martes, 14 de diciembre de 2021

SORTEO QUE TE VEO!!


Ola familias!!

Como xa sabedes, o xoves 16 será o día no que sortearemos esta fantástica e completa cesta de nadal para adozar as festas ó afortunado ou afortunada.





Lembrámosvos que a cesta será para a persoa posuidora da rifa na que coincidan as tres derradeiras cifras co primeiro premio do Sorteo do cupón da "ONCE" do xoves día 16, así que estade moi atentos e atentas ó sorteo.

Por outra banda, queremos agradecer a súa colaboración a Supermercados Gadis e Eroski,  porque coa súa contribución fixeron posible esta bonita cesta.

Tamén queremos darlle as grazas a Laura, unha mamá dun neno de educación infantil, que doou un riquísimo panettone traído da mismísima Italia!!


E como non, a vós familias, que superastes todas as expectativas de vendas que tiñamos. Moitas grazas de verdade, estes cartos serán ben investidos na actividade sorpresa de Nadal, que esperemos gocen os nosos nenos e nenas.



E agora, só quédanos desexarvos moita sorte e e
speramos poder poñer pronto a foto da persoa gañadora.

Ata pronto!!


No hay comentarios: