Ola famililas;
Como xa sabederedes, a Anpa Río De Va, convócavos a Asamblea xeral ordinaria anual, que terá lugar no ACRD O POTE situado en Estrada da Palma Nº 217 de Maniños- Fene o XOVES 25 de NOVEMBRO ás 17.30 h. en primeira convocatoria e ás 18.00 en segunda convocatoria.
A orde do día será a seguinte
- Aprobación, se procede, da Acta anterior
- Presentación das funcións dos membros da Xunta Directiva.
- Aprobación do nomeamento efectuado do Representante elixido polo ANPA no consello escolar.
- Memoria Económica Exercicio 2020-2021 (ata mes de Septembro de 2021)
- Aprobación presuposto anual Curso 2021/2022.
- Memoria de actividades previstas Curso 2021-2022.
- Xestión do Comedor e Actividades Extraescolares, e cuestións de funcionamento interno do ANPA.
- Preguntas e suxestións.
Tanto o estado de contas como a memoria de actividades 2020-2021 seranvos remitidas nos próximos días a través do correo electrónico.
Finalmente, gustaríanos enfatizar a importancia da vosa asistencia, para quenes formamos este ANPA. Se nos embarcamos nesta aventura, foi porque non podíamos imaxinar a nosa escola sen ANPA e pola propia necesidade e á doutras familias de contar con certos servizos. E malia que estamos dispostos e dispostas a asumir este compromiso con todo o esforzo que isto supón, queremos que saibades, que sen a vosa axuda e apoio, isto non valería a pena.
Se nos estamos aquí, e para representarvos, e para conseguilo, necesitamos coñecer as vosas opinións, ideas, puntos de vista e aínda que sabemos que estades moi ocupados e ocupadas, esperamos que fagades un esforzo e asistades a asamblea, para que, entre todos e todos poidamos construír un ANPA máis numerosa, máis forte e consolidada.
Esperamosvos a todas e todos, o xoves 25 no ACRD O POTE as 17.30h.
Que teñades un bo final de semana!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario