viernes, 31 de enero de 2025

NOVAS MEDIDAS ORGANIZATIVAS DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

Ola de novo familias;

Queríamos comunicarvos que, tras facer un pequeno análise destes primeiros meses como xunta directiva do Anpa Río De Va, detectamos certo descontrol a hora de xestionar as asistencias e faltas aos servizos de conciliación, por parte das damilias.

E por iso, que decidimos establecer novas medidas organizativas que continúen favorecendo a conciliación familiar e diminúan a carga mental e de traballo das membras responsables destes servizos e de Mireia (a que lle temos que trasladar todos os vosos avisos e demandas).

As novas medidas para garantizar a boa xestión destes servizos serán: 

1. Usar os grupos de WhatsApp de cada servizo para dar os avisos, así os poderán ver máis membros da Anpa e minimizamos erros, a excepción de casos máis persoais, que entendemos, requerirán un trato individualizado.

2. Os avisos de faltas ou asistencia comunicaranse antes das 21:00 do día anterior para todos os servizos, tendo así máis marxe para responderos e avisar a Mireia.

3. En casos de urxencia (enfermidade, traballo de última hora...), poderase avisar na mesma mañán, cos seguintes horarios.

Concilia-mañás; de 7:00 a 7:45.

 . Comedor de 8:00 a 8:50.

 . Ludoteca antes das 10:00. 

4. As persoas responsables de cada servizo estarán activas (na medida en que a súa vida lles permita), nos grupos de WhatsApp correspondentes, de luns a venres e os domingos polas tardes, para os avisos de cara a semana ou mes seguinte.

5. Entendemos que sempre hai urxencias e excepcións puntuais. Nestes casos non teremos ningún problema en responderos (na medida en que poidamos),  fóra dos horarios e días pautados.

Estamos seguras, que co noso compromiso e coa vosa implicación para facer un uso responsable dos servizos de conciliación, conseguiremos mellorar a  súa organización. 

Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.


Un saúdo. 

Anpa Río De Va.


https://drive.google.com/file/d/1m8YllCSVD2t-djGmEAh685zheoPmRNpd/view?usp=drivesdk


martes, 14 de enero de 2025

A Anpa Río de Va informa a todas as socias e socios dos acordos acadaos na asemblea ordinaria do 18 de decembro do 2024:  



ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA RÍO DE VA DO CEIP OS CASAIS

ACTA Nº 01/2024


REUNION da asemblea xeral extraordinaria da asociación de nais e pais RÍO DE VA do CEIP Os Casais celebrada o 18 de decembro de 2024 nas instacacións do centro educativo sitas en MANIÑOS-FENE (A CORUÑA)



ASISTENTES DIRECCIÓN ANPa:

Roberto Rodriguez. Presidente

Fátima Leira. Secretaria

María Varela. Tesoureira

Laura Berceiro. Vogal

Nuria Vicente. Vogal



.-

Ás 16:30 primeira convocatoria e ás 17:00 segunda convocatoria e constitución.


ORDEN DEL DIA:

1º Aprobación contas 2023/2024

2º Aprobación orzamento anual 2025

3º Aprobación actividades 2025

4º Continuidade e viabilidade do servizo de ludoteca 2025

5º Rogos e preguntas


Ás 17 inicio da reunión informando á secretaria das subvencións solicitadas pola Anpa para cubrir os gastos de coidadora dos servizos de concilia-mañás, comedor e ludoteca e os gastos das actividades permanentes que se desenvolven; saídas teatro, Magosto, Samaín, Nadal, etc. Posteriormente o presidente explica o estado das contas actual que ascenden a 5.672 eutos tras recibir o pago da subvención nominativa do concello de Fene e aínda sen abonar o pago de dúas cotas do menú de comedor. O presidente informa que estamos á espera nestes días de recibir o pago da subvención Concorrencia do concello de Fene que ascende a uns 1.070 euros. Infórmase que este ano recibimos algo menos que no curso pasado xa que este curso 2024-2025 non temos actividades extraescolares.

As contas e as actividades extraescolares apróbanse con 14 votos a favor, o total dos participantes.

Explícase tamén a previsión de orzamento para este curso 2024-2025. Os asistentes valoran a posibilidade de conseguir novos ingresos xa que a ANPA sempre traballa con moi poucos recursos. A dirección da ANPA solicita que os socios e socias propoñan novas formas de ingresos.

Apróbase o orzamento con 14 votos a favor en 0 en contra. O total dos participantes

A secretaria explica que as actividades extraescolares contaban cun número insuficiente de rapaces e rapazas e que xa a directiva anterior da Anpa decidiu substituír este servizo que supuña un custo para os proxenitores polo servizo gratuito de ludoteca que amplía nunha hora a permanenza no CEIP. O servizo de ludoteca non se pode incluír nos gastos da subvención Concorrencia do concello de Fene.

O presidente explica as actividades previstas para este curso, que seguen a liña continuista do pasado 23/24. A xestión das mesmas recae de novo na directiva da ANPA; ao igual que a xestión de comedor, concilia-mañás e ludoteca. O presidente explica tamén as peticións reiteradas ao concello de Fene para que asuma estes servizos de conciliación familiar e as negativas recibidas desde o órgano.

A secretaria expón a situación actual da ludoteca. Está pagado coa empresa o servizo de coidadora destes catro meses do ano e do mes de xuño, mais os meses de xaneiro a maio deberán incluirse na subvención Corresponsales da Xunta de Galicia que se solicita o ano que vén. De xeito que primeiro a Anpa debe xerar as facturas que xustifiquen o gasto e despois incluílas na subvenión. Isto significa que a Anpa debe asumir un risco financiero duns 2.000 euros polo propio sistema de subvencións. A secretaria explica que nas contas deste ano si estaba incluídos os catro meses(setembro a decembro) de ludoteca como servizo de conciliación familiar e que este gasto foi aprobado na subvención Corresponsales da Xunta de Galicia. Ademais indica que a subvención ten un tope duns 14.000 euros para cada entidade dos que a ANPA Río de Va solicita a día de hoxe 7.200. A secretaría explica que entende que a subvención asumirá estes 2.000 euros pero que é decisión dos socios e socias en asemblea decidir se asumen o risco financieiro. Unha das presentes realiza un cálculo aproximado duns 46 euros por familia se chegase o caso de ter que asumir a Anpa o pago da ludoteca. A secretaría indica que, para facilitar a implantación da ludoteca, a empresa Tempus que emprega a coidadora, non cobrará o servizo ata a resolución da subvención.

Outro dos participantes, David Rodríguez, explica que o servizo concilia-mañás tivo o mesmo problema no ano que se inugurou e que a ANPA tivo coa aprobación dos socios e socias que asumir o risco. Argumenta ademais a importancia dos servizos de conciliación para manter a matrícula do CEIP e polo tanto a continuidade do centro.

Procédese á votación da continuidade da ludoteca co resultado de 14 votos a favor, a totalidade dos asistentes.

Ábrese o prazo de rogos e preguntas. Alberto Suárez pregunta se a Anpa está a decidir medidas de cara a asegurar a matrícula de todas as familias que soliciten a entrada no CEIP no vindeiro curso. A secretaría explica que todavía descoñecemos esa matrícula e que, polo de agora, os membros da Anpa están saturados co traballo cotiá que require esta asociación. O participante explica que sería positivo pensar algunha medida de difusión das ventaxes do CEIP para fomentar a matrícula. Decídese entre os participantes afondar máis nesta cuestión e entablar relacións con Anpas rurais da comarca que presenten as mesmas dificultades.


Ás 17:40 levántase a sesión