viernes, 28 de octubre de 2022

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE SAMAÍN!!



 Ola familias!!

Pois xa estamos de novo por aquí outro curso mais, e este parece que xa con bastante normalidade, cousa que agradecemos enormemente. Por iso, á marxe das actividades extraescolares que levamos a cabo no centro, cada mes, máis ou menos, faremos algunha actividade puntual. As veces, terá relación cunha data festiva en concreto e outras ofertaremos actividades seguindo as propostas feitas por vós. Así que, se tedes algunha idea ou queredes desenvolver algunha actividade, falade connosco e nos organizamos. A primeira que fixemos este curso, como xa sabedes, foi o taller de decoración de Samaín, e temos que dicir, que foi todo un éxito de participación: os nosos nenos e nenas gozaron moito e aínda que o tempo foi algo escaso, fóronse moi contentos. Velaquí, unha pequena mostra do que fixeron.


 









E non queremos acabar esta publicación sen agradecer a Sandra a súa implicación e a ilusión posta neste obradoiro, e por suposto a todalas familias que participastes. Grazas pola confianza e vos pedimos desculpas pola tardanza. Tentaremos mellorar a xestión do tempo en vindeiros obradoiros.
Que teñades unha boa ponte e un marabilloso Samaín!!

No hay comentarios: