jueves, 16 de junio de 2022

MADRUGADORES

 Ola familias;


Queremos informarvos de que o próximo curso, iniciaremos unha nova etapa, poñendo en marcha o programa Madrugadores.  Para iso contaremos cos servizos da empresa Tempus  Naron  Etl. 


O servizo desenvolverase desde as 7.45 ata as 8.45 da mañá, podendo incorporarse os nenos e nenas, á hora que prefiran as familias, que deberá ser acordada previamente. 


O custo do servizo para o curso 2022-2023, será de entre 4,5 e 5 euros diarios, segundo os días de uso do servizo ao mes. Este prezo é o inicial, pero esperamos que coa axuda de diferentes subvencións, póidase rebaixar nos próximos cursos. 


Contaremos tamén con servizo de almorzo. O prezo será de 1,5 euros a engadir ao prezo anterior. Dado que desde o centro, téntase fomentar hábitos de alimentación saudable, nos almorzos seguiremos esta mesma liña, seguindo por suposto as recomendacións de especialistas en nutrición e dietética, evitando así, produtos industriais e azucres engadidos. E xa que que o número de nenos e nenas será reducido, desde a empresa  Tempus, ofrécennos a posibilidade de adaptar os almorzos ás necesidades de cada usuario e usaria do servizo.


Se precisades máis información podedes contactar co ANPA Río De Va no  mail ampariodeva@gmail.com e no teléfono 68797797 (Virginia)


Un saúdo e felices vacacións.


Anpa Río De Va


No hay comentarios: