o Sr. Smee...en fin, que foi unha festa moooi chula.
                                 
Para iso, entramos polo burato por onde entrou Alicia no seu pais marabilloso,
e alí atopamos o exército de naipes, ó Gato de Cheshire e a unha Alicia que non sabía qué camiño tiña que seguir.




Desfrutamos das cancións de Chuches Amil, contándonos "Un contó ao revés"
A meteoroloxía tivo un lapsus coa choiva e aproveitamos para facer o desfile e queimar ó Pinocheiro, que finalmente houbo indulto para Pepiño Grilo.


E despois....merendola!!! Grazas ás familias, que colaboráchedes facendo estes doces de Entroido tan ricos!!!


Grazas a todos por vir, por acompañarnos neste día tan divertido. Grazas tamén ós que non poideron estar, pero sabemos que estiveron có seu pensamento. Grazas a Pili, por botarnos unha má e por facernos estas fotos tan chulas.

A desfrutar do entroido. Entroidade moito!!!




No hay comentarios: