miércoles, 15 de mayo de 2019

REVÁLIDAS 3º E 6º EP CURSO 2018-2019

Ola familias,
 pasamos a información da Federación de Anpas sobre as reválidas deste curso, afectando a 3º e 6º de primaria. 
Nós como Anpa, apoiamos a inciativa de non mandar ós nenos ó cole como rexeitamento destas probas coas que non estamos de acordo.

REXEITAMENTO DAS REVÁLIDAS

Un ano mais as probas de avaliación volven a realizarse nos centros educativos galegos o 28 e 29 de maio. Un ano mais as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS volvemos a rexeitar todas estas probas de avaliación, comunmente chamadas reválidas, sexa en 3ºEP, 6ºEP ou en 4º ESO.
Estamos en contra porque entendemos que non achegan ningún beneficio para a educación dos nosos fillos e fillas, cuestionan innecesariamente a profesionalidade do profesorado ao non validar as súas conclusións logo dun ano de traballo, e someten ao alumnado a unha tensión e nervios innecesarios que interfire no seu proceso formativo ao coincidir de cheo cos exames.
Estamos en contra, porque a súa consolidación implica o risco de perder anos completos de formación se o profesorado se centra na preparación destas probas, tal e como ocorre en 2o de bacharelato que só existe para preparar as ABAU, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.
Con estas probas o que se pretende é ir asentando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación pois non se están a considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas das familias, nin as capacidades e aptitudes do alumnado.
Xa temos ao alumnado facendo exames todo o curso, e sabemos que o sistema educativo non se avalía con dous días de probas mal organizadas. Non é o alumnado a quen hai que avaliar a maiores, máis ben será a Administración Educativa quen precisa dunha fonda avaliación. 
Por todo isto, as familias que formamos parte da Confederación ANPAS GALEGAS rexeitamos estas probas de avaliación e animamos ás familias a non mandar aos seus fillos e fillas ó colexio eses días.
Un ano mais volven as probas e un ano mais seguimos rexeitando as probas.

Tedes unha presentación explicativa premendo no seguinte enlace: Presentación reválidas 3º e 6º de EP

No hay comentarios: